Preferente: O Dumbría non frea polo Play Off
Un derbi protagonizaba a xornada 29 da Preferente, pero a superioridade dumbriesa desluciuno. I é que os de Canosa están moi metidos na competición e xa van 15 partidos sen perder, mantendo intactas as súas opcións para meterse no PlayOff. Onte sacaban 2 puntos ao Silva, o seu gran rival pola 4ª praza.
Mentres, o XSC, que nada podía facer na volta dos seus míticos xogadores como Jota ou Doro, queda na 15ª praza con 29 puntos, cunha pequena marxe de 3 sobre o descenso. Unha situación pendente dos arrastres, pois tal e como está a 3ª División poderían da Preferente Norte mesmo os 7 últimos, polo que o XSC estaría a 6 puntos da salvación.
O que parece afundido é o Soneira. O cadro de José Ángel está mellorando pero non suma de 3 en 3 e a salvación cada xornada parece máis complicada. Con 18 puntos, está a 9 dos teóricos postos de salvación.
Xallas StComba - Dumbría (0-4)
- XSC: Diego, Jonathan, Marcos, Héctor (Dani Martínez, min.80), Jesús, César, Darío, Arnejo, Richi (Pablo Landeira, min.60), Mario (Maneiro, min.33) e Toño (Adrián, min.73).
- DUMBRÍA: Julián, Rivi, Dani Casal, Pablo Conde, Aarón Fdez., Aarón López, Jota, Jesús, Doro, Iago e Adrián Makaay.
- Goles: 0-1, min.8: Jota; 0-2, min.10: Jesús; 0-3, min.46: Jota; 0-4, min.53: Iago.
Vitoria cómoda do Dumbría en Fontenla que se fraguaba nos primeiros compases de cada metade. Pronto chegaba o gol de Jota, especial para el na súa volta a Fontenla con outra camisola que non a local, igual que Doro. O gol á volta do descanso facía o 0-3 e pechaba un deslucido derbi.
Gal. Mugardos - Soneira (5-3)
- SONEIRA: Víctor, Quilmes (Leo, min.65), Pichi, Sito, Maikel, Iván Chans (Cristian Figueroa, min.55), Fran de Urroa, Baba, Mayor (Basti, min.75), Javi e Basti.
- Goles: 0-1, min.1: Basti; 1-1, min.10; 1-2, min.25: Basti; 2-2, min.35; 3-2, min.40; 3-3, min.50: Basti; 4-3, min.51; 5-3, min.85.
- Expulsión: o soneirán Fran de Urroa no min.70.
Non puido traer nada de Mugardos o Soneira, e iso que se metái por diante ata en dúas ocasións. Pero non soubo manter as vantaxes e de contado, a cada golpe de Basti, que asinou un hattrik, o cadro local empataba seguido.
Así aconteceu nos primeiros compases, co tanto no primeiro minuto de Basti que era anulado aos 10 minutos polos locais. Respostaban de novo ao segundo, marcado no min.25, pero xa antes do descanso os ferroláns daban a volta tras unha primeira metade na que levaron o dominio do balón.
Arrincaba a segunda co empate do Soneira, pero desta volta non duraría nin un minuto a alegría visitante pois o 4-3 subiría de contado ao marcador. E cando o Soneira intentaba empatar, a expulsión do capitán o deixaba coxo, e faltando 5 minutos, e pesar de que Víctor paraba un penalti, o seu rexeite significaba o definitivo 5-3.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
- Facebook Fútbol da Costa.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
Artigos relacionados
- Óscar Suárez e Raúl lideran as táboas dos pichichis da Costa.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).