Venres. 29.03.2024
El tiempo

Resultados da xornada sabatina de #futboldacosta

Resultados da xornada sabatina de #futboldacosta

E sen parada (De tolemia, como apunta Alberto Pose), xa comezaron os cuartos da Copa da Costa. E xa o fixeron onte venres, para que a familia do Cabana puidese disputar 3 partidos seguidos a estas alturas da tempada. Onte os cabaneses, sen moita tensión, e pensando máis na Fase do domingo, caían 0-2 ante o Dumbría, que tamén xoga mañá na Preferente.

Na Copa había hoxe 3 partidos, xa que o Camariñas-Corme será o domingo. Pero a eliminatoria estrella, a que máis prometía, queda solventada co 2-5 que o Santa Comba lle endousou ao Soneira, tras 5 minutos finais de desconcerto soneirán. Un Soneira, que evidentemente pensa máis na Liga e reservaba moitos efectivos para o partido de mañá. Pola súa banda, o Santa Comba busca resarcirse de non ter acadado o ansiado ascendo e pensa, e moito, na Copa. Por certo, un choque que vivirá a segunda parte mañá na Liga e a terceira a semana que vén... como se fosemos da Champions
Ademais, o Cee superaba pola mínima ao Xallas, e deixa un 2-1 para a volta. E se por Santa Comba están soñando cunha semifinal de derbi, o Cee quere meterse e tamén quere quitarse o mal sabor do descenso demostrando por que é o Rei de Copas.

E hoxe tivo lugar a ida da Final da Copa Xuvenil nas Redondas. Cun choque apretadísimo, que deixa todo aberto para San Andrés.

En xuvenís tamén hai que destacar que o Baio xa ten rival, o San Marcos de Santiago, que por certo, xoga en campo de terra. Pola súa banda, o Malpica pensa no Lalín ou Estrada.

Copa da Costa, Ida dos Cuartos de Final

20-05 / 18:00 Camariñas - Corme--
0-2Cabana - Dumbría--
2-1Cee - Xallas--
2-5Soneira - Santa Comba--

Copa Xuvenil, Ida da Final

2-2Cabana - Zas--

Promoción de Ascenso á 2ª Autonómica

20-05 / 18:00Volantes - Cerqueda--
20-05 / 18:00Cabana - Montelouro--

Preferente, xornada 37

Dumbría 20/05 - 18:00 Boiro
Xallas 20/05 - 18:00 Unión
Soneira 20/05 - 18:00 Santa Comba

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios