1ª Autonómica: Á Esteirana non lle chega con gañar


Mala esta 31 xornada da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. A pesar da vitoria ante o Corme, a Esteirana está a un paso de confirmar o seu descenso. As vitorias de Lesende e Amio deixan ao cadro blaugrana a 6 puntos da salvación con 9 en xogo, polo que a permanencia parece moi complicada.
Polo demais, o Baio mantense arriba tras gañar ao Cordeiro, e supera a unha SD que non puido co líder e que xa pensa máis na Copa. O Soneira asinou un soso empate ante o Flavia e o Malpica fíxolle fraco favor á Esteirana caendo ante o Lesende, nun choque no que os malpicáns puideron compriobar como as gastan as arbitraxes santiaguesas. Para que logo chegue o Villestro a pedir superivisión ao Carral…

Sofán - Villestro (0-5)

- SOFÁN: Lerma, Ceide, Marcos Pensado (Iván Rojo, mnin.61), Sito, Seo, Rubén (Pablo Martínez, min.15), Míchel, Luis, Bertón, Brais e Raúl (Méndez, min.68).
- Goles: 0-1, min.13; 0-2, min.14; 0-3, min.23; 0-4, min.63; 0-5, min.83.
Nada puido facer a SD ante a visita do líder. Como un ciclón pasou o Villestro polo Carral. Tiña moitas baixas Josiño, que xa pensa máis na Copa da Costa que na Liga, e a intensidade dos visitantes foi suficiente para levar o partido.
Dúas xogadas a balón parado ao cuarto de hora practicamente sentenciaban o choque ante unha SD que intentou reaccionar pero que non puido.
Unha SD que lamenta que o Villestro solicitase un delegado federativo para supervisar a arbitraxe no Carral, por mor das “supostas dúbidas nas arbitraxes costeiras”. Algo que a SD entende como de “dubidosa elegancia”.

Soneira - Flavia (0-0)

- SONEIRA: Anxo, Efe, Chans, Brais Mouzo, Alberto, Mayor, Sandelo, Cristian Figueroa, , Brais Triñanes, Richie Nazo. Tamén: Maykel, Jose, Basti e Fran de Urroa.
Partido soso, cunha parte para cada equipo pero nada de goles. Comezou o Flavia máis metido no partido, ante un Soneira desaparecido que contou só cunha ocasión de Chans, e ao que lle tocaba aguantar as embestidas dos padroneses.
Saía mellor o Soneira tralo descanso, e tivo varias ocasións, pero, como nos ten acostumados ultimamemente, sen demasiado acerto. Pronto Figueroa, desta volta no extremo, cazaba un rexeite a tiro de Nazo pero o seu testarazo marchaba ao longueiro. Sandelo rozaba o pau nun tiro e na seguinte Figueroa marraba na liña de gol nun remate que era complicado marcalo que fallalo. Tivo tamén a súa o Flavia faltando 20 minutos, nos que o Soneira, con baixas, só tivo unha máis no desconto, por medio, de novo, de Figueroa, que estivo tan activo como desacertado cara gol.

Esteirana - Corme (2-1)
- ESTEIRANA: Ramón, Code, Simón, Sui (Adri de Louro, min.70), Rafa, Martín, Adrian, Juan de Celia, Jose, Andel (Kike, min.46)e Pablo.
- CORME: Suso, Adolfo (Brais Torrado, min.68), Alejandro, Joshua, Pandi, Sergio Sueiro, Juan Chans, Diego, Toniño (Dani Cousillas, min.43), Lucas e Alejo.
- Goles: 0-1, min.40: Alejo de penalti; 1-1, min.75: Pandi en propia meta tras unha gran xogada de Juan pola liña de fondo; 2-1, min.88: Kike de cabeza.
Chegaba a Esteirana con ata 5 xuvenís na convocatoria para esta final (Rafa, Pablo, Jose, Juan de Celia e Adrian de Louro) e aínda así deron a de cal os blaugranas colleitando unha vitoria ante un fantástico Corme que chegaban tras 10 partidos sen perder, pero que sucumbiron ante a necesidade dos locais. Unha necesidade que se antoxa case que insalvable, pois os resultados non acompañaron e as vitorias de Amio e Lesende deixan a salvacación a 6 puntos, con só 9 en xogo.
Chegaba tamén tocado o Corme pero prantexou un bo partido, xogando mellor a primeira metade na que se adiantaron co gol de Alejo dende os 11 metros. Xa leva 21 o pichichi da categoría. Antes, Jose tivo un cabezazo claro que parou Suso, que tamén atallou o rexeite a tiro de Andel.
A Esteira estirouse na segunda, pero á contra o Corme puido sentenciar. Pablo, Kike e Jose tiveron unha triple ocasión que sacou Suso en plan Fabricio. Unha gran xogada de Juan por banda acababa cun pase atrás e Pandi, no seu intento de despexar, marcaba en propia. Foise con todo o cadro local pola vitoria e Kike, case que co tempo cumplido, anotaba o gol dunha vitoria que seguramente non servirá para nada.
Lesende - Malpica (1-0)
- MALPICA: Abraham; Adrián, Diego, Pablo Díaz, Alemán, Baba (Petís, min.23), Rancaño (Rodrigo, min.62), Fernando Varela, Cololo, Joel Pereiro e Diego Alonso.
- Gol: 1-0, min.69.
- Lesión: Baba por molestias nun nocello.
- Expulsión: Diego Alonso por protestar xa co partido rematado.
Non puido sacar nada o Malpica de Sesende, facéndolle un fraco favor á Esteirana, e sumou a primeira derrota dende que Tito Pedreira asumise o mando do banquiño. O equipo acusou as baixas de Cheo, Baba, Martín Mara e Esteban, e ademais protestaron encarecidamente a actuación arbitral.
A directiva malpicá lamenta a arbitraxe da zona compostelá, protestando un penalti por mans e área local non pitado, unha agresión a Adri que o colexiado pudio ver pero non sinalou nada.
En todo caso, o equipo de Sil buscou con máis ahínco a meta visitante, estivo máis intenso e buscou os balóns directos, ante un Malpica, que non arriscaba pero que parecía algo relaxado.
Cordeiro - Baio (0-2)

