Primeira Galega: Ou, ou... Outes

13:03 27/02/17
Pinta a remontada épica o cadro de Alfredo Cambeiro, que superou no derbi ao Fisterra e xa sinte moi preto os postos de permanencia; ao Zas non lle deixaron vencer e o Dumbría recuperou a senda do triunfo
O Val do Ulla pescou de máis en San Andrés - Foto: Sporting Zas
A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook
Outes 2-1 Fisterra Campo: O Cunchido Outes: Xandre, Borja (Kim m.68), Chúa, Maroñas, Pose (Babu m.75), Dani Corniños, Martín, Mario (Sergio m.90), Elías (Yago Dosil m.61), Cutu e Jura Fisterra: Norberto, Bruno, Fabián, Breixo, Tati, Pablo Lestón (Naranjo m.60), Álex (Cote m.54), Piti, Jesús (Champi m.87), Adri (Roa m.52) e Roco Árbitro: Losas Otero (Santiago). Amonestou a Pose do Outes e Breixo do Fisterra Goles: 1-0 m.11 Pose; 1-1 m.62 Bruno; 2-1 m.63 Martín Fe outiense Xa é case cegadora a luz que ve o Outes ao final do túnel. Os sureños superaron ao Fisterra nun derbi no que sobre todo decidiron as ganas e a necesidade dos puntos. Saíron moi entonados os pupilos de Alfredo Cambeiro, que gozaron de ata tres oportunidades nos dez primeiros minutos. Sería á cuarta cando Elías, a pase de Mario, resolvería ante un Norberto que pouco podía facer. Tardaron en entrar no choque os fisterráns, que na primeira metade non dispuxeron de demasiados achegamentos claros. Si o acadarían despois do paso por vestiarios, grazas a un moi activo Bruno. O punta equilibraba cun toque sutil ante Xandre. Só lle durou un minuto ao igualdade ao partido. Como se estivera aínda celebrando ou asimilando o gol, a zaga visitante estivo demasiado despistada e Martín facía o que sería o tanto do triunfo. Apretarían os de Nacho de aí ao final, e de novo sería Bruno o que tivese a máis clara, pero esta vez o escurridizo atacante cruzaba demasiado no seu segundo cara a cara con Xandre. Dánselle especialmente ben os derbis aos outienses, que este curso sumaron, por exemplo, catro dos seis puntos en xogo ante o Fisterra. Dumbría 2-0 Silleda Campo: O Conco Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Raúl, David Carreira, Iago, Manu (Fabio m.46), Cristian (Martín m.58), Charly (Soule m.46), Diego Cespón, Darío Capelo (Adrián m.73) e Aarón Silleda: Jose Ramón, Marcos Iglesias (Jordi m.76), Diego, Espantoso, Gustavo, Jose, Borja, Miguel Ángel, Rubén, Diego e Diego Mosquera Árbitro: Regos Martínez (A Coruña). Goles: 1-0 m.36 Aarón; 2-0 m.73 Darío Capelo As chaves mestras Prantexou un 'cerrojazo' o Silleda na súa visita a Dumbría, pode que tentando provocar a ansiedade dun líder que viña de dúas derrotas seguidas e que variou lixeiramente o seu prantexamento de saída. Os pontevedreses pecharon as vías de penetración laterais e forzaron a que Diego Cespón e Aarón buscasen un novo plan, esta vez con dirección a Manu Nogueira e Cristian. Precisamente, grazas á clarividencia dos mediocentros o balón si chegou a banda dereita, onde un centro medido permitiulle a Aarón cabecear a gol, a falta de só dez minutos para o intermedio. Non tivo que realizar nin unha soa parada de mérito o ceense Iván Bouzón, que só viu aos futbolistas visitantes en tentativas a balón parado. Non variou en absoluto o panorama durante a reanudación, na que sos costeiros perdoaron varias accións claras e non viron o botín claro ata o último cuarto de hora. A acción da sentencia sería moi similar á da primeira metade, cun centro lateral e balón ao área, onde Darío Capelo tirou de clase para unha vez máis resolver e desatascar a un Dumbría que de novo espera poñer velocidade de cruceiro. Sporting Zas 1-1 Val do Ulla
Igualaron dous rivais directos
Campo: San Andrés
Sporting Zas: David, Anxo, Nolo (Chapela m.60), Manu, Javi Souto, Róber (Pablo Novo m.70), Toñito, Bruno (Lagoa m.70) (Noé m.80), Diego, Dani Mato (Rubio m.60) e Álex Flores
Val do Ulla: Jorge, Sebastián, Mattew, Manu (Adrián m.71), Martín, Gonzalo, Carlos (Julio m.89), Cristian, Alex, Iván e Neira (Álex m.85)
Árbitro: Oreiro Hermida (A Coruña). Amonestou a Álex Flores, Diego, Rubio do Zas; Iván e Matthew do Val do Ulla
Goles: 1-0 m.36 Álex Flores; 1-1 m.52 Carlos, de penalti
Se non che deixan…
Polémica en San Andrés no partido de rivais directos entre Sporting Zas e Val do Ulla. E esta vez non veu do colexio santiagués nin a domicilio, senón en San Andrés e ante un conxunto compostelán. Os costeiros non pasaron da igualada e protestaron moito a labor arbitral, nun choque no foron superiores. A tensión e a necesidade dos puntos deixaron un primeiro acto tremendamente igualado, no que só desequilibrou o talento de Álex Flores, moi atento para remachar a gol tras un bo servizo. Moito podería ter variado o panorama xa no segundo acto. O exsofanista Javi Souto veía como lle anulaban un gol por un fóra de xogo protestado unánimente desde a grada e o banco locais. Pouco despois, nunha pena máxima tamén moi protestada os visitantes igualaban, ao transformar Carlos. Houbo por un lado medo a perder e por outro apretón froito da necesidade, e as ocasións caeron en ambas porterías, pero o marcador non se movería ata o final.