Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Preferente Norte: tres derrotas en tres partidos

Preferente Norte: tres derrotas en tres partidos
LUGO B 4 - XALLAS F.C. 2 XALLAS: Julián Couto, Cristian (Puyi 58´), Pablo Vigo, Dani Becerra, Alex Canedo, Oliver, Julián López, Kevin (Doro 77´), Borja Gándara (Abel 81´), Alex Blanco (Uxío 65´) e Marcos (Adrián 85´). GOLES: 0-1 5´Pablo Vigo   1-1 10´Cuadrado   2-1 22´Escriche   2-2 51´Julián de pti   3-2 74´Cuadrado de pti   4-2 89´Coqui Dou a cara o Xallas no Anxo Carro ante o presumible futuro campión do grupo. Adiantáronse os de Néstor nun córner directo de Pablo Vigo. Os locais igualaron por medio do pichichi do grupo, Cuadrado, que rematou un centro de Escriche. O propio Escriche nunha falta directa adiantou ó Lugo antes do descanso. O Xallas non se amilanou e á saída dos vestiarios Julián de penalti igualou a contienda, que estaba a ser vibrante. O paso dos minutos e o ritmo do partido pasou factura ós nosos, e un penalti de Dani Becerra transformouno Cuadrado. Co tempo case cumplido Coqui sentenciou o encontro. U.D. PAIOSACO 4 - C.F. DUMBRÍA 0 DUMBRÍA: Iván Bouzón, David Carreira (Pablo Paz 21´), Mataso, Matías, Iago (Jose 78´), Aarón, Marcote, Iván González (Brais 76´), Martín, Fabio e Yuyo (Thiago 72´) GOLES: 1-0 14´Alberto Vía   2-0 52´Iván Amor   3-0 76´Bam Bam   4-0 86´Matías en pp Non foi quen de traer puntos o Dumbría de Paiosaco. Nun erro defensivo o ex do Soneira Vía anotou o primeiro tanto dos locais. O Dumbría no primeiro tempo tivo opcións de empatar pero no segundo co gol de Iván Amor o encontro decantouse. O Paiosaco meteu unha marcha máis e os goles caeron. Toca pensar en vencer o Viveiro o próximo domingo. BETANZOS C.F. 3 - S.D. SOFAN 0 S.D. SOFÁN – David Pena, Iván Rey, Pablo (Juanjo 78´), Sito, Sera, Jonathan (Canedo 62´), Fabián, Luis, Matías (Juan de Dora 58´), Quintela e Raúl (Alexandre 58´). GOLES: 1-0 48´Pablo 2-0 60´Mou 3-0 75´Dani Costa Dura derrota da Sd en Betanzos nun mal segundo tempo dos de Cancela. O primeiro tempo foi igualado, con dous equipos que apenas expoñían. Púidose adiantar a Sd no 2´, nun doble remate de Luis e Quintela na area pequena. A ocasión máis clara do Betanzos foi un gol anulado a Pablo por falta previa. Antes do descanso Quintela tivo a máis clara da Sd, nun remate de cabeza na area pequena que enviou ás mais de Manu Cedrón. O gol á saída dun córner de Pablo decantou o encontro. A Sd puido empatar acto seguido nun remate de Quintela, pero unha boa xogada de Patiño que acabou con remate de Mon sentenciou o encontro. As contras do Betanzos foron moi perigosas, anotou outro tanto máis e incluso puido aumentar a conta.  

Comentarios