Resultados e análise dunha xornada con absolutamente de todo no Fútbol da Costa


Nova e completa fin de semana de Fútbol da Costa. Mentres temos a cabeza xa posta na Presentación do Libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”, un proxecto espectacular de Xosé María Lema Suárez e Chema Rei, que demostran que somos “moito máis ca unha liga de fútbol modesto”.
Xa no deportivo, tivemos unha xornada espectacular, con títulos en xogo, derbis vitais, polémicas e choques fantásticos. E coma sempre, arrincamos pola Preferente - Senra Sport, onde había un fermoso derbi costeiro. Fontela recibía unha boa entrada para ver un partido duro e igualado, que resolvía no treito final o equipo máis necesitado, un XSC que con estes 3 puntos case que sentencia a súa permanencia.
A Esteirana non lle chega co seu
Fixo os deberes a Esteirana, pero parece que tarde. A súa vitoria no derbi ante o Corme non lle valeu para ter máis cerca a permanencia. Os resultados non lle favoreceron, pois o Lesende puido co Malpica e o Amio co Silleda, deixando a permanencia a 6 puntos con 9 en xogo.
Na parte alta, o Baio pasa ao Sofán despois de vencer ao Cordeiro e aproveitar a derrota do cadro carballés ante un implacable líder. O cadro baiés queda a 5 da Promoción.
Xornada vital na Liga da Costa
Tocaba finalísima en San Andrés. O Outes, 2º, visitaba ao líder, e unha vitoria do Zas practicamente lle daría media 2ª Autonómica - ES Bazarra a falta de 3 xornadas: pero o Outes devolve a emoción á Liga da Costa, tras vencer 0-1 quedando a só 1 punto do liderato. O San Lorenzo tamén o aproveitou, vencendo na Grixa, e colocándose a 2 puntos do liderato. Os tres xogaranse o título e a praza de Promoción.
Pola zona baixa a cousa está quente, e máis sabendo que o descenso da Esteirana está máis preto. Tres equipos pelexan por evitar 3 prazas, se ben o Porteño non se pode despistar despois de caer ante o San Lorenzo. O Cabana foi o máis beneficiado vencendo ao Volantes, e suma 3 puntos máis que o Montelouro, que empatou co Ponteceso, e 4 máis que o Seaia, que non podía co Fisterra.
Falta menos na 3ª
Non falla o Cerqueda que a falta de 5 partidos queda máis preto do título. Por detrás o Ameixenda aproveitou o partido de descanso do Coristanco para coller unha renda de 3 puntos de cara a esta recta final, despois de vencer ao Castrelo pola mínima. Ademais, había dous choques directos na loita pola Promoción. Muxía e Lira empataban e o Corcubión lle daba a volta á clasificación vencendo ao Nantón, facendo inútiles as liñas coas que chegaban os dous equipos á xornada. Agora o cadro corcubionés ten 2 puntos máis que os cabaneses, que quedan provisionalmente fóra dos partidos.
As Copas de base
Xa temos semifinalistas das Copas da Costa Xuvenil, Cadete e Infantil, que sabedes teñen os seus cadros actualizados segundo rematan os partidos en www.copadacosta.com.
En todo caso, os Xuvenís foron protagonistas polos líos máis que polo fútbol. E a cousa foi seria en Camariñas. Os xogadores xalleiros e o colexaido denunciaron varias ameazas, algunha agresión e mesmo tiveron problemas para saír pois uns rapaces colocaron unhas pedra na estrada impedindo a saída do autobús. Parece que os responsables non foron membros do Camariñas, e de feito a directiva portouse moi ben co cadro xalleiro. En todo caso, o martes contarémolo todo polo miúdo, con imaxes e vídeos.

No deportivo, os xalleiros, tras unha semifinal tensa e agónica, enfrontaranse ao Dumbría nunha das semifinais, nun dos mellores partidos que se pode ver da categoría. Polo outro lado do cadro, o Corcubión completou a sorpresa aguantando ao Cabana e vencendo polo valor doble dos goles, e terá en fronte a unha Esteirana que remontou con forza ao Fisterra.
Nos Cadetes, o Corme, despois de gañarlle a Liga ao Cabana, tamén o botou da Copa, e enfrontarase a un Fisterra que foi moi superior ao Muxía. Polo outro lado, Ponteceso e Cee buscarán o pase á final.
E xa nos Infantís, non houbo sorpresas. Fisterra e XSC, o actual campión, enfrontaranse nun lado, e o Outes, que xa tiña medio pé nas semis, tocaralle pelexar co Coristanco, que sufriu tinta para superar ao Ponteceso.

