Reparto de vitorias nos derbis costeiros do basket feminino
Nunha fin de semana completa as familia carballesas e ceense disputaron unha completa xornada. Unha xornada que chegaba con vaios derbis, na que o ACB só acadou unha vitoria para sumar ao seu taboleiro, a do Junior Femenino, dos 7 partidos disputados, e un deles foi precisamente ante o EB Xiria Laracha das Júnior.
Mentres, por bando carballés, a familia Artai colleitaba 4 vitorias e 3 derrotas é o balance para os equipos do club que este fin de semana tiveron competición; dolorosas as dos dous equipos que militan na liga galega, pois os junior de Javier Cotelo caían na súa visita a Betanzos por dous puntos (71 a 69) e os infantís de Iván Villaverde perdían en Carballo por un só punto ante o Estudantes de Lugo (53 a 54) tras fallar vinte tiros libres. A outra derrota, a do alevín A ante Jesuitinas. No apartado positivo, as vitorias dos equipos femininos, tanto as infantís como as cadetes gañaron de forma clara fose de Carballo, así como a dos cadetes, bastante máis apertada en Mera ante o Val Inclán (49 a 52). A cuarta vitoria, a do alevín B ante o Comerquet.
Derbis Carball-Cee
2ª División Junior Feminina
- Resultado: EB XIRIA LARACHA - ACB COSTA DA MORTE (17-38).
A única vitoria do clube nesta fin de semana levárona como no, as do equipo junior dirixidas por Pais. Gran partido das rapazas que cunha gran defensa durante todo o partido deixaron en tan so 17 puntos na sua pista o equipo larachés. Enorme partido das ceenses que esperan seguir con esta boa dinámica.
2ª División Cadete Feminina, xornada 5
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE - CB ARTAI (14-60).
- ACB COSTA DA MORTE: Sambad, Agullero (10), Atan, Lema, Mira (2), Romeu (2), Martínez.
- ARTAI: Nuria (8), Sabela (2), Sara (12), Paula (8), Maria, Lola (20), Sarita (4), Celia (2) e Cayetana (4)
- PARCIAIS: 5-14 5-16 4-14 0-16.
O derbi costeiro desputado no pabellón de Brens tivo moi pouca historia. As ceenses saíron dormidas e non foron capaces de facer fronte a un equipo completo e moi ben traballado que se adiantou desde un principio e non dou ningunha opción de reacción. Aínda así as ceenses manteñense nunha zona tranquila da táboa.
A boa defensa das do cole carballés, que deron un salto de agresividade importante con respecto á semana anterior,e o gran criterio en ataque fíxolles sacar diferenzas desde o primeiro minuto e durante todo o partido.
Durante o primeiro cuarto o tiro exterior de Sara (con 4 de 4 desde media distancia) puxo o marcador a favor das do cole, que ían abrindo diferenza xogada a xogada grazas á boa defensa colectiva, presionando ben as primeiras liñas de pase e moi agresivas no 1x1; ata o 5-14 final.
No segundo cuarto a anotación foi máis repartida, as artaicas movían a pelota moitísimo criterio ata abrir a defensa de Cee e conseguían canastras atacando o contrapié ás defensas en recuperación. A mellor noticia foron os primeiros minutos de Paula trala súa lesión de costas sen ningunha molestia. As colegiales íanse ao vestuario con vinte de vantaxe. E segunda parte no que coas de Cee xa moi cansas e en zona, as carballesas aproveitaron a súa boa defensa e os roubos de balón para conseguir canastras fáciles en contraataque e transición.
Familia ACB
4ª División Sénior Masculia
- Resultado: IDEFIC IMATIA - ACB COSTA DA MORTE (46-28).
- ACB: Pais (5), Tinín (9), Manu (5, 1T), Lucas (2), Sergio (1); Deril, Nefri, Cristian (4), Adrián (2) e Luciano.
