Domingo. 05.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Outes devolve a emoción á Liga da Costa

2ª Autonómica: O Outes devolve a emoción á Liga da Costa
O Outes celebrando a vitoria en San Andres Estación de Servicio Bazarra patrocina a Liga da Costa - Coñécenos en www.bazarra.com

Impresionante a xornada 31 2ª Autonómica - ES Bazarra. Quedan 3 para o final e a vitoria do Outes en San Andrés déixao a só 1 punto do líder, un Zas que tivo o título na man pero que non puido co cadro da serra. Ademais, o San Lorenzo aproveitou para meterse de novo na pelexa, pois vencía na Grixa e queda a só 2 do liderato, e a 1 da Promoción, polo que será unha loita a 3 ben fermosa nestes 3 últimos partidos.

Por abaixo tamén 3 equipos, e case 4, pelexando por evitar 2 prazas de descenso, tendo en conta o máis que probable descenso da Esteirana, que provocará un arrastre. O Cabana sumaba 3 puntos de ouro e deixa a 3 ao Montelouro, que sae dos teóricos postos de descenso fixos despois de 30 xornadas tras empatar co Ponteceso, e a 4 ao Seaia, que caía ante o Fisterra, e que queda penúltimo. O Porteño, con 4 puntos sobre o cadro loureán, aínda non o ten todo claro, polo que quedan 3 xornadas intensas.


Camelle - Buño (4-5)

  • BUÑO: Toni; Miguel Dourado, Eloy, Diego, Fran; Juan, Emilio, David Dourado, Charro, Jorge Pombo e Víctor.
  • CAMELLE: Dimitri, Sikario del Amor, Martin, Valiña, Peseta, Tonsón, Josecho, Tedín, Sergio, Felisiano e Muxián.
  • Goles: 0-1, min.35: Charro; 1-1, min.38: Muxián; 2-1, min.47: Sergio de penalti; 3-1, min.55: Muxián; 3-2, min.55: Víctor; 3-3, min.68: Miguel Dourado; 3-4, min.69: Víctor; 4-4, min.76: Felisiano; 4-5, min.85: Eloy.

Partido de tolos no Rodeiro, no que o resultado evoca máis un partido de pretemporada, sen demasiada tensión defensiva. Dábase a circunstancia de que só contaban con 11 xogadores cada equipo, e os porteiros tiveron que xogar de arietes, marcando ademais dous tantos Muxián para os locais e Víctor para os visitantes.

Foi un partido igualado, no que o Camelle, a pesar da súa situación, segue dando a cara e competindo ata o final. E segue sen sorte, pois despois de outro partido de brega, nun choque que puido caer para calquera lado, marchou sen premio. Arrincaba mellor o Buño, adiantándose por medio de Charro, pero o meta Muxián e Sergio de penalti adiantaban aos ses antes do descanso. O 3-1 á volta dos vestarios daba conta da intención dos locais, pero o Buño sacou o orgullo e reaccionou cun Víctor enorme, autor de 2 goles. Aínda que volveu empatar o Camelle, pero un golazo do lesionado Eloy puxo o resultado definitivo.


Cabana - Volantes (4-2)

  • CABANA: Añón, Charly, Iván Treos, Pepe, Raúl, Miky (Adán), Moreno (Diego), Manolo Cruceiro (Manu Guillamet), Dani Mato (Berti), Iván Mato e Fernando (Eloy Pereira).
  • VOLANTES: Rubén, JUan, Maikel, Mayu, Javi, Óscar, Moja, Fran, Picho, Brais e Piti.
  • Goles: 1-0, min.43: Miky; 2-0, min.44: Charly; 3-0, min.55: Moreno; 3-1, min.65; Piti; 4-1, min.66: Miky; 4-2, min.70: Piti.

Chegaron moi xustos os muradáns ás Redondas ante un máis necesitado Cabana e a necesidade notouse. O Cabana tomou o mando e foi polo partido e a pesar de ter varias chegadas na primeira, non fmarcou ata o minuto 43, cun tanto de Miky, pero un minuto máis tarde Charly facía o segundo para levar unha renda clara aos vestiarios.

Non puido crer o Volantes na remontada, pero os tanto de Piti, que xa supera os 25, meteu o susto no corpo dos locais.


