Preferente: O primeiro derbi sáldase cunha relativa sorpresa
11:27 09/09/13
Primeiro derbi da tempada na Preferente entre equipos costeiros, que se saldaba cunha relativa sorpresa. I é que tralo visto nas dúas primeiras xornadas o XSC non sufrira tanto o cambio de cromos e viña de gañar os dous primeiros choques, mentres que o Soneira só sumaba un punto. Pero o cadro de Felipe Candamo sacaba a súa primeira vitoria cun rotundo 1-4, nun choque non exento de polémica.
Polo demais, boas novas para Bergantiños e Dumbría. Os carballeses seguen imbatidos, e son xunto a Ribadeo e Estudiantil os únicos que suman 3 vitorias en 3 partidos. Ademais, o Dumbría abría a lata das vitorias cun apurado 2-1 ao Castro no Conco.
Xallas Santa Comba - Soneira (1-4)
- XSC: Pablo, Rubén Forján (Ismael, min.75), Iván Forján (Richi, min.31) (César, min.46), Héctor (Maneiro, min.75), Rubio, Alfonso, Darío, Jesús, Arnejo, Alberto e Marcos.
- SONEIRA: Víctor, Pichi (Brais, min.65), Fran, Sito (Mayuyo, min.46), Maikel, Óscar, Christian Canosa (De la Sierra, min.60), Riki, Basti (Leo, min.80), Javi e Baba.
- Goles: 0-1, min.1: Basti; 0-2, min.4: Riki, de penalti; 0-3, min.13: Basti; 1-3, min.55: Darío; 1-4, min.73: Baba, de penalti.
- Expulsións: os xalleiros Arnejo por unha entrada e o porteiro suplente no banco Diego no min.88.
Dumbría - Castro (2-1)
- DUMBRÍA: Julián, Cote, Óscar, Pablo, Aarón Fdez., Aarón López, Doro, Jota, Adrián Makaay, Iago e Jesús. Tamén: David Carreira, Iván, Luisito, Rudi e Dani Casal.
- Goles: 1-0, min.12: Cote á saída dun córner; 1-1, min.60; 2-1, min.75: Doro aproveita un rexeite do meta visitante a tiro de Adrián Makaay.
Carral - Bergantiños (0-3)
- BERGANTIÑOS: Christopher, Miguel Loureiro, Dany Becerra, Álex Canedo, Sergio, Toni, Gonzalo (Brais Garrido, min.59), Alexandre (Souto, min.55), Roberto Piñeiro (Josiño, min.62), Luis e Iván Amor (Michi Castro, min.64).
- Goles: 0-1, min.9: Córner botado por Roberto Piñeiro e Sergio remata ao fondo da rede; 0-2, min.21: Lanzamento dende fóra da área de Roberto Piñeiro que se cola na porta do Carral; 0-3, min.33: Roberto Piñeiro, ao aproveitar un mal despexe do porteiro local.
Crónicas da semana
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Cadros da Copa da Costa 2013 e das Fases de Ascenso.
Artigos relacionados
- Pablo Varela: O Corme C.F. busca dar un paso máis como referente do bo xogo na Liga da Costa.
- #regateegol: Anxo Garrido volve con máis entrevistas nas que podes participar.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes ([email protected]).