Preferente: O Dumbría aspira a todo
08:09 10/03/14
Non foi boa a xornada 28 na Preferente para os equipos da Costa. Só o Dumbría sumaba, e un puntiño, pero un puntiño ante o 2º da táboa que demostra que o cadro de Canosa aspita a todo este curso, e por algo se mantén nos postos de promoción.
Pola zona baixa, o Soneira non acaba de saír do pozo e volvía caer na casa ante o Viveiro, que segue 3º na táboa 5 puntos por enriba do Dumbría, pero cun partido máis. Ademais, o XSC tampouco sumaba e segue sen poder despistarse pois ten o descenso directo a 3 puntos, e os posibles arrastres máis preto aínda.
Soneira - Viveiro (1-2)
- SONEIRA: Víctor, Pichi, Chans, Maikel, Sito, Fran de Urroa (Mayor, min.81), Baba, Quilmes, Richi (Cristian Figueroa, min.70), Riki (Javi, min.46) e Basti (Leo, min.79).
- Goles: 1-0, min.12: Fran de Urroa dende o borde da área; 1-1, min.62; 1-2, min.70.
Comezaba o partido cun Soneira moi enchufado e aos 10 minutos Sito xa tiña unha boa ocasión de cabeza que desvía o porteiro pegandoo balón no longueiro. De contado, o capi Fran de Urroa fai un gran gol dende fóra da área coa zurda ás rentes do pau, para poñer o partido de cara.
Seguía o partido moi controlado polos locais, que non permitían unha soa chegada visitante. Pero na segunda, pouco a pouco o Viveiro foi achegándose á meta de Víctor e sen facer demasiado, dáballe a volta ao marcador en dúas chegadas illadas que os de José Ángel non eran quen de respostar.
Temos que destacar o detalle da familia do Soneira co bo de Jorge Parri.
Dubra - Xallas StComba (1-0)
- XSC: Diego, Cristian, Rubio, Héctor (Maneiro, min.85), Alfonso, César, Marcos (Arnejo, min.60), Mario, Richi (Jonathan, min.58), Jeús e Darío (Toño, min.67).
- Gol: 1-0, min.20.
- Expulsión: o xalleiro Cristian no min.55.
Dumbría - Ribadeo (1-1)
- DUMBRÍA: Julián, David (Cote, min.70), Jose (Jesús, min.46), Pablo Conde, Aarón Fdez., Aarón López, Jota (Luisito, min.60), Iago, Dani Casal (Doro, min.46), Adrián Nieto (Pablo Muíño, min.30) e Adrián Mackaay.
- Goles: 0-1, min.30; 1-1, min.87: Aarón Fdez.
Salvou un punto o Dumbría da visita do Ribadeo, o segundo na táboa. E boas novas para o cadro de Canosa, que demostraron estar ao mellor nivel da categoría e mesmo acabaron facendo de equipo grande.
Comezaba o choque con moito respecto e sen demasiadas ocasións. Pero nunha das poucas, o Ribadeo se adiantaba no marcador á media hora. O Dumbría arrincaba a segunda metade con máis forza, con máis intensidade, demostrando o porque de estar tan arriba. Tomou o mando e fixo de equipo grande, dominando a todo un Ribadeoe buscando un empate que tardou en chegar. Pero chegou, xa case chegando ao desconto, e o fixo tras un balón colgado e varios rexeites dentro da área local.
Un empate xusto que demostra que o Dumbría aspira a todo.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
- Facebook Fútbol da Costa.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
Artigos relacionados
- Rial Clube de Fútbol: Un equipo con sabor costeiro.
- A maquinaria colchonera en Dumbría conta cos grandes formadores da zona.
- Máis dun milleiro de persoas comprobaron a importancia social do clube decano do Fútbol da Costa.
- Doro e Antonio Mouro, xalleiros do ano.
- Santa Comba será a sede dun novo curso de Adestradores.
- A Escola dumbriesa do Atlético de Madrid abre as súas portas a toda a bisbarra.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- O libro Mar de Paixón presentouse cos grandes mitos do Fútbol da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).