Porteño - San Lorenzo (1-2)

Porteno e San Lorenzo na Grixa-Foto-Porteno
  • PORTEÑO: Suso, Gabi (Rodri, min.55), Manu, Pejo, Maikol, Camaño (Marcos, min.60), Iago, Cristian, Meu Lar, Roi (Oli, min.65) e Iván.
  • SAN LORENZO: Diego, Anxo (Puyol, min.88), Álex Figueiras, Rudi, Pablo Novo, Adrián Fraga (Cachizo, min.46), Álex Taibo (Schuster, min.60), Fuentefría (Kevin, min.78), Canay (Javi Pensado, min.75), Juni e Óscar Suárez.
  • Goles: 0-1, min.1: Óscar Suárez de cabeza a centro de Álex Taibo; 0-2, min.18: Óscar Suárez nunha preciosa xogada combinativa entre Fuentefría, Anxo, Taibo e asistencia de Juni; 1-2 min.38: Camaño.
  • Lesión: o visitante Anxo (polo que tivo que saír o porteiro suplente Puyol non últimos minutos como xogador de campo).
Porteno-San Lorenzo-Foto-Porteno

Apretou moito o Porteño a todo un San Lorenzo, non choque moi intenso mesmo tirando dous balóns á madeira e un par de tiros que salvou a defensa baixo paus. O San Lorenzo sumou 3 puntazos que o meten de cheo na loita por todo, e iso que Pedro Gómez chegaba con ata 8 baixas polo que facía debutar a Kevin (sen equipo) e Canay (procedente do Baio).

Saíu moi forte o cadro carballés, e xa no primeiro minuto Óscar Suárez abría o marcador. Non tardaba moito en marcar o segundo, e mesmo tiveron os Canay e Óscar tres boas ocasións para sentenciar pero Suso estivo fino. A partir de aquí o Porteño empezou a apretar mediante xogo directo e dispuso de varias ocasións ata que marca ó 1-2 antes do descanso tras un rechace nunha falta lateral que aproveita Camaño.

Na 2ª parte volvía saír enchufado o cadro de Verdillo, con varias chegadas de Canay, Juni, Óscar e Fuentefría. Pero tamén o equipo local buscaba un empate que lle viría de marabilla para alonxar o perigo. E o tivo, e mesmo Óscar tivo que sacar un remate baixo paus na ocasión máis clara dos locais na segunda.

Porteño-San Lorenzo-Foto-Porteño

Seaia - Fisterra (0-1)

  • SEAIA: Illote, Adrián, Vistas, Dimaga (Magovi, min.76), Javi Rañal, Miguel Riveiro (Magovi, min.70), Nando (Damián, min.65), Camilo, Felipe, Eme (Richard, min.70) e Tato.
  • FISTERRA: Norberto, Rubia, Julito, Santi, Manuel Cartamil (Ángel), Noé (Aitor), Cristian, Guardiola, Roco, Pablo Lestón (Bebeto) e Adrián (Roa).
  • Gol: 0-1, min.70: Cristian de cabeza nun córner.

Segue sen sorte este Seaia que mira de cheo cara o descenso. Onte, o Fisterra levou os puntos de Pedra Queimada, despois dun partido moi igualado, con poucas ocasións, pero no que os locais tiveron algunha máis. Varios tiros a porta puideron abrir o marcador para os de Tato, pero unhas veces o acerto de Norberto, e outras veces a falta de puntería dos malpicáns, impediu que sacase nada positivo e que quede a 4 puntos da salvación.


Cee - Baíñas (4-2)

  • CEE: Maikel, Borja, Jorge, Aitor, Josiño (Álex, min.68), Chiru (Sergio, min.78), Paco, Piquero (Miguel, min.84), Gabriel (Carlos Leis, min.62), Bruno e Leo.
  • BAÍÑAS: Sergio, Rodri, Héctor, Samu, Mario Casal, Iván (Llanero), Esteban, Luís, Pablo Muíño, Javi Suárez e Cristian.
  • Goles: 0-1, min.10: Mario Casal de córner; 1-1, min.20: Piquero dende fóra da área; 2-1, min.35: Bruno en xogada individual; 2-2, min.55: Javi Suárez de tiro lonxano; 3-2, min.65: Aitor tras un córner; 4-2, min.80: Bruno marca un auténtico golazo marchando de 4 defensas e do porteiro.

Chegaban tocados os dous equipos a este partido, pero o Cee confiou máis na vitoria e puxo máis gañas nun partido aburrido e con pouco ritmo. Primeira parte con pouco ritmo e sen dominador claro, na que se adiantou o Baiñas nun corner pero pouco despois empataba o Cee cun tiro de fóra da área de Piquero no que erra o porteiro. A falta de 10 minutos para o descanso, Bruno rouba un balón, vaise de dous e remata cruzado ca esquerda para o 2-1.
Empezou o segundo tempo igual que o primeiro, con pouco ritmo, sen dominador e con poucas ocasións. Igualou o Baiñas nun tiro lonxano de Javi Suárez que sorprende a Maikel. Pouco despois adiantiábase de novo o Cee nun saque de esquina que remata Aitor. Aí foi cando o Baíñas deu un paso adiante e xerou ocasións para empatar, pero nunha contra, Bruno fixo o golazo da tarde para poñer a puntiña e darlle 3 puntos a este Cee, que certifica a súa permanencia, nun choque no que Rafa tivo que botar man de dous xuvenís e tres cadetes (debutou Miguel).


Montelouro - Ponteceso (5-5)

Montelouro-Ponteceso-Foto-SD
  • MONTELOURO: Isma (Fernando, min.60), César, Pedro, Pablo (Abel, min.70), Dani Corniños, Gelo, David (Geiko, min.75), Raúl, Ancho, Dani Deza e Riky.
  • PONTECESO: Brais, Javi Peón, Moscoso, Dani Cotelo, Diego Collazo, Mendieta, Alberto Recarey, Juanma (Kevin, min.77), Martín Puente, Christian Martínez (Ismail, min.70) e Eloy (Youssef, min.60).
  • Goles: 1-0, min.20: César; 1-1, min.25: Christian Martínez; 2-1, min.40: Dani Deza; 2-2, min.44: Moscoso; 2-3, min.51: Alberto Recarey; 3-3, min.53: Dani Deza; 3-4, min.63: Martín Puente; 3-5, min.66: Albeto Recarey de penalti; 4-5, min.83: Dani Deza de penalti; 5-5, min.86: Gelo.
Montelouro-Ponteceso-Foto-SD

Vistoso partido en Muros ante un centenar de espectadores para ver este empate ante o necesitado cadro loureán e un Ponteceso case que cos deberes feitos. Os dous equipos buscaban a vitoria e o empate saca ao Montelouro, tras 30 xornadas, dos teóricos postos de descenso, se ben esa antepeúltima praza probablemente será de arrastre.

A primeira metade foi de control local, adiantándose por dúas veces no marcador pero o Ponteceso respondía aos golpes igualado as dúas veces. Saíu moito mellor o Ponteceso, que se colocaría 3-5, pero 10 minutos finais de urxencias dos locais permitíanlle empatar in extremis e sumar un punto que pode ser importante, se ben aínda quedan a 3 do Cabana.

Gol do Canelo no Montelouro-Ponteceso-Foto-Edu Gol do Ponteceso ante o Montelouro-Foto-Edu Olveira Dani Deza de falta directa ante o Ponteceso-Foto-Edu Olveira

Castriz - Mazaricos (2-0)

  • CASTRIZ: Pablo, Martín Uru, Félix Ordóñez (Sergio Gerpe, min.89), Martín Gemelo, Alex, Adrián Beiroa, Adrián Prol, Chinda, Agra, Luís (David Velo, min.73) e Bolón.
  • MAZARICOS: Pejo, Miguel, Esteban, Matías, Ramón, Ricardo, Pereiro (Tuco, min.75), Ferreiro (Chico, min.55), Estéfano, David e chenel.
  • Goles: 1-0, min.39: Agra nun córner; 2-0, min.40: Luís dende a frontal.
  • Expulsión: o local Bolón no min.85 e un xogador visitante dende o banco.

Saíu o Castriz, xa case sen opcións de pelexar polo ascenso, máis enchufado, pero o Mazaricos asentouse ao cuarto de hora igualando o partido. Estaba o partido morno pero en dúas accións rápidas dos locais, colleron nun par de despistes á defensa amarela que sentenciaron o partido.

