![Cee-Olimpico - Foto-UC Cee]()
Tralo
acto de agradecemento a todos os colaboradores de QPC, celebrado este pasado sábado 26 de novembro, e no que o fútbol da Costa estivo presente dende Muros a Cerqueda, seguimos a pé do cañón achegando a actualidade futboleira.
E comezamos o repaso á xornada por arriba. Case pleno na
Preferente na que só o
Soneira caeu dos nosos. Foi caer ademais o cadro de Miguel nin choque clave ante O Val que estaba 1 punto por debaixo e que agora o rebasa e o deixa ao borde da zona de descenso. Pola súa banda, o
Santa Comba segue en zona de promoción de ascenso e se achega ao Narón que caía ante o Unión, pois o Compostela segue intratable. O
Xallas vencía e segue nunha comodísima 8ª praza, mentres que o
Dumbría acadaba 3 puntos fundamentais que o tranquilizan.
Non foi boa a xornada, como se podía prever para os Cee e Ponteceso na
1ª. O
Cee caía na casa ante o Olímpico malia facer un bo partido e carecer, coma ultimamente, de boa puntería. O
Ponteceso sacaba un empate do difícil campo de Carral.
A xornada na
Liga da Costa comezaba o sábado coas vitorias fáciles de
Fisterra e
Club do Mar e o empate entre
Malpica e
Dumbría B. O
Camariñas non perdoaba ao Mazaricos e continúa líder en solitario con 5 puntos de vantaxe sobre os caioneses e 8 sobre os fisterráns. O
Muros, a 1 punto do equipo da vila do Cristo, vencía en Corme e parece que abre a fenda entre os de arriba e os da zona media, deixando precisamente aos cormeláns a 5 puntos.
Por abaixo, a cousa segue apretada, e entre o 10º, o Malpica, e o penúltimo, o San Lorenzo, só hai 4 puntos de diferencia.
Na
3ª da Costa a xornada foi importante. O
Cabana aproveitou o tropezo do
Coristanco en Corcoesto para poñerse líder. O
Outes, que vencía ao Pereiriña, é agora 2º, por diante dos coristanqueses. E xa chega o
Carnota, que vencía en Ara Solis, e supera ao
Montelouro que caía no intenso derbi muradán ante o
Volantes. Os de Baño tamén se meten entre os 6 primeiros, praza pola que tamén loitarán
Cerqueda, Porteño e Fisterra B.
Poucas novidades en
xuvenís, onde o Cee segue mandando no sur, e o Malpica polo norte. Pero parece que en mabas ligas o interese estará nas 3 prazas restantes, para as que hai 4 candidatos en cada liga. Fisterra, Soneira, Outes e Santa Comba pegaranse polo sur e Dumbría B, Baio, Ponteceso e Camariñas farán o propio polo norte.
Cómpre destacar tamén o
encontro da 2ª infantil entre Cabana e Dumbría, que enfrontaba a dous equipos imbatidos tras 10 xornadas demostrando que son os que mellor coidan a canteira da Costa da Morte. Finalmente o Cabana deu primeiro e batiu cun 3-2 aos dumbrieses polo que se adiantan na táboa.
Preferente, xornada 14
Xallas |
2-0 |
Santiago de Compostela |
O Val |
2-1 |
Soneira |
Dumbría |
2-1 |
Xove Lago |
Viveiro |
0-4 |
Santa Comba |
1ª Autonómica, xornada 13
Cee |
0-1 |
Olímpico |
Carral |
2-2 |
Ponteceso |
2ª Autonómica, xornada 13
Fisterra |
5-2 |
Esteirana |
Malpica |
2-2 |
Dumbría B |
Club do Mar |
5-0 |
Zas |
Corme |
1-2 |
Muros |
Sofán |
1-1 |
San Lorenzo |
Camariñas |
3-1 |
Mazaricos |
Baio |
4-0 |
Nantón |
Buño |
0-0 |
Corcubión |
O Pindo |
0-3 |
Castriz |
3ª Autonómica, xornada 16
Cerqueda |
4-0 |
Xaviña |
Porteño |
2-2 |
Muxía |
Indep. Carballo |
0-6 |
Laxe |
Fisterra B |
1-2 |
Carnota |
Soneira B |
2-1 |
Lira |
Alcaián |
0-4 |
Cabana |
Corcoesto |
0-0 |
Coristanco |
Montelouro |
1-2 |
Volantes |
Outes |
4-0 |
Atl. Pereiriña |
Liga Nacional Xuvenil, xornada 11
Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 11
Soneira |
1-2 |
Fisterra |
Santa Comba |
5-0 |
Dumbría A |
Outes |
5-0 |
Muros |
Cee |
6-1 |
Esteirana |
Mazaricos |
0-3 |
Corcubión |
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 15
Malpica |
3-0 |
Zas |
Dumbría B |
12-0 |
Laxe |
Coristanco |
1-0 |
Corme |
Ponteceso |
3-1 |
Baio |
Muxía |
1-7 |
Cabana |
División de Honra Cadete, xornada 11
Val Miñor |
3-0 |
Bergantiños |
2ª Cadete, xornada 13
Ponteceso |
9-1 |
Muxía |
Fisterra |
1-1 |
Malpica |
Esteirana |
9-0 |
Zas |
Coristanco |
2-4 |
Camariñas |
Dumbría |
4-0 |
Outes |
Porteño |
3-8 |
Cee |
Baio |
1-3 |
Muros |
Santa Comba |
01/12 - 18:00 |
Cabana |
2ª Infantil, xornada 13
Santa Comba |
5-0 |
E.D. Os Miudos |
E.M.F. Vimianzo |
3-3 |
As Baleas |
Esteirana |
2-5 |
Con. de Carnota |
Fisterra |
7-1 |
Corme |
Outes |
4-3 |
Baio |
Cabana |
3-2 |
Dumbría |
Ponteceso |
1-10 |
Cee |
Ligas de Veteranos, xornada 12
1ª División
San Román | 6-1 | Nantón |
Bértoa | 1-1 | Cabana |
Zas | 1-1 | Xv. Bergantiños |
Ponteceso | 5-1 | Vimianzo |
San Lorenzo | 2-4 | Castriz |
Corcubión | 1-0 | Camariñas |
Bergantiños | 1-5 | Baio |
2ª División
Camelle | 0-2 | Sofán |
Muros | 3-1 | Leiloio |
Soneira | 1-0 | Malpica |
Porteño | 0-0 | Cerqueda |
Club do Mar | 3-1 | Dep. Carballo |
Coristanco | 2-1 | At. Milagrosa |
Corme | 2-6 | Corcoesto |
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).