![MOntelouro-Camelle- Foto-Edu Olveira]()
E repasamos o acontecido no Fútbol da Costa esta fin de semana de 4 e 5 de febreiro de 2012. Unha actualidade que podedes seguir polo twitter a través do hastag
#futboldacosta, onde podemos informarnos de todo o acontecido. Igualmente, dende que rematan os encontros as táboas de
www.futboldacosta.com botan fume.
E comezamos o repaso, coma sempre, por arriba, onde as novas de
Preferente non son as mellores, unha semana máis. I é que
só o Xallas sumou os 3 puntos, mentres que
Santa Comba segue co seu calvario ano 2012, e o
Dumbría tamén leva 3 xornadas sen gañar. O
Soneira sumou un punto que saíu caro, pois leva ata 4 lesionados.
Os partidos na
1ª Autonómica deixan moi malos resultados. Se ben o
Ponteceso caía na casa ante o potente Olímpico, o
Cee case firmaba a súa sentenza de morte sumando ata dúas derrotas esta fin de semana, pois se o domingo caía ante o Vizoño, o sábado e con Julito de porteiro improvisado, non podía remontar o encontro ante o Villestro que quedara 0-1 a falta de 11 minutos.
A que leva máis sorpresas é a Liga da Costa, coas derrotas dos 3 de arriba. O Club do Mar perdía en Baio, o Camariñas en casa ante o Corme e o Fisterra xa caía onte en Corcubión. Así, Malpica, Corme e Baio achéganse aos 3 de arriba, pero aínda hai unha boa fenda.
Por abaixo, venceron os apurados San Lorenzo e Mazaricos, o que apreta a zona entre os do Pino Val e o Nantón, con tan só 3 puntos entre 5 equipos.
Na
3ª da Costa, o partidazo da xornada non defraudou, e Miraflores viviu un ambiente de 1ª División para ver o
Volantes-Carnota. Finalmente os de Cambeiro levaron o partido por un apretado 3-4 que os mantén moi preto do
Cabana (que descansaba esta semana), mentres que os muradáns vén freada a súa boa liña e quedan a 4 puntos do 5º, o veciño
Montelouro. Por detrás o
Outes daba conta do Soneira B, e o propio
Montelouro do Camelle, con máis sufrimento do esperado. Foi o
Coristanco o que non sumaba os 3 puntos, ante un Lira especializado en machacar aos de arriba.
Comezaron as novas
Ligas Xuvenís con especial atención á Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, que enfronta aos 4 mellores do norte cos 4 mellores do sur. E tivo resultados importantes, como a vitoria do campión do Norte, o Malpica, ante o campión do Sur, o Cee, que supón a primeira derrota dos de José Carlos na tempada. Ademais o Dumbría B asinaba un claro 6-0 ante o Santa Comba, recuperándose do 9-2 da semana pasada en Malpica e presentando candidatura. O Baio daba un varapao ao Camariñas mentres que Corcubión e Soneira empataban a 1.
E en
Veteranos xogábase un encontro clave na 1ª División entre
Corcubión e
San Roman. Os visitantes sorprendía e superaban cun 0-2 ao Corcubión na táboa, quedando, iso si, empatados con 41 puntos.
LCFs
Ademais, esta fin de semana tiñan lugar en Corcubión as Finais, sen Liga, das Ligas Comarcais de Fútbol en categorías base. Unha mágoa que non haia ligas coa de cativos que teñen todos os equipos, e xa hai unha morea de adestradores que buscan
relanzar o fútbol sala en idade escolar con ligas longas e Concellos e Monitores deportivos implicados.
Así, estes foron os resultados:
- Alevíns: Carnota - Corcubión (2-1).
- Infantís: Carnota - As Baleas (2-1).
- Benxamíns: Cee - Fisterra (Cee por penaltis).
Preferente, xornada 22
Laracha |
2-2 |
Soneira |
Ribadeo |
3-1 |
Santa Comba |
Xallas |
3-0 |
Foz |
Dumbría |
1-3 |
Chantada |
1ª Autonómica, xornada 21
Ponteceso |
1-4 |
Olímpico |
Vizoño |
3-1 |
Cee |
Cee |
0-1* |
Villestro |
* Encontro que fóra suspendido na x.18 e do que se disputaba este sábado os 17 minutos sen que se movera o marcador.
2ª Autonómica, xornada 21
Corcubión |
1-0 |
Fisterra |
Buño |
0-1 |
Sofán |
O Pindo |
0-1 |
Malpica |
Nantón |
0-2 |
Dumbría B |
Mazaricos |
1-0 |
Zas |
San Lorenzo |
3-0 |
Muros |
Camariñas |
1-2 |
Corme |
Baio |
2-0 |
Club do Mar |
Castriz |
2-3 |
Esteirana |
3ª Autonómica, xornada 25
Atl. Pereiriña |
1-7 |
Laxe |
Xaviña |
1-3 |
Muxía |
Volantes |
3-4 |
Carnota |
Coristanco |
3-3 |
Lira |
Montelouro |
2-1 |
Camelle |
Corcoesto |
1-1 |
Fisterra B |
Alcaián |
1-3 |
Cerqueda |
Outes |
8-0 |
Soneira B |
Porteño |
4-2 |
Indep. Carballo |
Liga Nacional Xuvenil, xornada 20
Liguilla Previa de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 1
Corcubión |
1-1 |
Soneira |
Camariñas |
1-4 |
Baio |
Malpica |
4-2 |
Cee |
Dumbría B |
6-0 |
Santa Comba |
Copa da Costa Xuvenil, xornada 1
Grupo 1
Dumbría |
21/02 - 11:00 |
Zas |
Esteirana |
5-3 |
Coristanco |
Outes |
2-1 |
Fisterra |
Grupo 2
Mazaricos |
3-2 |
Ponteceso |
Muros |
1-2 |
Corme |
Descansa Cabana |
División de Honra Cadete, xornada 20
Bergantiños |
1-3 |
Pab. Ourense |
2ª Cadete, xornada 21
Soneira |
3-0 |
Ponteceso |
Cabana |
5-1 |
Muxía |
Muros |
4-2 |
Malpica |
Cee |
5-0 |
Zas |
Outes |
3-2 |
Camariñas |
Porteño |
1-2 |
Coristanco |
Santa Comba |
4-0 |
Fisterra |
Baio |
3-5 |
Esteirana |
2ª Infantil, xornada 21
Ponteceso |
7-3 |
E.M.F. Vimianzo |
Santa Comba |
3-1 |
Coristanco |
Outes |
2-2 |
Fisterra |
Cee |
4-1 |
Corme |
Muxía |
1-3 |
Esteirana |
E.D. Os Miudos |
0-3 |
Con. de Carnota |
Dumbría |
23-0 |
As Baleas |
Ligas de Veteranos, xornada 19
1ª División
Castriz |
3-0 |
Xv. Bergantiños |
Camariñas |
0-1 |
Cabana |
Baio |
2-2 |
Nantón |
Bergantiños |
2-1 |
Buño. |
Corcubión |
0-2 |
San Román |
San Lorenzo |
2-1 |
Bértoa |
Ponteceso |
2-1 |
Zas |
2ª División
Dep. Carballo |
1-3 |
Malpica |
Milagrosa |
3-2 |
Leiloio |
Sofán |
0-3 |
Corcoesto |
Corme |
2-1 |
Agualada |
Coristanco |
4-4 |
Camelle |
Club do Mar |
2-5 |
Muros |
Cerqueda |
0-5 |
Soneira |
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).