Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Xuvenil Norte: O Malpica segue implacable e 4 equipos buscan a promoción

Xuvenil Norte: O Malpica segue implacable e 4 equipos buscan a promoción

Semellante é a situación entre a Liga Norte e a Liga Sur. Un equipo destacado á cabeza e outros 4 por detrás, que loitarán polas 4 prazas de promoción.

14 xornadas e o Malpica segue implacable con tan só unha derrota. 5 puntos saca ao Baio, e 6 ao Dumbría B, pero estes cun partido menos. Precisamente o Camariñas sitúase a tan só un punto dos dumbrieses trala disputa do partido da semana, no que o Camariñas levou unha vitoria in extremis que o mete na loita por entrar entre os 4 primeiros, na que ademais tamén está o Ponteceso.
/Precisamente cómpre destacar o partido bonito da semana que vén entre Baio e Ponteceso, os dous equipos que máis buscan un xogo combinativo.

Camariñas - Dumbría B (4-3)

  • Camariñas: Álvaro, Juanchi (Mariño, min.58), Caamaño, Manuel, Bieito Villar (Martín, min.79), Diango, Gatusso, Saviola (José Carlos, min.61), Nené (Javi, min.70), Nazo (Bieito Mas, min.85) e Yuyo.
  • Dumbría B: Brais, Yeray, Roberto, Toja, Denís, Pereira, Dani Picallo, Josiño, Adrián Alcaina, Rodrigo, Isma.
  • Goles: 0-1: Dani Picallo; 1-1, min.27: Diango; 2-1, min.38: Yuyo; 2-2: Adrián Alcaina; 3-2, min.60: Yuyo; 3-3: Rodrigo; 4-3, min.85: Yuyo.

Partidazo con todalas letras o que se xogou o pasado sábado no Hermanas Patiño. O conxunto revelación nesta segunda volta contra un dos máximos candidatos a alcanzar o ascenso xogaron de poder a poder, buscando en todo o momento a porteria contraria e onde o intercambio de golpes foi a tónica dominante. Comezou dando primeiro o Dumbría, moi cedo, trás unha pérdida en medio campo camariñán que fixo que Roi se plantase solo ante Álvaro e anotase o primeiro. Lonxe de virse abaixo, o conxunto local foi achegándose a porta de un incomensurable Brais, que as parou de todas as cores. Foi Diango chegando dende atrás quen anotaría o empate, e pouco máis tarde Yuyo anotaría o primeiro da súa conta particular para chegar así o descanso con vantaxe para os locais.

Si xa a primeira metade foi de por sí bonita, a segunda foi máis aínda con esa emoción de non saber para que lado caería o choque. O Dumbría devolvía as tablas o marcador tras unha serie de rexeites dentro da área, pero pouco despois Yuyo volvia a poñer por diante ao Camariñas. Seguiuno intentando o Dumbría pero o Camariñas pouco a pouco facíase co control do encontro, ata que un defensor camariñán dormíase nun balón sen aparente perigo e o Dumbría empataba de novo o encontro a tres goles.

Nos minutos finais, puido gañar calquera dos dous, pero foi un incansable Yuyo quen firmaría o seu hat-trick para darlle a vitoria ao Camariñas e para delirio da afección local. Puido empatar o Dumbría de novo, xa no desconto, pero Caamaño estivo atento para sacar un balón na liña de gol e poder deixar así os tres puntiños na vila do Encaixe.

Laxe - Coristanco (1-2)

  • Laxe: Anxo (Dani Ortiza), Diego, Dani, Mosqueira, Roberto, Nucho, Rellán, Adri Suárez, Djamel, Adrián Lema e Manu. Tamén xogaron Carril e Carlos.
  • Coristanco: Nacho, Pichel, Varela, Xenxo, Martínez, Damián, Gonzalo, Dai, Fede, Brais, Rubén. Tamén xogaron: Adrián, Corral, Mosquera, Naya, Ivásn.
  • Goles: 1-0, min.20: Adrián Lema; 1-1, min.75: Gonzalo; 1-2, min.80: Gonzalo.

