Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Preferente Norte: Xallas e Sofán á alza, o Dumbría mantense.

Preferente Norte: Xallas e Sofán á alza, o Dumbría mantense.
Boa xornada para Xallas e Sofán na Preferente. O Dumbría regresou sin puntos da súa visita sabatina a Boimorto. O Xallas logrou a primeira vitoria nun encontro que dominou de principio a fin, e a SD Sofán afundiu un pouco mais ó Arteixo no Ponte dos Brozos. AT.ARTEIXO 0 - S.D.SOFÁN 2 S.D. SOFÁN – Javi Rumbo, Sera, Pablo Domínguez, Rubén, Félix, Canedo, Eibe (Jonathan 71´), Fabián (Nacho Moreno 89´), Luis (Quintela 51´), Matías e Juan de Dora(Juanjo 89´) GOLES: 0-1 57´Rubén 0-2 88´Jonathan A Sd rentabilizou as súas contras Gran vitoria da Sd no Ponte dos Brozos ante o necesitado equipo local. Primeiro tempo de tanteo e pouco risco por ambos equipos, que eran conscientes de que un erro se pagaría caro. Apenas ocasións nos primeiros 45 minutos. Unha internada de Juan de Dora, moi bullicioso como sempre, sacouna Alex López. A ocasión mais clara local foi un remate de Dapo á saida dun corner no 41´que Rumbo desviou en gran intervención. No segundo tempo desencadenáronse os feitos. Nada mais voltar dos vestiarios anúlaselle un gol a Dani Bea por fora de xogo. Nun corner adiantase a SD, e a partir de ahí puido matar o partido ás contras, pero nin Quintela nin Fabián nin Juan de Dora estiveron acertados en mans a man contra Alex Lopez. Faltando 15 minutos anúlaselle outro gol ó Arteixo por novo fora de xogo, este moi protestado. Matías estrelou un balón no longueiro antes do gol da sentencia de Jonnathan BOIMORTO 2 - DUMBRÍA 0 Dumbría: Bouzón, Julito (Carreira 59´), Raul, Iago, Matías (Edu 81´), Aarón López, Mackay, Rivi (Mataso 89´), Marcote, Cespón, Yuyo (Cachadiña 79´). GOLES: 1-0 78´Neto   2-0 80´Andrés Pardo O Dumbría caeu nos minutos finais en Boimorto Partido feo en Boimorto, de moito fútbol directo. O Dumbría non se atopou cómodo na herba natural en ningún momento, e aínda así foi quen de crear dúas claras ocasións, pero non estiveron acertados. No segundo tempo o partido foi mais loco, o Dumbría reclamou penalti por mans na area local, pero en 2 minutos veuse o partido abaixo. O extremo local, Andrés Pardo foi o elemento diferencial que marcou o destino do encontro coa súa actuación. XALLAS C.F. 2 - AT. ESCAIRÓN 0 XALLAS C.F.: Julián, Cristian, Pablo Vigo, Dani Becerra, Alex Canedo, Puyi, Doro (Gándara 84´), Kevin, Alex Blanco (Uxío 76´), Julián López (Fernando Amable 81´) e Marquiños (Abel 69´) GOLES: 1-0 27´Alex Blanco   2-0 73´Doro Primeira vitoria do Xallas en Fontenla   Por fin chegou a primeira vitoria do Xallas de Noé. E fixoo con total xustiza, visto o visto hoxe en Fontenla. O Xallas dominou todo o encontro con claridade, entrando ben por bandas, co Marquiños e Kevin facendo estragos. Anotou Alex Blanco e aínda lle anularon un gol o Xallas no primeiro tempo. Doro e Alex Blanco puideron ampliar a conta neste tempo. No segundo tempo seguiu a tónica, con ocasións clarísimas para Doro, Kevin, Pablo Vigo e Uxio. O gol de Doro sentenciou o encontro.

Comentarios