Na segunda metade empurrou o Mazaricos, que se fixo co medio campo, pero non puideron facer demasiado dano. Aínda así protestaron a actuación arbitral, protestando un gol anulado a Chenel, un posible penalti a Estéfano e un par de accións por dubidosos fóras de xogo.


Carnota - Camariñas (3-2)

  • CARNOTA: Luís de la Peña, Boni (Manolo Chouza), Ferreiro, Pablo Pichín, Tono da Caixa; Raúl (Nico), Nakata, Cano, Pumuki, Manuel Luís e Robi.
  • CAMARIÑAS: Pablo, Nico, Martín, Darío, Sule, Pereira (David, min.65) (Brais, min.80), Saviola (Moriño, min.50), Ismael, Mario (Martín, min.75), Denís e Yuyo.
  • Goles: 1-0, min.10: Yuyo; 1-1, min: 20: Ferreiro de penalti; 2-1, min.60: Yuyo de penalti; 2-2, min.85: Ferreiro tras un balón que peitea Pichín; 3-2, min.90: Robi remacha na área un balón morto.

Partido tremendamente igualado, para o que teria sido máis xusto un empate, pero que puido levar o Camariñas e acabou levando o Carnota. Un choque sen moitas ocasións claras que deu a volta ao marcador nos últimos intres. A primeira metade foi igualada, cun tanto por bando.

Na segunda comezaban mellor os de Gerpe, pero a falta de 5 minutos, pegou o estirón o equipo de Cambeiro que lle daba a volta ao marcador.

Non estivo ben o colexiadom protestado polos dous equipos, que tomou malas decisións nos penaltis, e aceptou o gol definitivo en fóra de xogo.


Zas - Outes (0-1)

Zas-Outes-Foto-Paula
  • ZAS: Rizos, Josito, Pereiro (Manu, min.70), Isma, Vecino, Canedo, Peke, Abel (Dani, min.46), David Blanco, Rubio e Álex Flores.
  • OUTES: Gato, Borja (Rafa), Jura, Davi, Saúl, Samu, Martín, Piki (Babu), Mario, Elías (Fabio) e Yago (Santi).
  • Gol: 0-1, min.12: Elías de cabeza tras un mal despexe da defensa.
Pereiro e Gato-Foto-Alejandro Mel Ambientazo en San Andres-Foto-Paula O OUtes lembrouse de Chua no autobus

Partidazo en San Andrés. A xente sabía da súa importancia pois o Zas puido ter dado un paso case que definitivo para acadar o título, e máis de 400 persoas ateigaron o campo. Enfrontábanse ademais dous dos mellores adestradores da Liga, como son Iván Cancela e Manu Roque.
Pero este Outes non deixa de sorprender. Nin as baixas de Chúa, por motivos laborais, que se une á de Amoedo hai un mes, os dous alicerces nos que se asentaba a defensa blanquinegra, fixeron tremer ao equipo de Manu Roque, ben apoiado por uns xuvenís espectaculares, pois Samu e Santi fixeron un gran partido.

Comezaron moi ben os visitantes o choque, con duas chegadas e mesmo un balón á madeira. E foi Elías nese treito inicial o que abría o marcador. A primeira metade remataba igualada, cos dous equipos ben prantados e sen concesións. Era un choque moi disputado e con moita intensidade.

Na 2ª arrincou o Zas indo polo partido, e dominou tendo boas ocasións, pero o Outes defendeu ben as xogadas de estratexia e o xogo directo do Zas. Álex Flores tivo un man a man e no rexeite, Dani mandou ao pau. Vecino subía nun balón parado e mandaba fóra por pouco, pero un enorme Gato aguantou do equipo durante uns primeiros 25 minutos nos que o Zas estivo preto do empate e o Outes pasábao mal, pero que non sufríu nuns últimos minutos nos que soubo gardar ben a roupa.

Con esta vitoria, o Outes rompía unha xeira de 10 vitorias e 1 empate que traía este Zas, sumando a súa 4ª vitoria seguida, e colocándose a só un punto dos zaenses. Quedan 3 xornadas de infarto.

Zas-Outes-Foto-Alejandro Mel

Crónicas da Liga da Costa

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios