Preferente: O XSC tamén se complica a vida
Mala esta 30ª xornada para os nosos equipos na Preferente. O Dumbría non pasaba do empate, e permite que o Silva o alcance na 4ª praza de promoción, mentres que os dous de abaixo caían de novo e se complican, e moito, a salvación.
I é que a zona baixa está moi complicada, e vendo a clasificación da 3ª División, con 4 equipos da zona norte en descenso, poderían baixar ata 7 equipos da Preferente á 1ª Autonómica. Agora mesmo, o cadro xalleiro tería a salvación a 7 puntos, se ben ata o 10º clasificado non se pode despistar. Ao Soneira quédalle cada día máis lonxe e son xa 18 puntos (todos os que leva acadados ata agora) os que o separan da suposta salvación, algo verdadeiramente difícil nas 8 xornadas que quedan.
Sada - Xallas StComba (1-0)
- XSC: Diego, Cristian, Alfonso, Héctor, Jonathan, César, Marcos, Jesús, Richi, Mario e Arnejo (Darío, min.84).
- Gol: 1-0, min.52.
Non valeu o dito, e a estrea de Rubén Coméndez no banco do XSC non se transformou en puntos. O equipo verde e laranxa caía pola mínima ante un equipo da zona alta tras tratarlle de ti a ti durante todo o partido. O primeiro tempo foi de respecto total, no que ningún quería correr riscos.
O gol ao comezo da segunda dos sadenses provocou unha estirada dos xalleiros, que se viñeron arriba, e puideron acadar o empate en varias ocasións, pero os Marcos, Richi, Mario ou Arnejo non estiveron acertados e non conseguiron o que sería un xusto empate.
Soneira- Silva (1-2)
- SONEIRA: Víctor, Pichi, Chans, Brais, Sito, Baba, Mayor (Riki, min.75), Cristian Figueroa, Leo, Javi e Basti.
- Goles: 1-0, min.22: Javi aproveita de cabeza o rexeite do porteiro visitante a un centro chut de Basti; 1-1, min.36; 1-2, min.40.
Malas novas costeiras con esta derrota do Soneira. O cadro de José Ángel necesitaba a vitoria para seguir tendo opcións, pero a cousa cada vez está máis negra. Onte recibía a un Silva que pelexa co Dumbría pola Promoción de ascenso á 3ª, e saíron moi ben, moi enchufados os locais que mesmo se metían por diante aos 20 minutos. Pero antes do descanso, dous goles case que consecutivos provocaban un baixón tremendo nos vimianceses.
Xa non saíron ca mesma intensidade na segunda metade, e malia que aguantaron ao Silva ata o final, apenas tiveron ocasións de facer o empate. De feito, a ocasión máis clara chegou para o Silva, e a 5 do final, pero Víctor parou unha pena máxima aos coruñeses.
Dumbría - O Val (0-0)
- DUMBRÍA: Julián, Jose (Iago, min.60), David, Pablo Conde (Cote, min.73), Aarón Fdez., Aarón López, Adrián Makaay, Jota, Doro (Luisito, min.47), Rivi e Pablo Muíño (David Lourido, min.55).
- Lesión: Pablo Conde ten unha fractura dos 2 pómulos, fractura dos dous senos paranasales, fractura de maxilar superior e do tabique con desprazamento.
Malas novas para o Dumbría, que non era quen de vencer a un equipo da zona baixa e ademais perde, probablemente para o resto da temporada, a un alicerce do equipo como é Pablo Conde. O defensa dumbriés sufría un choque cun xogador visitante e fracturaba varios osos da cara, tendo ademais que pelexar para salvar un dente. Onte xa marchou directamente para o Hospital e lle desexamos a súa pronta recuperación.
Volvendo ao deportivo, o Dumbría non conseguíu romper a rede tecida polo cadro ferrolán na súa área. Os locais dominaron todo o encontro e tiveron grandes ocasións para deixar os 3 puntos na casa pero Rivi ao comezo, Doro ao remate da primeira e Luisito contra o final, non estiveron acertados para convertir as mellores ocasións do partido.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
- Facebook Fútbol da Costa.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
Artigos relacionados
- O campo de fútbol de Louro terá herba artificial a temporada que vén.
- Alberto Pose: Unha fiestra aberta para acoller Campionatos Nacionais na Costa da Morte.
- Óscar Suárez e Raúl lideran as táboas dos pichichis da Costa.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).