Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Preferente: Un gol de Vía Rápida dalle o derbi ao XSC e case sela a permanencia

Preferente: Un gol de Vía Rápida dalle o derbi ao XSC e case sela a permanencia
O XSC celebrando un tanto esta temporada en Fontenla-Foto-Santi Diaz

Chegaba máis necesitado de puntos o XSC ao derbi da segunda volta na Preferente - Senra Sport, e notouse a necesidade pois o cadro xalleiro apretou máis para conseguir 3 puntos que o deixan con 41, con 10 sobre o descenso a falta de 5 xornadas. Un paso clave para asegurar a permanencia.

Xallas StComba - Dumbría (1-0)

  • XSC: Vicente, Cristian, Alberto, Rubio, Aarón, Jota, Rubén Forján, Jesús, Kevin (Joshi, min.89), Vía Rápida e Marcos (César, min.80).
  • DUMBRÍA: Iván, José, Bryan (Cote, min.68), Alcaina (Carreira, min.78), Iago, Aarón, Rivi, Jesús (Pablo Conde, min.65), Diego Cespón (Adrián Nieto, min.60), Darío (Javi, min.81) e Adrián Makaay.
  • Gol: 1-0, min.86: Vía Rapida a centro de Rubén.
Via Rapida nun partido co XSC-Foto-Santi Diaz

Debe seguir o cadro de Comendez a liña dos dous últimos partidos. Onte en Fontenla estivo máis metido ata o final e soubo esperar o seu momento. Foi un choque con moitas ocasións, cunha primeira metade igualada e algo sosa.

As ocasións comezaron a chegar despois da primeira hora de xogo. O XSC empurraba máis e avisaba por medio de Vía, Kevín e Rubén, que atoparon a un sempre seguro Iván (Menuda temporada do novo cancerbeiro dumbriés) ata que a 5 do final, foi o vimiancés Vía Rápida o que remataba un centro raso de Rubén que se internara outra vez pola banda.

Xa non tivo tempo o cadro de Canosa a reaccionar.


Crónicas de Preferente – Senra Sport

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios