Esta fin de semana quedou marcada pola morte de 2 rapaces de 20 anos nun accidente de tráfico en Corcubión, ocorrido na madrugada do sábado ao domingo. O fútbol da Costa púxose de loito e, de feito, o Montelouro-Carnota foi suspendido pois un dos falecidos era carnotán.
A xornada chegou con máis incidencias, como a lesión de Miguel Camarón, que rompeu un pé e tivo que saír en ambulancia.
E xa centrándonos no fútbol, o partido da semana era ese derbi xalleiro, onde o cadro laranxa puido co verde nun ambiente de auténtica festa. Con todo, o poderoso Santa Comba non foi moi superior ao cadro de Iván Cancela, pero con estes 3 puntos xa se mete no podio.
O que si venceu con claridade foi o Soneira, que sumou a primeira vitoria da temporada e xa alcanza a un Dumbría que volveu de Viveiro cun puntiño.
Na 1ª Autonómica, non foron boas as novas dos nosos. O Cee, tras adiantarse dúas veces ante o Vizoño, quedou cun só punto no peto. Peor lle foron as cousas ao Ponteceso, que con 11 xustos máis varios xuvenís, volvía de baleiro de Vilaboa.
A Liga da Costa segue como estaba. O Club do Mar segue dando argumentos para situalo como gran favorito. Pero por detrás, Dumbría B, Malpica e Camariñas demostraron que non llo van deixar fácil e volveron sumar 3 puntos ante Nantón, O Pindo e Corme.
Por abaixo, O Pindo segue sen sumar, con Corcubión e San Lorenzo cun só punto. O Mazaricos dá síntomas de mellora co seu empate en Zas.
A 3ª Autonómica chega marcada polo suceso e a suspensión do partido da xornada entre o ata onte líder e o aspirante Carnota. Agora ocupa o primeiro posto un Outes que parece ir en serio e hoxe facía 8 ao filial fisterrán. O Alcaián segue apuntando alto e sufría pero superaba pola mínima ao Independiente, igual que o Porteño co Soneira B. Cabana, Cerqueda (que descansaba) e Volantes tamén amosan a cabeza por arriba.
Nas Ligas xuvenís vanse marcando diferencias. Polo Norte o Dumbría B segue abusando, pero nin Malpica nin Cabana vanllo poñer fácil. Polo Sur, o Cee é o que mellor comeza, co Outes pegado.
Preferente Norte, xornada 5
| Soneira |  2-0 | Bertamiráns  | 
| Santa Comba |  2-0 |  Xallas  | 
| Viveiro |  2-2  | Dumbría | 
1ª Autonómica, xornada 4
| Cee |  2-2  | Vizoño | 
| Olímpico |  3-1 | Ponteceso | 
2ª Autonómica, xornada 4
| Fisterra  | 4-2 |  Corcubión | 
| Club do Mar  | 4-2  | Baio | 
| Esteirana  | 2-2 |  Castriz | 
| Sofán  | 2-2  | Buño  | 
| Malpica  | 4-1  | O Pindo | 
| Dumbría B  | 4-2  | Nantón | 
| Zas | 1-1  | Mazaricos | 
| Muros  | 2-0 | San Lorenzo | 
| Corme |  0-3 |  Camariñas  | 
3ª Autonómica, xornada 5
| Atl. Pereiriña  | 0-1 | Xaviña | 
 
| Volantes  | 4-1 | Lira | 
| Muxía  | 0-5  | Cabana | 
| Coristanco  | 2-3  | Laxe | 
| Montelouro  | Susp. |  Carnota | 
| Corcoesto  | 4-7 |  Camelle  | 
| Outes |  8-0 | Fisterra B | 
| Porteño  | 1-0 | Soneira B | 
| Alcaián |  1-0 |  Indep. Carballo | 
Liga Nacional Xuvenil, xornada 2
| Calasancio  | 2-1 |  Bergantiños | 
Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 2
| Esteirana |  0-4 |  Cee | 
| Dumbría |  2-2  | Santa Comba | 
| Muros |  0-3  | Outes | 
| Corcubión |  5-1 |  Mazaricos | 
| Fisterra |  4-2  | Soneira | 
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 4
| Laxe  | 0-8 |  Dumbría B | 
| Zas  | 1-4 |  Malpica | 
| Baio  | 2-1 |  Ponteceso  | 
| Cabana  | 4-1 | Muxía | 
| Corme  | 1-1 |  Coristanco | 
División de Horna Cadete, xornada 2
| Bergantiños  | 2-1 |  Colegio Hogar | 
2ª Autonómica Cadete, xornada 2
| Fisterra  | 2-3 | Cabana | 
| Esteirana |  1-2 |  Soneira  | 
| Ponteceso |  2-1  | Muros | 
| Zas |  0-11 |  Camariñas | 
| Dumbría  | 5-1 |  Baio | 
| Malpica  | 1-1  | Outes | 
| Muxía  |  2-12 | Cee | 
| Coristanco  | 0-7 |  Santa Comba | 
2ª Autonómica Infantil, xornada 2
| Coristanco  | 24/09 - 11:30  | E.D. Os Miudos | 
| Esteirana |  10-2 |  Baio | 
| E.M.F. Vimianzo |  0-7  | Santa Comba | 
 
| Con. de Carnota |  2-5 |  Cee | 
| Corme  | 7-1 |  As Baleas | 
| Cabana  | 5-2 |  Outes | 
| Fisterra  | 3-1  | Muxía  | 
Ligas de Veteranos, xornada 3
1ª División
| Castriz  | 4-0 |  Vimianzo | 
| Camariñas  | 1-3 |  Xv. Bergantiños | 
| Baio  | 3-3 |  Cabana | 
| Bergantiños  | 2-0 |  Nantón | 
| Corcubión  | 4-0 |  Buño  | 
| San Lorenzo  | 1-0 |  San Román | 
| Ponteceso  | 1-3 |  Bértoa | 
2ª División
| Dep. Carballo  | 52 |  Porteño | 
| At. Milagrosa  | 2-1 |  Malpica | 
| Corcoesto  | 0-0 |  Leiloio | 
| Coristanco  | 6-1 |  Agualada | 
| Club do Mar  | 1-3 |  Camelle | 
| Cerqueda  | 3-1 |  Muros | 
| Corme  | 12-10-2011 |  Sofán | 
Novas relacionadas
Máis información
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte