Luns. 25.01.2021
El tiempo

Preferente: Só suma o Xallas e o Santa Comba segue recuperando o tono

Preferente: Só suma o Xallas e o Santa Comba segue recuperando o tono
Fíxoselle demasiado longo o partido ante o Compos ao Santa Comba, e tras comezar gañando acabou sen premio. Pero segue con posibilidades de chegar ao 3º posto o cadro laranxa, que vale para a promoción, pero é posible que haxa arrastres e non valga para nada. A semana que vén clave ante o Boiro, 3º con 6 puntos de vantaxe sobre os laranxas E mala xornada para o Soneira, que cada vez que chega á Mariña, a pesar de que os conxuntos lucenses están na zona baixa, pincha. Onte caeu no min.90 e se ben non fixo o mellor partido, si que tivo ocasións para levar os 3 puntos de volta. Deste xeito os de Miguel non escapan da zona de perigo e quedan a tan 3 puntos do descenso que ocupa o Mugardos. E gracias que o Xallas conseguía unha vitoria, clara, ante os ferroláns, que permite aos de Iván Cancela seguir nunha cómoda posición.

S.D. Compostela - Santa Comba (3-2)

  • SANTA COMBA: Diego, Chinda (Gelo, min.46), Roberto Amoedo, Angelo, Gonzalo, Jota, Doro, Toni, Noli (David Blanco, min.52), Julián e Baña (Agustín, min.70).
  • Goles: 0-1, min.5: Doro ao segundo tras un centro que peina Noli; 0-2, min.32: en propia tras un centro de Julián pola dereita; 1-2, min.43; 2-2, min.60: Roberto Amoedo en propia meta tras unha saída falsa de Diego; 3-2, min.78.
Visitaba o Santa Comba San Lázaro, o campo do intratable líder que leva tan só un partido perdido no curso. E saíu arrollando o cadro de Gelucho, que á media hora mandaba por 0-2. De feito, aos 3 minutos xa lle anularan un gol por un dubidoso fóra de xogo de Doro cando o balón pode que xa traspasara a liña de gol. E só 2 minutos despois o propio Doro abría o marcador. Pero fíxose demasiado longo o partido aos laranxas, que non sentenciaron durante os primeiros 45 minutos e viron como o Compos remontaba na segunda metade. Foi clave o gol local antes do descanso tras unha primeira metade que nin sequera se achegara na meta de Diego, para deixar a porta aberta a unha remontada e tras varias ocasións dos visitantes para sentenciar. O segundo tempo foi de claro dominio local. Pouco a pouco foron apretando os sanqtiagueses, en xogadas directas e en xogadas individuais de Roberto Piñeiro. E así conseguiron dar a volta ao marcador nunha segunda metade demasiado longa para os xalleiros. Contabilizando ocasións o Santa Comba mereceu a vitoria, pero os puntos quedaron en San Lázaro.

Xove Lago - Soneira (1-0)

  • SONEIRA: Durán, Mayor (Pichi, min.60), Ferreiro, Pablo, Martín, Santi, Michel, Brais, Kike (Iago, min.60), Javi e Vía.
  • Gol: 1-0, min.90.
Partido malo, moitas imprecisións na Mariña. Non conseguíu combinar o cadro de Miguel que aínda así tivo boas ocasións para gañar. 2 balóns á madeira, unha falta de Kike e unha de Javi de cabeza, e dúas xogadas individuais de Vía e Brais, puideron deixar o partido de cara para os vimianceses. Tamén os locais tiveron 3 ocasións, pero cando todo miraba ao empate, chegou o gol da vitoria local xa no min.90.

Xallas - Gal. Mugardos (1-0)

  • XALLAS: David, Álvaro, Isma, Becerra, Rubio, Ricardo, Iván, Brais, Pío (Elvis, min.88), Toni e Luís.
  • Gol: 1-0, min.17: Luís cun bo chut.
  • Expulsión: un xogador visitante na primeira e Dani Becerra no min.53 tras un salto bastante limpo por cartón vermello directo.
Partido controlado polos locais, moi ben situados, sen conceder ocasións aos ferroláns. Aos 15 minutos chegou o gol de Luís, e logo moi serios durante todo o partido. Ao final, os visitantes intentárono con balóns arriba pero os locais aguantaron o partido. E iso que volveron vivir unha pésima arbitraxe en Fontenla, algo que parece que está sendo habitual na Preferente, con demasiadas tarxetas e unha actitude de chulería fatal. Con todo, quere destacar Iván Cancela a "impresionante actitude dos xogadores verdes", pois onte chegaban só con 12 xogarores e algún tocado, pois entre sancións (Adrián Beiroa) e lesionados de gravidade (Rubén Forján, Adrián Prol, Jesús...) o equipo está en cadro.

Dumbría - Grixoa (0-2)

  • DUMBRÍA: Juan, Tantán, Iván (Martín Toja, min.80), Aarón Fdez, Isma (Rikiu, min.75), Aarón López, Piri, Eloy (Poyo, min.65), Cacho (Toni, min.75), Iago e Alberto.
Foi superior no segundo tempo o potente Grixoa (4º na táboa) a este Dumbría xa sen Adrián Mackaay, que fichaba a semana pasada polo Arousa, equipo da Preferente Sur que procura meterse na zona de ascenso. O marcador sinalaba un xusto 0-0 ao descanso, sen apenas ocasións, só unha de Aarón aos 5 minutos. Pero no segundo tempo os visitantes foron superiores, e marcaron a balón parado, no que máis basean o seu xogo. Tivo unha ocasión para recurtar o Dumbría por medio de Alberto, pero foi un espellismo na xusta vistora dos santiagueses.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

comentarios