Preferente: O XSC afunde ao Soneira


A 9 puntos da salvación queda xa o Soneira tras esta xornada 22 daPreferente. O derbi de urxencias chegaba con dous equipos en liñas claramente descendentes, e foi o cadro xalleiro o que salvou a papeleta rompendo unha xeira de 5 derrotas consecutivas. Mentres, deixa ao Soneira con 14 xornadas sen coñecer a vitoria.
Máis arriba queda o Dumbría, na 7ª praza tras empatar no Castro.
Soneira - Xallas StComba (2-3)
- SONEIRA: Víctor, Pichi (Leo, min.67), Fran de Urroa, Maikel, Brais, Baba, Mayor (Mayor, min.75), Chans, Basti, Richi (Cristian Figueroa, min.46) e Javi.
- XSC: Diego, Rubén, Jonathan, Héctor, Rubio, Alfonso, Marcos (Cristian, min.84), Jesús, Richi (César, min.63), Arnejo (Alberto, min.89), Toño (Darío, min.70).
- Goles: 0-1, min.15: Richi; 0-2, min.20: Toño; 0-3, min.32: Richi de falta directa; 1-2, min.43: Basti; 2-3, min.89: Basti.
Devolveulle o Xallas a moeda do partido de ida ao Soneira. En media hora o equipo xalleiro xa gañaba 0-3 e a partir de aí dedicouse a administrar a vantaxe e non pasou apuros, pois o último gol local chegou xa en tempo de desconto.
Arrancou moi serio o equipo visitante, probablemente aproveitando a maior presión pola vitoria do equipo local, pois era o partido clave para ilusionarse e loitar pola salvación, de gañalo. Dous desaxustes defensivos e unha bo lanzamento de falta condenaron ao equipo branco que tentou engancharse ao derbi cun gol de Basti a rentes do descanso.
Na segunda metade o Soneira tentou saír con máis intensidade, pero non chegou con claridade a área defendida por Diego, salvo algún disparo lonxano. Xa en tempo de desconto chegou o gol de Basti, un pouco tarde para o intento de reacción dos locais, que non estiveron a altura doutros encontros e apenas deron guerra aos xalleiros que suman unha vitoria despois de 5 encontros perdendo e mantéñense na loita por escapar dos postos baixos da clasificación.
Castro - Dumbría (1-1)
- DUMBRÍA: Julián, Rivi, Oscarín, Aarón Fdez., Pablo Conde, Aarón López, Adrián Makaay, Jota (Cote, min.77), Doro, Iago (Rudy, min.67), Adrián Nieto (Luisito, min.67).
- Goles: 0-1, min.78: Adrián Makaay; 1-1, min.89.
Primeira parte igualada, con apenas unha ocasión para os locais que detivo ben Julián, e un tiro de Oscarín que repeliu o pau.
Na segunda, saíu o Dumbría polo partido. Adrián Makaay, dos máis activos da tarde, tivo unha boa ocasión pero o balón escapóuselle. Non fallou a falta de 12 minutos e adiantaba aos de Canosa, e cando parecía que os 3 puntos viñan para a Costa o Castro empataba de cabeza tras un balón colgado xa co tempo cumplido.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
- Facebook Fútbol da Costa.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
Artigos relacionados
- A maquinaria colchonera en Dumbría conta cos grandes formadores da zona.
- Máis dun milleiro de persoas comprobaron a importancia social do clube decano do Fútbol da Costa.
- Doro e Antonio Mouro, xalleiros do ano.
- Santa Comba será a sede dun novo curso de Adestradores.
- A Escola dumbriesa do Atlético de Madrid abre as súas portas a toda a bisbarra.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- O libro Mar de Paixón presentouse cos grandes mitos do Fútbol da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).