Bo partido en Laxe, como sempre con boas espctación, no que o Laxe de Toni estivo por diante case todo o partido pero marchou de baleiro. O Coristanco fixo un bo partido e ata por momentos os de Lorenzo desenvolveron un bo xogo. Tardou o Coristanco en aproveitar as súas ocasións, e logo de un tiro ao pao e un gol anulado a Iván, Gonzalo asinou en 5 minutos dous tantos que dan a vitoria aos visitantes. Por certo, que dende o Coristanco protestaron a actuación arbitral que sinalaron ata 30 fóras de xogo, por un bando pero tamén polo outro.

Corme - Malpica (0-6)

  • Corme: Javi; Alejos, Iván, Koeman, Alberto, Sergio, (Lexi, min.46), Antonio, Juanma, Brais, Eloy CR, (Álex, min.62), Eloy.
  • Malpica: Jesús (Ángel, min.82), Miguel Ángel, (Víctor Novo, min.62), Jorge, Javier, (Luísma, min.57), Pereira, Eme, Juny, Joro, M. Uruguaio, (Canario, min.71), Martín Maradona, Camilo.
  • Goles: 0-1, min.7: Camilo a un medido centro de M. Uruguaio. 0-2, min.20: Juny dende o borde da área tras tocar nun defensa cormelán. 0-3, min.28: Camilo tras unha xogada de M. Maradona. 0-4, min.44: Camilo aproveita un rexeite tras unha excelente xogada individual de M. Uruguaio. 0-5, min.56: M. Uruguaio de falta directa. 0-6, m. 67: Camilo de cabeza tras unha combinación con Juny.

Boa exhibición do potencial atacante deste Malpica. En fronte, un débil Corme con moitas baixas e ata 4 cadetes nas súas filas.

Zas - Ponteceso (3-3)

  • Zas: Tívoli, Adri, Quintáns, Amado, Ramón, Kevin, Rony, Óscar (Gonchi), Pastor (Esteban), Isma, Víctor (Bruno).
  • Ponteceso: Xurxo, Dani Valle, Diego Collazo, Guille, Fabián (Lorenzo), Dani Cotelo (Iago), Borja, Alberto, Jorge, Puente (Joseph), Cris.
  • Goles: 0-1, min.25: Jorge; 1-1, min.35: Pastor; 1-2, min.55: Alberto Recarey; 2-2, min.65: Pastor; 2-3, min.70: Cristian; 3-3, min.75: Ismael.

Partido de alternativas, moi disputado, bonito para o espectador, limpo, con dous equipos indo polo partido. O Ponteceso levou o peso do partido tratando de tocar e saír combinando, ante un Zas máis veterano e agazapado, esperando á contra.

O encontro transcorreun co Ponteceso levando a iniciativa no xogo, pero tamén no marcador. Ata en 3 ocasións se adiantaron os pontecesáns, pero en fronte os Pastor e Ismael se encargaron de anular a renda. Clave foi o derrradeiro tanto de Ismael para empatar, tras aprovetar un erro no saque de balón dende atrás, un erro que asume o míster Mato, que busca sacar sempre o balón xogado.

Baio - Muxía (6-2)

  • Baio: Guillermo (Sergio), Pardo, Iago (Marcos), Edgar, Lucas (Eloy), David, Fachal, Jose Manuel, Iván (Valentín), Bieito, Martín (Michaell).
  • Muxía: Fabián, Fran, Antonio, Jose Ramón, Carlos (Santiago), Fran, Julián, Felipe, Sergio, Cristian, Ismael (Brais).
  • Goles: Julián (2) por bando muxián; Martín (2), Lucas, Michael, Jose Manuel, e un entre Bieito en propia meta por bando baiés.

Partido con pouca historia en Baio que xa ía 3-1 ao descanso, tras un golazo de falta de Julián de falta. Na segunda metade o cadro de Nacho superou ao equipo dirixido por Suso da Dorna, que este curso só suma 5 puntos.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Colabora o blog do Malpica e Jose De la Sierra.

Comentarios