Ligas Galegas: O XSC dá un novo paso cara a permanencia



Xornada importante para o XSC da Liga Galega Cadete. E imos nun vaivén, pois se a semana pasada era mala, esta foi positiva. Vencía en Boiro o equipo de Corredoira e aproveitaba a derrota do Orillamar en Arteixo para deixalo 2 puntos por abaixo. Quedan dúas xornadas de infarto ás que o cadro xalleiro chega dependendo de si mesmo. A semana que vén recibe precisamente ao cadro arteixán para rematar a campaña no campo herculino do Calasanz, cando o Orilla, o rival directo, terá que enfrontarse ao líder, un Conxo que está man a man co Depor B loitando polo título.
Polo de mais, tivo tempo o Dumbría da DH, ca permanencia asegurada de dar minutos a xogadores que serán importantes o ano que vén. Mentres, os infantís dumbrieses seguen dando a cara coma sempre, e tendo tan mala sorte coma soe ser habitual este ano. Competir, seguen competindo que dá gusto velos.
División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 32
- Resultado:: Dumbría - Pab. Ourense (1-1)
- DUMBRÍA: Isma, Esteban, Xabi, Pablo, Josiño, Jose, Luís (Gabi, min.64), Cristian (Xabi, min.52), Brandón (Eloy, min.67), Mario (Adrián, min.60) e Fabio.
- Goles: 0-1, min.11; 1-1, min.70: Josiño.
Partido entretido entre o Dumbría e o Pabellón de Ourense, a pesar de xa non xogarse nada ningún dos dous equipos coa categoría xa salvada para ámbolos dous. O Dumbría presentaba un equipo moi novedoso con moitos xogadores que non dispuxeron de moitos minutos durante esta tempada pero que sen dúbida serán importantes o próximo ano na DH cadete.
Na primera meta de foi mellor o Pabellón de Ourense que conseguiría o seu gol no 11' por medio de Fernando e terca alguna oportunidades máis ás que respondía perfectamente o porteiro dumbriés Isma, debutante na categoría. Xa na segunda metade mellorou o Dumbría e conseguía o gol no 70', obra de Josiño para situar o definitivo 1-1 no marcador que deixaba satisfietos os dous equipos.
Liga Galega Cadete, xornada 32
- Resultado:: Boiro - Xallas StComba (1-2)
- XSC: Rubén, Raúl, Alberto, Pablo, R; Thiago, Juanjo; Adrián (Óscar), Juan Lois, Carlos Rieiro e Pablo Grille (Manuel).
- Goles: 1-0, min.12; 1-1, min.15: Juan Lois; 1-2, min.65: Carlos Rieiro.
Vitoria meritoria do XSC no terreo do CD Boiro, nun encontro tremendamente disputado de lado a lado, cun primeiro tempo moi igualado, con inicio forte dos locais, que se adiantaron no marcador, e rápida resposta dos xalleiros, que puxeron o 1-1 respondendo dese xeito ao golpe local.
Nesta primeira metade, o partido foi intenso e con poucas ocasións de gol, cun Boiro que intentou levar a batuta do xogo e un Xallas que, tras verse por baixo no marcador, presionou con máis intensidade e buscou primeiro igualar e logo adiantarse no marcador, pero sen conseguir o seu obxectivo.
Na segunda metade, mantívose a tónica, cun Xallas que quería gañar o encontro e un Boiro que, en principio, buscaba a contra. Pero o gol de Carlos Rieiro cambiou o panorama, pois o XSC soubo controlar perfectamente as acometidas locais e, ao contragolpe, puido conseguir aumentar a súa vantaxe en varias oportunidades desaproveitadas. A mellor ocasión do Boiro, a balón parado, foi abortada por un Rubén que se mostra a un gran nivel neste final de tempada, ben secundado polos seus compañeiros de zaga.
Ao final, tres importantes puntos que seguen dándolle ao XSC posibilidades de alcanzar a permanencia na categoría.
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría - Play Off Descenso Norte Impar, xornada 8
- Resultado:: Residencia - Dumbría (1-0).
- DUMBRÍA: Juan (Breogán, min.55); Sergio, Samuel, Luís, Álex; Moisés, Adrián; Ángel Sestayo, Mateo, Xan e Brais Tajes (Brais Mtnez, min.27).
