Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Preferente Norte: Xallas e Sofán escapan da queima

Preferente Norte: Xallas e Sofán escapan da queima
SAN TIRSO S.D. 0 - S.D. SOFÁN 1 S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Iván Rey, Pablo (Sera 71´), Félix, Rubén, Canedo, Eibe (Jonathan 64´), Fabián, Luis (Quintela 79´), Juan de Dora e Raúl (Alexandre 69´). GOL: 0-1 59´Luis de penalti Fabián e Juan de Dora pelexaron como jabatos no pequeno campo de San Tirso Gran vitoria a domicilio da Sd en San Tirso, nun campo de reducidas dimensións no que a SD se adaptou perfectamente. O primeiro tempo foi controlado polos visitantes que se puideron adiantar nun remate no punto de penalti no que Juan e Eibe se estorbaron. Tivo a primeira o SAn Tirso nun centro de Damián que rematou Currás ás mans de Rumbo. Primeiro Luis nun remate cruzado e logo Juan nun man a man con Diego casi adiantan á SD, pero Rumbo tivo que facer un paradón a remate de Cesar Freire á saída dun córner. No segundo tempo un claro penalti a Canedo serviu para que se adiantase a SD. Luis non errou o disparo. Puido sentenciar a Sd nunha doble clarísima ocasión de Fabián e Luis pero marraron cando o mais fácil parecía marcar. Rumbo luciuse a disparos de Currás e Guille. O colexiado expulsou a Fran no 76 por doble amonestación e a SD non tivo máis que defender con seriedade para levarse os puntos. XALLAS F.C. 2 - C.S.D. ARZÚA 0 XALLAS: Julián, Cristian, Pablo Vigo, Dani Becerra, Alex Canedo, Fernando, Oliver, Julián López ( Doro 62´), Camilo (Kevin 71´), Marcos (Puyi 86´) e Uxío (Alex Blanco 80´) GOLES: 1-0 22´Oliver   2-0 36´Camilo Partidazo do Xallas a nivel defensivo para conter ó 3º clasificado, o Arzúa. Con transicións rápidas en ataque os de Néstor fixeron moito dano en area rival. A nova fichaxe Oliver empeza a dar rendemento, e onte ós 22´anotou de falta para adiantar ó Xallas. Pouco despois un balón longo que pelexa Camilo serve para anotar o segundo tanto e poñer terra de por medio no marcador. O Arzúa veuse arriba no segundo tempo, pero o Xallas estivo espectacular defendendo o seu marco e aínda puido ampliar vantaxe nun par de perigosas contras. C.D. AS PONTES 7 - C.F. DUMBRÍA 0 DUMBRÍA: Iván Bouzón, Pablo Paz, Raúl (Matías 17´), Aarón, David Carreira (José 58´), Iago, Mackay, Edu (Marcote 49´), Pesco, Cespón e Mataso (Thiago 75´) GOLES: 1-0 6´Rubén Pardo   2-0 14´Fidi   3-0 23´Rego   4-0 43´Eloy   5-0 62´Quique   6-0 66´Adrián   7-0 86´Adrián Os capitáns Iago e Dani Fernández antes do inicio do encontro Tomou cumplida venganza o As Pontes da derrota na 1ª volta no Conco, e goleou ó Dumbría nun encontro que estaba xa sentenciado ó descanso. Anotou moi cedo Rubén Pardo nun man a man con Bouzón, e a partir de ahí o Dumbría tivo que remar demasiado contra corrente. Ó cuarto de hora chegou o segundo de Fidi, e o 4-0 ó descanso era síntoma do que estaba a pasar. Tivo Pesco á saída do descanso opción de acortar distancias, pero pronto anotou o conxunto local o 5º, e o encontro foi morrendo pouco a pouco ata o final.

Comentarios