3ª Autonómica: O Ameixenda non desaproveita o descanso do Coristanco



Non frea o Cerqueda e cando faltan 5 xornadas para o final está a moi pouco de cantar o alirón desta 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. O que deu un paso adiante foi o Ameixenda, non sen sufrimento ante o Castrelo, e queda con 3 puntos máis que o Coristanco nesa loita pola segunda praza de ascenso directo.
Na pelexa pola Promoción había dous choques directos. Muxía e Lira asinaba un empate que lle soubo máis rico ao cadro liracho quedando os dous con 42 e 41 puntos. Con 39 colócase o Corcubión tras bater ao Nantón, e deixar ao equpo cabanés 2 por abaixo fóra dos postos do playoff.
Corcubión - Nantón (6-2)
- CORCUBIÓN: Beto, Javi, Isma, Gabi, Balucho, Lema, Toja, Mario, Trillo, Gorka e Lourido. Tamén xogaron: Mini, Samuel, Checho e Javi Floreal.
- NANTÓN: Ernesto, Lareu, Carlos, Félix, Diego, Carlos Vidal, Alberto (Dani Costa, min.40), Amado, Luís, Martín e Iván.
- Goles: 1-0, min.5: Lema; 2-0, min.10: Lema; 3-0, min.15: Lourido; 3-1, min.20: Luís de penalti; 4-1, min.31: Gorka; 4-2, min,70: Luís; 5-2, min.71: Lourido; 6-2, min.89: Javi Floreal.
Pouca historia no Cubaleiro e iso que era un partido directo entre dous equipos que pelexan pola Promoción e de feito, o Corcubión, que chegaba 7º, se coloca 6º deixando ao cadro cabanés fóra dos postos de Promoción.
O partido quedaba sentenciado moi pronto, pois aos 15 minutos os locais tirando de efectividade doblegaban a un Nantón moi frouxo en tareas defensivas poñendo un 3-0 no marcador. Luís recurtaba pouco despois e o Nantón parecía volver meterse no partido, mesmo tendo ocasión para poder facer o empate, pero primeiro Vidal e despois Félix non acertaron a empurrar o balón o fondo da rede. Estas ocasións darían paso ao 4-1 para os locais antes do descanso deixando un Nantón moi tocado para unha segunda metade sen cor.
Goles do Corcubión ante o Nantón.
Posted by Fútbol da Costa on Luns, 20 de Abril de 2015
Laxe - Cerqueda (1-3)
- LAXE: Anxo, Bras, Jacinto (Sergio), Carlos, Aarón (Ferri); Adrián, Santi (Lolo), Gora, Borja, Djamel; e Dani Pose (Elías).
- CERQUEDA: Ángel, Pailos, Dani, Javi Pazos, Sergio, Lorenzo, Alberto Verdes (Uru, min.70), Luchi (Juanjo, min.62) (Gesto, min.70), Darío (Bastón, min.85, Javi e Martín (Dani Seaia, min.56).
- Goles: 0-1, min.36: Lorenzo; 0-2, min.40: Martín; 0-3, min.55: Luchi; 1-3, min.65: Adrián.
- Expulsión: o laxense Carlos por protestar.
Partido de ida e volta durante os 90 minutos, no que o Laxe facía moito perigo pero o Cerqueda demostraba a súa pegada. O Laxe controlou bastante ben ao cadro cerquedán pero era os de Uzal os que se metían por diante á media hora nun barullo na área o saque dunha falta. Pero os locales non se daban por vencidos e intentárono dúas veces pero sin conseguir o ansiado gol. E noutra contra ben levada polo Cerqueda, a 5 para o descanso, Javi peina un balón e deixa a Martín man a man co porteiro que o regatea e dispara a porta valeira.
Na segunda parte Luchi remataba un pase da morte de Darío no 55 e daba tranquilidad ademais de expulsar a un xogador local por protestas no gol. O Laxe mandaba no campo pero o Cerqueda no marcador, e malia que recurtaba aínda con tempo, o Cerqueda soubo aguantar o partido sen demasiado risco.
Aí quedan os dous últimos goles do Cerqueda, obra de Martín e Luchi.
Os dous ultimos goles do cerqueda no partido contra o laxe , obra de Martin Castro e Luchi Rodriguez Dela Fuente
Posted by Unión Deportiva Cerqueda on Domingo, 19 de Abril de 2015
Muxía - Lira (3-3)
- MUXÍA: José Antonio, Ruso (marcos, min.70), Currás, Conguito, Martín, Javi (Antonio, min.80), Julián (Papi, min.65), Esteban (José, min.80), Jony (Víctor, min.55), Arxires e Peski.
- LIRA: Peipo, Santi, Pardelo, Miky, Demetrio, Estrella, Eloy, Pelos, Fran Perico, Saúl e Oli. Tamén: Adrián Porto, Aitor e Manu.
- Goles: 0-1, min.15: Pelos; 1-1, min.50: Peski; 1-2, min.55: Pelos marca un golazo dende o medio do campo; 2-2, min.61: Peski; 3-2, min.65: Javi; 3.3, min.80: Adrián Porto.
- Expulsión: Arxires e o liracho Demetrio.
Era un choque directo clave para o devir da Promoción. E o Lira, que chegaba con moitas baixas, sacou un punto valioso de Arliña tras un partido no que o equipo local foi mellor. Arrincou máis forte o Muxía, con varias ocasións en apenas 5 minutos pero sen acerto. Tardou en reaccionar pero era o propio Lira o que se metía por diante ao cuarto de hora, cun gol de Pelos.
Seguía o Muxía percutindo e o Lira defendéndose, pero a primeira metade non se movería o marcador. Empataba o Muxía á volta do descanso, pero o Lira volvía poñerse por diante cun golazo de Pelos dende o medio campo. Pero aí, o dominio local tradúzose en goles e o Muxía empataba e lle daba a volta ao marcador, e cando pensaba que o partido estaba finiquitado tras conseguir a remontada, unha cabalgada liracha acababa co empate.
Fallou o Muxía nas dúas áreas e o Lira levou un valioso punto.
Castrelo - Ameixenda (1-2)
- CASTRELO: David Buxantes, Cachi, Pichón, Quintáns, Raúl (Kevin), Roi (Ozón), Stiven, Luis, Capote, Rafa (Félix) e Elvis.
- AMEIXENDA: Óscar, Riolo, Jorfe, Samuel, Mateo, Antón (Borja, min.65), Javichu, Camacho, Momaño, Mario (Demetrio, min.75), Andrés e Cristian (Purty, min.90).
- Goles: 1-0, min.10: Capote; 1-1, min.46: Cristian; 1-2, min.58: Mario.
- Expulsión: Momaño no min.80.
Partido tremendamente igualado, sin notarse a diferencia que hai na clasificación. Partido no que os deportivistas venderon moi cara a súa pero acabaron sucumbindo ante o potencia ceense. Empezou o partido cun Castrelo máis metido que se adiantaba cun tiro de Capote. Pichón tivo o segundo pero mandouno alto, e na seguinte xogada Rafa prántase só diante de Óscar que detén o man a man. O Ameixenda empezou a despertar a falta de 10 minutos para o final da primeira parte. E á saída da segunda parte saíu enchufado e en 10 minutos doulle volta o partido co 1-2 cos tantos dos seus dous arietes, Cristian e Mario.
O Castrelo arriscaba cambiando a defensa e puido empatar cunha gran ocasión, e volcándose sobre a meta ceense os últimos 20 minutos. Un cabezazo de Capote que sacou un defensa, unha de Félix nun cñorner e un gol anulado a Capote puideron significar o empate, pero tamén o Ameixenda á contra tivo un par de boas ocasións para ter sentenciado antes.
En todo caso, o Ameixenda dá un paso na súa pelexa polo ascenso directo, mentres o Castrelo xa pensa no ano que vén, e mesmo a directiva ten un par de fichaxes apalabrados.
Crónicas da 3ª Autonómica
- X.30: Dúas pelexas abertas.
- X.29: O Cerqueda dá o salto e deixa dúas loitas abertas.
- X.28: O Coristanco pelexará o ascenso co Ameixenda.
- X.27: O Cerqueda cae tras 14 partidos e o Ameixenda recupera espazo.
- X.26: O Coristanco abre a pelexa polo ascenso directo.
- X.25: O Muxía métese, por fin, en postos de Promoción.
- X.24: 3ª Autonómica: A Mikaela e o Muxía case poden co Cerqueda mentres o Ameixenda adica a vitoria a Manolín.
- X.23: Vía libre para Cerqueda e Ameixenda.
- X.22: 8ª vitoria do Cerqueda e paso atrás do Muxía.
- X.21: O Cerqueda vai sen freos.
- X.20: O Cerqueda pega de novo.
- X.19: O Ameixenda recupera o bastón de mando.
- X.18: O Cerqueda toma o relevo do Ameixena.
- X.17: A 3ª Autonomica comeza o ano con moitos goles e goleadas.
- X.16: O Ameixenda pecha un gran ano baixando unha marcha.
- x.15: O Corcubión freou ao Ameixenda.
- X.14: O Ameixenda non ten parada.
- X.13: Todos xogan.
- X.12: 5 equipos á caza do Ameixenda.
- X.11: O Cerqueda amosa crecendeciais ante o Ameixenda.
- X.10: O Ameixenda non sabe perder e o Castrelo xa sabe gañar.
- X.9: O Ameixenda pecha imbatido unha apretada primeira volta nunha atípica xornada de goleadas.
- X.8: O Ameixenda escapa.
- X.7: O Ameixenda tamén gaña sufrindo.
- X.6: O Ameixenda aproveita o descanso do Lira e xa se pon de líder.
- X.5: O Lira non cede e tira de fortuna.
- X.4: O Lira ponse ao mando.
- X.3: Igualdade e moita tensión.
- X.2: O Lira ponse ao mando.
- X.1: A 3ª Rexional das 4 voltas xa está en marcha.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: O Outes devolve a emoción á Liga da Costa.
- 1ª Autonómica: Á Esteirana non lle chega con gañar.
- Preferente: Un gol de Vía Rápida dalle o derbi ao XSC e case sela a permanencia.
- Resultados e análise dunha xornada con absolutamente de todo no Fútbol da Costa.
Primeiros títulos colleitados
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”.
- O Dumbría CF tamén forma, en clave psicolóxica, en familia.
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).