- BAIO: Pollo, Yago, Ramón (José A., min.56), Mario, Fachal, Martín (Fredi, min.82), Bieito, Brais, Saleta (Fran, min.87), Christian (Rubio, min.46) e MC.
- Goles: 0-1, min.20: Christian; 0-2, min.57: Rubio.

Partido moi serio do Baio que non permitiu licencias en ataque ao equipo local e que, pola contra, si que tivo varias chegadas á área rival. Os de Félix saíron moi enchufados e aos 20 minutos Christian abría o marcador. Seguían chegando ocasións ata que Rubio marcaba o segundo e practicamente mataba o partido.
Cómpre destacar o re-debut de Fredi e do xuvenil de primeiro ano Fran.
Aquí, os goles da man de Santi Soneira:
Crónicas da 1ª
- X.30: O Baio afunde á Esteirana.
- X.29: Unha xornada de luto para esquecer.
- X.28: Crónicas dunha difícil xornada de luto.
- X.27: A Esteirana albisca o final do túnel e o Corme confirma o seu salto.
- X.26: 1ª Autonómica: Doble derbi con sabor caseiro.
- X.25: Un derbi de porta a porta.
- X.24: O Soneira voa e o Sofán aterra, mentres Esteirana e Corme vén a luz.
- X.23: O Soneira toma o Carral.
- X.22: Unha xornada para esquecer.
- X.21: Soneira e Malpica dan a de cal, e Corme e Esteirana a de area.
- X.20: Só o Baio salva unha mala xornada costeira.
- X.19: O pechacancelas pon ao líder contra as cordas.
- X.18: O Soneira é un vendabal.
- X.17: A 1ª Autonómica comeza o ano cun Derbi Costeiro.
- X.5: O Malpica logra un empate para esquecer.
- X.16: Pechando o 2014 cun líder sólido e un derbi de infarto.
- X.15: Menudo doble derbi.
- X.14: Uns gañan e outros perden.
- X.13: A SD escapa.
- X.12: Tres vitorias por arriba e tres derrotas por abaixo.
- X.11: O Sofán non cede nin co Malpica.
- X.10: O Sofán non para e o Malpica sae do descenso a costa do Corme.
- X.9: O Malpica frea o Baio e o Sofán alcanza o liderato a costa do Corme.
- X.8: O Baio é moito líder.
- X.7: Os líderes da 1ª son da Costa.
- X.6: O Baio non perdoa e o Soneira pode co Sofán.
- X.5: Trío de cabeza con susto.
- X.4: O Baio ponse líder e o Soneira gaña o primeiro derbi urxente.
- X.3: 3 costeiros no grupo de arriba.
- X.2: Xa temos líder tras unha xornada co primeiro derbi.
- X.1: A 1ª Autonómica comeza para os nosos costeiros.
Crónicas da semana
- Preferente: Un gol de Vía Rápida dalle o derbi ao XSC e case sela a permanencia.
- Resultados e análise dunha xornada con absolutamente de todo no Fútbol da Costa.
Primeiros títulos colleitados
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”.
- O Dumbría CF tamén forma, en clave psicolóxica, en familia.
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Colaboran Oscar Basalo, Martín, SD Sofán, Luís Porto, CD Baio e Fin Lema.