No ruinoso pabellón do instituto Normal da Coruña desputouse, a unha hora nada agradecida para o equipo visitante, o partido que enfrontaba os ceenses contra os líderes da categoría. O encontro foi bronco e subido de tono durante todo o partido, motivado pola exaseración de faltas continuas, que se poñian por diante do marcador desde un principio. Tanto o xogo interior coma exterior do equipo costeiro estivo moi desacertado, pasando por fases de gran apatía. Só a mellora na defensa na segunda parte evitou unha derrota maior.
Gran actuación de AdriÁn, que xunto con Luciano debutaban na máxima categoría con sÓ 15 anos. Os ceenses esperan desquitarse este domingo contra Arteixo na casa.
2ª División Junior asculino
- Resultado: CB CAMBRE - C.E. CUME CEE (48-42).
2ª División Infanil Masculino
- Resultado: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE - CULLEREDO (11-95).
As baixas no equipo ceense condicionaron o partido, os locais só se presentaron no encontro con 5 efectivos. Os de Culleredo aproveitáronse da situación descaradamente e cunha presión a toda a pista durante todo o partido acadaron unha ampla vantaxe.
Outros resultados ACB
- Alevín: RIVEIRA - FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (54-30).
- Benxamín: RIVEIRA - FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (44-30).
Familia Artai
1ª Junior Masculino, xornada 3
- Resultado: SANTO DOMINGO DE BETANZOS - ARTAI (71-69).
- Parciais 22-15, 35-39, 51-55 e 71-69.
- CB ARTAI (15 24´16 14)Moreira 10(1t), Carlos 6, Manu 6, Marcos 2 e Jaime INICIAL Melini 3(1t), Aitor 2, Estany 4, Guillamet 18(2t), Xabi 18(1), Dani e Martín.
Partido correspondente á terceira xornada de liga e derbi ao grande o que se viu no Municipal de Betanzos, entre dous equipos que levan seis anos competindo ao máximo nivel .Non puideron conseguir á terceira a vitoria os xogadores de Cotelo. E estiveron preto os carballeses que se sobrepuxeron a un mal arranque de partido, a un mal primeiro cuarto onde as diferenzas no marcador foron crecendo ata os sete puntos. Pero o axuste defensivo, a rotación dos xogadores e o acerto en ataque facía que o marcador fose decantándose do bando carballés. Desgraciadamente, a defensa zonal local se atragantou aos pupilos de Javier Cotelo que non foron capaces de lograr a vitoria nun partido que se decidiu ao final.
2ª División Cadete Masculino, xornada 3
- Resultado: VAL INCLÁN - CB ARTAI (49-52).
- Resultado: CB ARTAI (6 11 23 12): Nión, Jota (8), Pozas, Santi (4), Anxo (8), Adrián (3), López (2), Luciano (6), Santi, Sueiro, Lois e Javier Souto (21).
- Parciais: 11-6; 13-11; 15; 23; 10-12.
- Resultado: CB ARTAI - ESTUDANTES LUGO (53-54).
- C.B. ARTAI: José, Carlitos (15), Edu (12), Manu (19), Rubi, Marco (2), Pablo (1), Iago, Yago (2) e González (2)
- PARCIAIS: 14-11 8-13 9-12 22-18.
- Resultado: ESCRAVAS - CB ARTAI, (2-114).
- CB ARTAI: Nuria (33), Sabela (9), María (16), Iria (6), Sara (8), Celia (8), Cayetana (20), Uxía Suárez (6), Carla Teixeira (8)
- PARCIAIS: 2-31 / 0-21 / 0-24 / 0-38.
- Alevín Masculino: JESUITINAS - CB ARTAI (74-24).
- As cadetes do baloncesto costeiro preparan un derbi de alturas.
- Bo sabor de boca para a fin de semana de baloncesto costeiro.
- Fin de semana completa para os equipos do basket comarcais.
- As cadetes do Artai e do Xiria protagonizan un comezo de campaña de derbi.
- Xornada completa para os equipos do Basket Xiria, Artai e ACB.
- Completo repaso á actualidade do baloncesto bergantiñán.
- O baloncesto expándese por Bergantiños.
