Resultados e análise dunha xornada clave no Fútbol da Costa

Noxa xornada completa de Fútbol da Costa marcada pola presentación do libro dos 50 anos do Fútbol da Costa da man de Chema Rei e Xosé María Lema Suárez. Unha cita emotiva que demostra unha vez máis que somos moito máis que unha liga de fútbol modesto.

Sen máis, comezamos o repaso pola Preferente - Senra Sport, con doble derrota dos equipos costeiros, se cadra xa ca cabeza máis na Copa, unha vez que a permanencia está practicamente asegurada a falta de 4 partidos.

A Esteirana practicamente descendida

Non lle vale á Esteirana nin gañar todo para salvarse. Hoxe facía os deberes en Pedra Queimada, nun dos derbis da 1ª, pero sorpendía a vitoria do Silleda a todo un Villestro, o líder, que deixa as cousas máis que complicadas para os de Pedrosa, a pesar do bo final de temporada.

Polo demais, o derbi soneirán achega máis arriba ao Baio ao Puebla, e pelexará ata o final pola promoción, a pesar de telo case imposible. Algo que xa esquezou o Sofán, que segue reservando xente para a Copa, pola que aposta decididamente. Ademais o Corme segue escadando nesta fulguranta segunda metade da temporada e parece que vai rematar entre os 8 primeiros.

O Zas, máis preto do título

Non fallou o Zas ante o seu veciño da montaña, o Baíñas, e mantén a lixeira vantaxe ante Outes e San Lorenzo que tampouco fallaron ante Cabana e Camelle. Quedan dous partidos e os de Iván Cancela teñen 1 punto sobre os de Manu Roque e dous sobre os de Pedro Gómez.

Por abaixo, perderon todos os que están metidos na pelexa por evitar as dúas prazas de descenso en xogo, a oficial e a que provocará o practicamente seguro arrastre da Esteirana. Iso, se non ascende o equipo que xogue a Promoción de ascenso á 1ª, é dicir o segundo da Liga da Costa. O Cabana caía co Outes, pero é que o Montelouro facía o propio co Mazaricos e o Seaia co Volantes, polo que segue quedando safo o Cabana, con 3 puntos máis que Montelouro e 4 que Seaia, ca auga xa polo pescozo.

O Cerqueda certifica o ascenso

Impresionante o Cerqueda de Emilio Uzal, co ascenso matematicamente asegurado a falta de 4 xornadas. Os cerquedáns vencían ao Corcubión e xa celebraron o ascenso e acariñan o título. O Ameixenda non fallou ante o Laxe e mantén a vantaxe sobre o Coristanco na pelexa polo ascenso directo. Un Coristanco sufría nun duro final de partido ante o Lira pero sacaba 3 puntos que os deixa a outros tanto do ascendo directo.

Na loita pola Promoción, o Nantón meteuse de cheo de novo tras vencer ao Muxía, deixando fóra dos postos a día de hoxe ao Corcubión.

As Copas Base

Intensa xornada copeira na base costeira, coa ida das semis en xogo. Saben que teñen o cadro actualizado ao instante en www.copadacosta.com, un cadro que deixa nos Xuvenís ao gran favorito, o Dumbría, cun pé na final, tras vencer 0-2 en Santa Comba, na que podía ser a final adiantada. Na outra eliminatoria, o Corcubión segue demostrando que non está de paso e empatou en casa ante a potente Esteirana que leva unha segunda metade de temporada espectacular.

Xa nos Cadetes, o actual campión de Liga, o Corme, sufríu para vencer ao Fisterra e leva unha rena mínima para a volta. No outro lado, o Cee puxi un pé e medio na final tras sacar un 0-3 do Pinguel.
E xa nos Infantís, parece que temos a final decidida. O Campión de liga deu conta do seu liderato e endosou unha goleada a un Fisterra que pelexou na Liga ata o último momento, e estará na final, case con seguridade, ante o Outes, que vencía 4-1 ao Coristanco.

O San Román dá a volta nos Veteranos, e xa pensan na Copa

Menudo vuelco pegaron os Veteranos nas dúas últimas xornadas. Vencía o Coristanco ao San Román cando quedaban dúas xornadas e tiña todo de cara. Pero non fixo os deberes e o San Román rouboulle no último suspiro o título de Liga. Remata pois co San Román collendo precisamente o relevo do Coristanco como campión da 1ª División.

Ademais, por abaixo tamén había lío e será o Xuv. Bergantiños o que acompañe ao Castriz no descenso a 2ª, sendo Erbecedo e Agualada, co primiero campión da 2ª, os que collan as súas prazas.

Uns Veteranos que xa pensan na Copa da Costa, da que queda así o cadro, sempre activo en www.copadacosta.com:


Preferente - Senra Sport, xornada 34

Chantada5-2 Xallas StComba
Dumbría0-2O Val

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 32

Baio2-1Soneira
Corme2-0Cordeiro
Malpica0-1Esteirana
Sigüeiro4-2Sofán

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 32

San Lorenzo14-0Camelle
Fisterra1-0Porteño
Volantes6-3Seaia
Outes4-2Cabana
Ponteceso2-0Cee
Mazaricos4-2Montelouro
Carnota1-0Buño
Baíñas1-2Zas
Camariñas0-2Castriz

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 32

Cerqueda2-0Corcubión
Nantón3-1Muxía
Ameixenda4-2Laxe
Lira1-2Coristanco
  • Descansa Castrelo.

Copa da Costa Xuvenil, Ida das Semis

Copa da Costa Cadete, Ida das Semis

Copa da Costa Infantil, Ida das Semis


División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 33

Arosa1-1Dumbría

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría - Play Off Descenso Norte Impar, xornada 9

Dumbría1-2Santiago

F8 Alevín Costa Norte, xornada 8

Corme8-0Baio
Cabana5-2Muxía
Zas2-1Vimianzo
  • Descansa Coristanco.

F8 Alevín Costa Sur, xornada 24

Lira3-6Dumbría B
As Baleas1-7Fisterra
Esteirana B1-12Dumbría
Esteirana A1-5Outes A
Os Miúdos A11-1Cee B
Os Miúdos B0-8Cee A
Sofán1-2XSC A

F8 Benxamín Costa Sur, xornada 24

XSC B2-5Dumbría
As Baleas2-5Fisterra
Os Miúdos A1-1Cee B
Os Miúdos B3-3Cee
Esteirana0-3Outes
Sofán4-4XSC A

F8 Prebenxamín Costa, xornada 8

Outes21-1Lira
Esteirana2-8Dumbría
Xallas StComba9-2Baio
Cee6-3Fisterra
Corcubión2-1As Baleas

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 30

Soneira4-3At. Milagrosa
Ponteceso1-1Laxe
Xv. Bergantiños4-3Dumbría
Coristanco0-1Hosgran
Castriz2-3Cabana
Bértoa1-2San Román
Zas4-2Baio
  • Descansa o San Lorenzo.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 30

Leiloio2-1Malpica
Porteño3-1Poniente
Agualada1-0Cerqueda
Buño1-3Sofán
San Isidro-Razo3-0Camariñas
Erbecedo2-1Corcoesto
Vimianzo1-3Dep. Carballo
  • Descansa Nantón.

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).