Ligas Galegas
Empatiño do Dumbría na DH, manténdose sen perigo, mentres o XSC da Liga Galega, en plena pelexa pola permanencia, acadaba unha gran vitoria en Boiro que lle permite deixar 2 puntos por abaixo ao Orillamar a falta de 2 xornadas.
Ademais, os infantís do Dumbría seguen sen sorte e perdendo, pero dá gusto ver como compiten e onte caían pola mínima ante o Residencia.
O Coristanco non sentenza a Liga de Veteranos
Estaba a un punto o Coristanco para certificar o título. Pero deixouno todo para a última xornada, tras caer ante o necesitado Cabana e non pode perder na última xornada
Tamén hai lío por abaixo na 1ª División. O Castriz caía ante o San Román e di adeus á categoría, pero Cabana e Xuv. Bergantiños parecen empeñados en pelexar ata o últimos suspiro. Ambos gañaban a xente de arriba (e tanto, pois o cadro cabanés vencía ao líder) e queda cun punto máis para a última xornada, onde o Cabana xogará ante o descendido Castriz, mentres o Xuv. recibe ao Dumbría. Ao Cabana válelle facer o mesmo que o cadro carballés.
Ademais, en 2ª División, Erbecedo e Agualada, xa ascendidos, pelexarán polo título na última xornada despois de vencer os seus partidos.
Uns Veteranos que xa pensan na Copa, e por iso o Comité convoca a unha reunión este 24 de abril ás 21:30h no Salón de Actos do Local da 3ª Idade de Neaño, Cabana, co Sorteo de Copa como punto forte.
Preferente - Senra Sport, xornada 33
Xallas StComba | 1-0 | Dumbría |
1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 31
Sofán | 0-5 | Villestro |
Soneira | 0-0 | Flavia |
Esteirana | 2-1 | Corme |
Lesende | 1-0 | Malpica |
Cordeiro | 0-2 | Baio |
2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 31
Camelle | 4-5 | Buño |
Cabana | 4-2 | Volantes |
Porteño | 1-2 | San Lorenzo |
Seaia | 0-1 | Fisterra |
Cee | 4-2 | Baíñas |
Montelouro | 5-5 | Ponteceso |
Castriz | 2-0 | Mazaricos |
Carnota | 3-2 | Camariñas |
Zas | 0-1 | Outes |
3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 31
Corcubión | 6-2 | Nantón |
Laxe | 1-3 | Cerqueda |
Muxía | 3-3 | Lira |
Castrelo | 1-2 | Ameixenda |
Copa da Costa Xuvenil, volta dos Cuartos

Copa da Costa Cadete, volta dos Cuartos

Copa da Costa Infantil, volta dos Cuartos

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 32
Dumbría | 1-1 | Pab. Ourense |
Liga Galega Cadete, xornada 32
Boiro | 1-2 | Xallas StComba |
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría - Play Off Descenso Norte Impar, xornada 8
Residencia | 1-0 | Dumbría |
F8 Alevín Costa Norte, xornada 7
Cabana | 11-1 | Zas |
Corme | 1-1 | Coristanco |
Baio | 1-4 | Vimianzo |
- Descansa Muxía.
F8 Alevín Costa Sur, xornada 23
Cee A | 11-0 | Os Miúdos A |
Dumbría | 3-5 | Esteirana A |
Cee B | 1-4 | As Baleas |
Fisterra | 13-3 | Esteirana B |
Outes A | 6-1 | Lira |
Sofán | 2-0 | Dumbría B |
XSC A | 6-2 | Os Miúdos B |
F8 Benxamín Costa Sur, xornada 23
Cee | 0-8 | Os Miúdos A |
Dumbría | 2-2 | Esteirana |
Fisterra | 12-2 | XSC B |
Cee B | 4-3 | As Baleas |
Outes | 14-1 | Lira |
XSC A | 11-0 | Os Miúdos B |
F8 Prebenxamín Costa, xornada 7
Dumbría | 7-2 | Corcubión |
Baio | 2-4 | Esteirana |
As Baleas | 0-7 | Outes |
Lira | 0-24 | Fisterra |
Cee | 21/04 - 19:00 | Xallas StComba |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 29
At. Milagrosa | 0-4 | Zas |
Laxe | 1-1 | San Lorenzo |
Dumbría | 3-2 | Ponteceso |
Hosgran | 1-3 | Xv. Bergantiños |
Cabana | 1-0 | Coristanco |
San Román | 4-1 | Castriz |
Baio | 2-0 | Bértoa |
- Descansa Soneira.
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 29
Nantón | 2-2 | Vimianzo |
Poniente | 1-6 | Leiloio |
Cerqueda | 1-1 | Porteño |
Sofán | 1-2 | Agualada |
Dep. Carballo | 1-6 | Buño |
Corcoesto | 1-2 | San Isidro-Razo |
Camariñas | 1-3 | Erbecedo |
- Descansa Malpica.
Crónicas da semana
- Veteranos: O Coristanco venceu na finalísima co San Román e repetirá título.
- Xuvenís: Só o Dumbría certifica o pase ás semis da Copa da Costa.
- Ligas Galegas: O Dumbría ratifica a súa permanencia na DH Cadete.
- 3ª Autonómica: Dúas pelexas abertas co Cerqueda ao seu.
- 2ª Autonómica: O Castriz dá adeus á Liga ante un Zas que non cede e demostra señorío.
- 1ª Autonómica: O Baio afunde á Esteirana.
- Preferente: Pleno para respirar.
- Resultados e análise dunha soleada xornada no Fútbol da Costa con títulos decididos.
Primeiros títulos colleitados
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”.
- O Dumbría CF tamén forma, en clave psicolóxica, en familia.
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).