Preferente: Xallas e Soneira en vilo
Non poden durmir aínda Xallas e Soneira. I é que malia que a fin de semana non foi mala nas categorías superiores, os arrastres poden levar á 1ª a algún dos nosos. Celta B e Monteañeros perden a categoría en 2ªB pero salvaron os Coruxo na mesma categoría e o Bergantiños na 3ª, polo que pode que sexan 5 as prazas de descendo dende a Preferente, e se cadra algunha menos, dependendo da Promoción de Ascenso da 3ª.
Agora é o Xallas o que peor o ten, pois ocupa esa 5ª praza por abaixo. Os de Iván Cancela non podían co potente Boiro, e eran superados por un Santiago que goleaba ao Grixoa, nun choque no que os da Costa xa esperaban un favor entre santiagueses.
O Soneira sufría en Viveiro pero voltaba con 3 puntos vitais e xa están a piques de facer os deberes. Ademais o favor do Santa Comba afundindo ao Mugardos foi importante.
Quedan pois dúas semanas para que o Xallas se poña de novo por diante do Santiago para non ter que esperar milagres, e para que o Soneira rubrique a súa permanencia. Toca gañar, e esperar.
S.D. Compostela - Dumbría (6-4)
- DUMBRÍA: Juan Purrúa, Iván (Luisete, min.46), Isma, Suso, Arón López (Cote, min.65), Aarón Fdez., Tantán, Cacho, Eloy (Schuster, min.46), Leo, Luísito (Riki, min.55).
- Goles: 1-0, min.4; 2-0, min.7; 2-1, min.11: Leo; 3-1, min.15; 4-1, min.17; 4-2, min.30: Aarón López; 4-3, min.55: Suso; 5-3, min.60; 5-4, min.72: Riki; 6-4, min.84.
- Expulsión: un xogador local no min.86.
Partido de tenis en San Lázaro no que a SD venceu no match-ball. Foi un partido no que os ataques superaron claramente ás defensas, Comezou mal o Dumbría e o Compostela entraba por todas partes e no min.17 o marcador xa sinalaba 4-1.
Foise nivelando a cousa, e os Leo, Aarón López e Suso recurtaron. Cando mellor estaba o Dumbría a SD ampliou de novo a renda, pero Riki meteu de novo aos dumbrieses no partido. Aí, co 5-4 Cacho tivo unha para empatar pero non a aproveitou e os santiagueses, cunha pegada tremenda, finiquitaron o choque.
Viveiro - Soneira (1-2)
- SONEIRA: Durán, Ferreiro, Pablo, Martín, Vecino, Andrés, Brais (Darío, min.75), Kike (Iago, min.70), Javi (Mayor, min.85), Santi, Vía (Pichi, min.80).
- Goles: 0-1, min.15: Vía de falta; 1-1, min.30: de penalti; 1-2, min.55: Vía de penalti.
Importantísima vitoria dos de Miguel que dan un gran paso para adiante pola permanencia. Sufriuse e moito, contra o equipo contrario e contra a arbitraxe, ademais, e os vimianceses protestaron un penalti "incrible", segundo definiu Miguel. Pero a gran defensa dos soneiráns foi tremenda, toda unha muralla que impediu calquera atisbo de empate por bando local.
Non é que o Soneira fixera un gran partido, pero soubo aprovietar a súa calidade na estratexia, e pechar ben as sáus portas, para arrimar 3 puntos fundamentais. Vía, cun gol de falta e outro de penalti, fopi clave.
Boiro - Xallas (3-1)
- XALLAS: David, Isma, Iván, Becerra (Luís Castro, min.80), Rubio, Alemán, Rubén Forján (Óscar, min.80), Brais (Pío, min.60), Luís, Toni (Sebas, min.55), Alexandre.
- Goles: 1-0; 2-0; (descanso) 3-0; 3-1, min.70: Sebas.
Foron superiores os barbanzáns, como o demostra a táboa, ante un Xallas con moita vontade pero algo canso. De feito, Iván Cancela valoraba que se trata dun dos mellores equipos cos que se enfrontou o cadro verde ao longo da tempada.
Co 1-0 Alexandre mandou fóra diante do porteiro para empatar, e os goles antes e despois do descanso mataron o partido. Ademais na segunda o xadro xalleiro acusou os partidos.
Santa Comba - Gal. Mugardos (3-1)
- SANTA COMBA: Pablo, Chinda, Agustín (Marquitos, min.40), Angelo, Orlando, Jota, Darío, Toni, Noli, Julián (Styven,m in.70), Baña (Mon, min.50).
- Goles: 1-0, min.1: Noli de volea a un centro de Julián; 2-0, min.25: Pablo Baña raso dende a media lúa; 2-1, min.54; 3-1, min.56: Toni tras un barullo.
- Lesión: Agustín nun xiro quedoulle o xeonllo enganchado
Partido sen demasiada historia, a pesar de que se xogaban todo os ferroláns, perio se amosaron moi atenazados, e só forzaron un par de intervencións de Pablo. En fronte un Santa Comba liberado, xogando moi ben ao fútbol e que fixo unha gran primeira metade, que foi monocor laranxa.
Noli marcaba un golazo no primeiro minuto, e Julian facía o segundo. O marcador non se volvería mover na primeira a pesar das boas ocasións. Na segunda recurtaba o Mugardos pero un minutos despois Toni certificaba a vitoria.
Cómpre destacar a participación de 4 xuvernís, Pablo, Darío, Styven e Marquiños, moi incisivos sobre todo os Darío (tiro ao pao) e Marquiños (fixo un control dentro da área).
Con esta vitoria os xalleiros fanlle un gran favor aos seus veciños e ao Soneira, afundindo aos ferroláns.
Máis información
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: Rematou a agonía e pensando na Copa.
- Copa da Costa: Só sentencia o Cee o pase a Cuartos.
- Resultados da última e intensa fin de semana completa de #futboldacosta.
- Resultados da xornada copeira e xuvenil.
Máis novas
- Vídeo entrevista de Angel Garrido co cormelán Alejo.
- Un Mar de Paixón: Un gol en Santa Comba.
- Manuel Varela: Xa somos profesionais no fútbol costeiro?.
- Alberto Pose: Alberto Pose: Dous ascensos decididos e moito por decidir e reflexionar.
- Esteiro prepárase para o Campionato de Barrios e a Costa mira ao Maratón de Tordoia.
- Xogando aos médicos co #fútboldacosta.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).