- A Escola Basket Xiria pon en marcha unha campaña de captación de socios.
- A Escola Basket Xiria comeza a xogar.
- 27-05-14: O Carballo Basket proclámase por primeira vez Campión Galego Infantil.
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Información de CarballoBasket, do Artai e do ACB Costa da Morte.
Partido disputado na mañá do sábado en Mera ante un bo número de seguidores. Volveron á senda do triunfo os colegiales logo dun partido mu ydisputado e no que os carballeses foron a remolque os dous primeiros cuartos, repetindo erros do partido anterior.
Pero o paso por vestuarios serviu de revulsivo para os xogadores de Javi Varela ,quen no terceiro cuarto xa lle daban a volta ao marcador e anotaban seis puntos máis que na primeira parte. Destacar o partidazo de Javier Souto, máximo anotador dos carballeses.
1ª División Infantil Masculino, xornada 2
Partido correspondente á segunda xornada da máxima categoría infantil masculina ante unha boa entrada de espectadores. Partido vibrante, intenso e loitado por parte de ambos conxuntos, que fixeron as delicias dun Vila de Noia que animo, gritou e sufriu máis que nunca esta tempada.
Os do cole empezaron, como vén sendo rutina neles, moi enchufados e conseguiron as primeiras vantaxes. Manu, Carlos e Edu (a un gran nivel esta tempada) castigaban o aro dun estudantes que só conseguía paralos con falta. No minuto 7 Manu fixo a segunda falta e tivo que irse ao banquiño. Aínda así os colegiales leváronse o parcial por 14-11.
No segundo, o adestrador local fai moitas rotaciones e decide non poñer a Manu para evitar unha terceira falta que o condicionaría moito na segunda metade. O que se traduciu nunha baixa anotación, só 8 puntos. A noticia positiva foi a irrupción de Yago no partido; o rapaz, que só leva un ano xogando, converteuse no dominador do rebote, tanto en ataque como en defensa e axudou en gran medida aos locais a manterse no partido. Os infantís do colexio fóronse a vestuarios dous abaixo.
Na segunda parte os locais sacaron a súa mellor cara. Con Manu xa en pista e mantendo baixo control ao mellor xogador dos lucenses cunha gran defensa, Carlitos levando as rendas do partido e Edu controlando o rebote en ambos aros os do cole mantivéronse pegados no marcador durante todo o terceiro cuarto, aínda que a falta de acerto desde a liña de persoal (6-26 durante todo o partido) impediu que se levasen este parcial.
E último cuarto no que se uniron á festa o bo criterio de Marco e Juan González. Arriscando en defensa e correndo os do cole aproveitaron os minutos que Álvarez pasou no banquiño por 4 faltas, para endosarlles aos visitantes un parcial que lles puxo 4 arriba a falta de 3 minutos. Últimos 3 minutos no que, aínda que con moi bo criterio, atacando longo e asegurando a canastra ou ir a liña de persoal, o pouco acerto desde esta última fíxolles aos do cole perder un partido que se puido levar calquera.
Destacar a defensa colegial. Moi unida, presionando balón e primeiras liñas de pase, boas primeiras e segundas axudas e saíndo ben en recuperacións defensivas. A actitude dos do cole foi de olé, cun gran rendemento de cada un dos xogadores independientemente do tempo que pasaron en pista. Destacar tamén as boas decisións en ataque, que nos fixeron perder pouco balóns en ataque e sacar algo positivo en case cada xogada. E para rematar a actividade colegial, que entrou ben ao rebote de ataque e defendeu como puido o defensivo.
2ª Infantil Feminino, xornada 1
Dominio de principio a fin para ou equipo do colexio, non que tiveron unha boa actividade tanto en ataque como en defensa, e en ningún momento se deixaron influír polas diferenzas do marcador. Moitas rotacións, nas cales cabo destacar a presenza dás alevíns Carla Teixeira e Uxía Suárez, que supliu moi ben a ausencia dá súa irmá. Toca seguir traballando e cada día dando un paso máis.