Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Xuvenil Sur: 5 equipos loitarán polas 4 prazas privilexiadas mentres o Cee vai ao seu

Xuvenil Sur: 5 equipos loitarán polas 4 prazas privilexiadas mentres o Cee vai ao seu

Semellante é a situación entre a Liga Norte e a Liga Sur. Un equipo destacado á cabeza e outros 4 por detrás, que loitarán polas 4 prazas de promoción.

Foi esta a xornada 10, primeira da segunda volta, e non parece que o Cee baixe o ritmo. Se ben esta fin de semana xogaba co pechacancelas, co noviño Muros de Nieto, os de Jose Carlos seguen firmes na primeira posición e avantaxan en 7 puntos ao Soneira, que vencía en Corcubión nun encontro disputadísimo. O Outes sufría para vencer ao Dumbría, e non deixa espacar aos de cabeza, pero terá que loitar entrar entre os 4 primeiros con Fisterra e Santa Comba, que aprazaron o partido.

Dumbría A - Outes (1-2)

  • Dumbría A: Aitor, Roi (Cristian, min 70), Samuel, Adrián Ozón, Jose, Blanco (Marco, min 55), Dito, Martín, Rafa (Javi, min 55), Israel, Antón (Damián, min 50).
  • Outes: Jona, Jurado (Rafa, min.46), Sergi, Alex, Pablo, Rubén, Babu (Oliver, min.69), Abraham (Juan, min.46), Edu, Piti (Nine, min.46) e Elías.
  • Goles: 1-0, min.56: Martín; 1-1, min.80: Elías; 1-2, min.92: Oliver.

Gran partido do Outes que sufriu para levar un partido que se lle puxo costa arriba ante un Dumbría que mellora xornada a xornada.
Ao gol incial de Martin, xa no segundo tempo tras unha primeira metade igualda, respondeu Elías empatou de cabeza nun córner sacado por Nine cando so quedaban 10 minutos para o final do partido e cando os locais contaban con algún premio. Pero xa en tempo de desconto Oliver tras unha xogada individual na que el mesmo recupera o balón marcaba o gol da vitoria para os de Manu Roque e Tomé.

Esteirana - Mazaricos (2-4)

  • Esteirana: Matías (Carrilo, min.46), Meco, Pedro (Agustín, min.46), Abel, Alberto Codesido, Eloy, Ruso, Jacobo (Adrián, min.56), Bruno, Javier (Alberto, mib.70), David.
  • Mazaricos: Rubén, Fran, Oreiro, Esteban, Carballo, José Ángel (Alberto, min.25), Ferreiro, Sandelo, Mario (Carreira, min.46), Cristian (Alex, min.80), Molinos (José, min.85).
  • Goles: 0-1, min.33: Oreiro nunha xogada de estratexia; 0-2, min.50: Molinos nun córner; 1-2, min.60: Eloy; 1-3, min.75: Alberto; 2-3, min.80: David; 2-4, min.88: Esteban.
  • Lesión: José Ángel rompeu un dedo.
  • Expulsión: o esteirán Abel.

Partido igualado entre dous equipos moi parellos, que puido gañar calquera pero no que a expulsión do lateral esteirán Abel no segundo foi clave para a vitoria visitante. Domino alterno na primeira metade, con unha Esteirana máis volcada sobre campo rival. Pero a eficacia dos mazaricáns foi importante pois fixo abrir ás filas aos locais o que provocaron que aumentaran a renda.

Muros - Cee (0-7)

  • Muros: Domingos (Trozo), Santi, Javi Vístete, Javi Paco, Damián, Diego, Samuel, Alberto, Moncho, Santi Berberecho, Minos. Tamén xogaron: Diego e Iván.
  • Cee: Iván, José Ramón, Aitor, Raper (Martín, min.15), Tonecho, Tebo (Lamela), Sergiño (Iago), Rubén, Carlos (Cibrán), Uri (Chiru), Pablo.
  • Goles: Uri, José Ramón (2) Chiru, Sergio, Aitor e Pablo.
  • Expulsión: Javi de Vístete.
  • Lesión: o ceense Raper cunha escordedura de nocello.

A mellor primeira parte do ano no Muros non foi suficiente para parar a máquina arrolladora ceense. E iso que ao descanso o marcador sinalaba 0-1, polo que o resultado final é excesivo. Os de Nieto que só deixaron marcar ao Cee tras un erro do porteiro que ao despexar o balón rebotou do dianteiro ceense e rompeu a igualada. Pero nos primeiros 35 minutos non puido o Cee facer perigo e sen embargo, á contra, Minos puido poñer por diante aos locais.

Así e todo, segue o Cee demostrando que este ano non só queren a clasificación para a liguiña final senón tamén gañar a liga.

Corcubión - Soneira (2-3)

  • Corcubion: Abelleira, Chema (kike min.59), Adrián, Pablo, Antonio, Sergio, Javi (Martín min.55), David, Iván, Lema, Gabi.
  • Soneira: Cristian, Jesús, Marcos, Sergio, Hector, Javier, Luis Miguel, Cristian, Pablo (Julian min.81), Rubén (Cristian min.73), Ricardo.
  • Goles: 1-0: Lema de falta tras tocar na barreira; 1-1: Ricardo pola escuadra dende tres cuartos de campo; 2-1: Lema de penalti; 2-2: Ricardo, 2-3: Cristian.

O partido comezou tarde porque, unha vez máis, non apareceu o arbitro e tivo que vir outro chamado a última hora.
Os primeiros instantes divididos de ambos equipos cun balón ao pao de Sergio. De seguido é Lema quen pon por diante aos locais. Nos seguintes minutos destaca unha ocasión de Gabi tras pase de Iván á espalda da defensa; pero Ricardo empata tras irse da defensa cun disparo da frontal. Poucos minutos despois, penalti do porteiro soneirán sobre Lema que él mismo o transforma.

Tralo descanso, os locais disfrutan de varias ocasións, pero ademais de marralas regalan varios balóns claros no medio campo, o que lle costa serios problemas. De feito, nunha xogada semellante, Ricardo volve marcar un gol, un golazo. De contado, faltando só 10 minutos para o final, Cristian marca de falta outro golazo pola escuadra deixando morto ao conxunto local que se vía gañador antes de finalizar o encontro.

Fisterra - Santa Comba (aprz.)

Foi aprazado e xogarase o 06/12 ás 18:00h en Ara Solis.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Colabora Jorge Domínguez, De la Sierra.

Comentarios