- Gol: 1-0. min.73.
Gran cara a que presentou o Dumbría infantil na súa visita a Lugo para enfrontarse contra un Residencia que, pese a gañar pola mínima os dous partidos cos costeiros desta segunda fase, non foi merecedor de tanto premio. O Dumbría ademais sobrepúxose a varias baixas trascendentes, incluso cun lesionado no banquillo, Berto, por si habia que tirar del nuns minutos.
O cadro de Pablo Conde e Huelvis presentouse na Cheda moi sólido, solidario no esforzo e vertical, cun Tajes punzante desde o primeiro minuto, e con moito descaro de Mateo, Sestayo e Xan. Os locais tentaban con balóns longos gañar a espalda da defensa dumbrinesa, pero tanto Luis coma Samuel foron dous muros, perfectos na contención.
Antes da desafortunada lesión de Tajes, estaba xerando moito perigo. Unha xogada del acabou en corner, e no saque de Adrián, Sestayo tivo unha ocasión inmellorable na área pequena. Antes do descanso, dúas combinacions de Mateo e Sestayo acabaron con claras ocasións... pero sin premio.
No segundo tempo, o cansancio empezou a facer mella no Dumbría. Aínda. así, apenas cedeu ocasións. Só unha boa parada de Juan diante dun dianteiro lucense. O Dumbría tivo a súa mellor, nun gran pase de Adrián, que Mateo, logo de superar por potencia os centrais do Resi, e a súa vaselina saiu a rentes do longueiro.
Na recta final do encontro, o Residencia, con rapaces potentes de refresco, volcouse máis, sin demasiada pegada. Só unha internada pola esquerda, q acabou nun centro-chut, que caeu nos pés no dianteiro local, para materializar o gol da victoria. Faltaban 7 minutos, e o Dumbría intentouno, con corazón, orgullo, pero sin demasiadas forzas xa. E non puido neutralizar o gol do Residencia.
Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría
- X.31: Ligas Galegas: O Dumbría ratifica a súa permanencia na DH Cadete.
- X.30: Novo paso clave do XSC.
- X.29: O XSC albisca a salvación.
- X.28: Mala e triste xornada.
- X.27: O XSC complícase a vida.
- X.26: 4 puntos in extremis que saben a permanencia e unha derrota que doe.
- X.25: 3 realidades distintas para os equipos costeiros:
- X.24: Un paso de xigante e outro atrás.
- X.23: Sen perder a ilusión.
- X.22: O Dumbría Infantil pensa xa no Play Off por evitar o descenso.
- X.21: Moita loita e pouco resultado.
- X.20: Dous puntiños para seguir sumando.
- X.19: Unha gran vitoria e dúas previsibles derrotas.
- X.18: Dúas derrotas ante os grandes e unha vitoria que tranquiliza.
- X.17: Xsc e Dumbría de Cadetes comezan o ano con resultados dispares nas súas ligas.
- X.16: Esperando o turrón para recuperar folgos.
- X.15: Dúas remontadas para a esperanza.
- X.13: Doble xornada dispar para os cadetes xalleiros e dumbrieses.
- X.12: Unha gran vitoria a domicilio.
- X.11: Unha vitoria e dúas derrotas con distinto sabor.
- X.10: O XSC pega o estirón.
- X.9: Dous empates e mellores sensacións.
- X.8: Un punto histórico que sabe a ouro.
- X.7: Pleno en casa.
- X.6: O XSC tamén sabe gañar.
- X.5: Dúas vitorias que puideron sen tres.
- X.4: Merecendo máis.
- X.3: Mala sorte.
- X.2: Primeiros puntos, pero faltan os goles.
- X.1: 3 severas derrotas pero boas sensacións.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: O Ameixenda non desaproveita o descanso do Coristanco.
- 2ª Autonómica: O Outes devolve a emoción á Liga da Costa.
- 1ª Autonómica: Á Esteirana non lle chega con gañar.
- Preferente: Un gol de Vía Rápida dalle o derbi ao XSC e case sela a permanencia.
- Resultados e análise dunha xornada con absolutamente de todo no Fútbol da Costa.
Primeiros títulos colleitados
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”.
- O Dumbría CF tamén forma, en clave psicolóxica, en familia.
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Colaboran Joaquín Quintáns, Corredoira e Huelvis.