Resultados da fin de semana

Nova xornada completa de fútbol costeiro desta volta marcada polos brazaletes negros trala morte do muradán Dani Parroto a pasada fin de semana. A nova da xornada foi o ascenso do Corcubión, que onte vencía ao Muxía, e pon fin á 3ª da Costa a falta de unha xornada. Ademais, o Nantón deu un paso cara o título e vencei no Pino do Val ao Mazaricos por 0-2. Na 1ª Autonómica a cousa segue con cor costeira. E iso que Cee parece que se descolga, trala súa derrota nun partido clave ante o Unión no que foi gañando moitos minutos. Os de Pato quedan a 5 puntos de Dumbría e Xallas, que vencían e seguen líderes da 1ª. Os dumbrieses venceron con comodidade ao Zas e o Xallas gañou ao Imperátor por 3-0, que lles permite seguir mandando na Liga e sendo os máximos favoritos ao ascenso. Na Liga da Costa, a atención céntrase na zona de abaixo trala derrota do Camariñas (coa vitoria o Buño escapa da zona perigosa), que deixa o camiño libre ao Ponteceso cara o título. Por abaixo as cousas están moi apretadas. Corme e Baio empataron e non poden quedar tranquilos. Os que sumaron foron os xogadores de Gerpe do Porteño que venceron en Castriz con dous penaltis nos últimos minutos. Queda moito por decidir entre estes e equipos e o Carnota que non se rinde, e que sumará 3 puntos xa que o Vimianzo non se presentou. Tamén se disputou a ida dos Cuartos da Liga Xuvenil con encontros moi igualados.

Veteranos

Xa rematou a intensa Liga de Veteranos. O Bergantiños volve gañar a Liga, mentres que por abaixo descenden Camariñas e Atl. Milagrosa. Os que ascenden de 2ª División son o San Lorenzo e o Buño. Agora xa pensan na Copa da Costa de Veteranos 2011.

Preferente, xornada 33

Soneira 1-1 Boiro

1ª Autonómica, xornada 29

Dumbría 5-0 Zas
Unión 3-2 Cee
Xallas 3-0 Imperator

2ª Autonómica, xornada 29

Club do Mar 2-1 Dumbría B
Carnota (Susp.)* Vimianzo
Ponteceso 3-0 O Pindo
San Lorenzo 1-0 Fisterra
Malpica 5-0 Esteirana
Camariñas 1-2 Buño
Castriz 2-3 Porteño
Baio 2-2 Corme
Muros 1-1 Sofán
* Non se presentou o Vimianzo.

3ª Autonómica, xornada 29

Laxe 1-1 Indep. Carballo
Corcubión 2-0 Muxía
Coristanco 3-0 Lira
Corcoesto 2-1 Xaviña
Mazaricos 0-2 Nantón
Alcaián 2-0 Cabana
Atl. Pereiriña 1-5 Outes
Cerqueda 4-1 Muros B

Liga Nacional Xuvenil, xornada 26

Aler. Traviesas 27/03 - 16:00 Bergantiños

Copa da Costa Xuvenil, Ida dos Cuartos

Liga Galega Cadete, xornada 23

Santa Comba 1-0 Imperator
Campus Stelae 0-2 Bergantiños

Segunda Cadete, xornada 25

Bergantiños B 2-3 Cabana
Outes 3-3 Coristanco
Muros 1-1 Baio
Soneira - Fisterra
Ponteceso 1-5 Dumbría
Cee 3-0 Corme
Con. de Carnota 2-3 Esteirana

Ligas de Veteranos, xornada 26

1ª División

Corcubión Vet. 2-3 Ponteceso
Bértoa 6-2 Cabana
Xv. Bergantiños 2-1 Nantón
Baio 2-3 Vimianzo
Camariñas 1-3 San Román
At. Milagrosa 2-0 Castriz
Zas 0-1 Bergantiños

2ª División

Porteño 2-0 Cerqueda
Corme 3-3 Dep. Carballo
Corcoesto 5-2 Malpica
Club do Mar 3-1 Coristanco
Leiloio 2-1 Agualada
Sofán 1-3 Buño
Muros 0-5 San Lorenzo

Máis información

Novas relacionadas

Entrevistas QPC Deportes

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).