mércores. 30.04.2025
El tiempo

Preferente: Outras dúas pedradas

Preferente: Outras dúas pedradas
De novo quedaron a cero na conta de puntos Dumbría e Xallas, cunha permenencia que se otea lonxana no horizonte Xallas en Monforte-Foto-Xallas Xallas en Monforte-Foto-Xallas Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook Senra Sport patrocina a Preferente. Coñécenos en Facebook Bertamiráns 2-1 Dumbría
  • Campo: Municipal
  • Bertamiráns: Jose, Jacobo, Borja, Jesús Torres (Mateo m.38), Martín, Iván, Cea (Adrián m.71), Iñigo, Adrián Beiroa, Astray e Pablo
  • Dumbría: Iván Bouzón, Adrián Alcaina, Raúl, Jose, Pablo, Jesús, Brais (Denis m,79), Iago, Damián (Charly m.71), Diego Cespón e Javi
  • Árbitro: Mazaira Rodríguez (Ourense).
  • Goles: 0-1 m.21 Raúl; 1-1 m.37 Adrián Beiroa; 2-1 m.85 Adrián Beiroa
Un cruel coñecido Dous goles do ex do Xallas Adrián Beiroa deixaron sen premio ao Dumbría en Bertamiráns. Os de Julián Ferreiro desputaron un moi digno encontro, e mesmo chegaron a adiantarse no marcador, grazas a unha boa acción de Raúl. Resultou psicolóxica a igualada previa ao descanso, nunha demostración de virtudes de Beriroa. Presionou o Bertamiráns, e atopou o premio cando o Dumbría xa saboreaba un punto.   Lemos 2-0 Xallas
  • Campo: A Pinguela
  • Lemos: Álex, Chema, Víctor, Rucho, Martín, Núñez, Quiroga (Armesto m.68), Mosqui, Varela (Arias m.24), Quini e Gustavo
  • Xallas: Julián, Anxo (Sergio m.80), Oscarín, Doro, Camilo, Fernando Varela, Canedo, Marquiños, Víctor Vecino (Pablo Novo m.60), Roberto e Martín Barreiro
  • Árbitro: Enríquez Pereiro (Ourense)
  • Goles: 1-0 m.26 Núñes; 2-0 m.34 Quini
De cabeza Dous tantos no xogo aéreo tumbaron ao Xallas na súa visita ao campo da Pinguela de Monforte de Lemos. Foron dous mazazos case consecutivos, tras faltas botadas en ambos casos por Quiroga. Non tivo demasiadas oportunidades de gol o cadro combés, aínda que unha parada de Álex á volta do descanso resultou chave, seguramente, para evitar un envalentonamento do Xallas.  

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios