Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Preferente Norte: o Sofán ponse segundo

Preferente Norte: o Sofán ponse segundo
É a noticia da fin de semana, despois das derrotas de Dumbría e Xallas. A dos xalleiros foi xoves en Ordenes e a do Dumbría esta tarde en Callobre ante o Estudiantil, co mesmo resultado numérico: 2 a 1. O Sofán, tamén en xornada festiva, venceu en Outeiro e sitúase no grupo cabeceiro. OUTEIRO DE REI 0 - S.D. SOFÁN 1 S.D. SOFAN: Rumbo, Iván Rey, Pablo Domínguez, Rubén, Félix, Canedo, Eibe (Jonathan 79´), Luis (Seo 85´), Fabián (Sera 75´), Juan de Dora e Raúl (Matías 57´). GOL: 0-1 67´Luis de penalti claro cometido sobre Pablo Domínguez. Tirou de pragmatismo a SD para levarse os puntos de Outeiro no partido adiantado da xornada de Preferente Norte. A SD defendeu ben a súa meta, non pasou apenas por apuros, e cando tivo a mínima ocasión, anotou o seu tanto e levouse o partido. O abafante calor condicionou o xogo, moi táctico e lento por momentos. Raúl debutou na liga despois da súa lesión e foi como sempre o home referencia do ataque sofanista. Tivo Luis a primeira ocasión ós 12´, pero o seu forte disparo atallouno ben Diego. Respostou de inmediato o Outeiro cun remate a boca de xerro de Yebra pero Rumbo fixo un paradón cheo de reflexos. Rubén á saida dun corner, e Juan de Dora nun disparo escorado tiveron as opcións visitantes. Ata o descanso moito centrocampismo e pouca claridade nas areas. No segundo tempo o fútbol control seguía sendo a tónica. Raúl rematou un corner ó longueiro, e a igualdade reinaba ata que un pase de Luis a Pablo acabou co lateral no chan dentro da area. Penalti claro e gol de Luis. O Outeiro viuse presionado entón, vislumbrando cerca a derrota, e atacou sen complexos. Anulóuselle un gol a Vizoso por claro fora de xogo, e reclamaron penalti os locais por mans de Canedo, pero o colexiado intuíuna voluntaria.  Juan de Dora tivo a sentencia nun man a man pero o meta local fixo unha gran parada. A SD aguantou o chaparrón e logrou a segunda vitoria como visitante. ORDENES 2 - XALLAS 1 XALLAS - Julián, Cristian, Pablo Vigo, Raúl Añón, Alex Canedo, Puyi, Fernando Amable (Marquiños 69´), Alex Blanco (Uxío 56´), Julián López, Kevin (Camilo 68´) e Doro. GOLES 0-1 40´Julián López   1-1 43´Íñigo Blix   1-2 53´Lucas O Xallas adiantouse pero non foi quen de conservar a ventaxa Segue en crise de resultados o Xallas, que se adiantou nun dos campos mais difíciles da categoría por mediación de Julián, ó aproveitar unha peinada de Alex Blanco, pero pronto igualou o Ordenes. Nada mais volver dos vestiarios Doro tivo a ocasión mais clara do encontro, pero o gardameta local rexeitou o remate do capitán xalleiro. Pouco despois un bo pase de Aguado serviulle a Lucas para anotar o tanto da vitoria para o equipo local. O Xallas tentouno ata o final pero en ningún momento tivo a claridade necesaria para poder crear verdadeiro peligro ó meta Berto. AG.ESTUDIANTIL 2 - DUMBRÍA C.F. 1 DUMBRÍA: Iván Bouzón, Julito, Raúl, Iago, Matías, Aarón López, Mackay, Cachadiña (Edu 64´), Marcote, Cespón e Yuyo (Mauro 71´). GOLES: 1-0 29´Brais Calvo   1-1 50´Marcote   2-1 55´Carabán Frouxo partido en Callobre, no que se acabou impoñendo o cadro local cun gol do central Pablo Carabán. De inicio o Dumbría non lle costou moito controlar ó cadro de Gelucho. As únicas chegadas foron visitantes en disparos lonxanos. Marcote tivo unha clara ocasión nun remate de cabeza. O Estudiantil é un equipo mais ben pragmático, e nunha xogada ensaiada nunha falta lateral o seu mellor home, Brais Calvo, meteu o balón pola escadra. Tras o descanso unha boa xogada de Yuyo serviulle a Marcote para igualar. Pero pronto se volviu a adiantar o Estudiantil, e unha vez tomada a ventaxa, Gelucho é can vello e non deixa escapar os partidos. Mackay tivo a mellor ocasión, pero o gardameta local sacouna da escadra. Chapela, ex do Zas, mandou un balón ó pao no treito final.

Comentarios