Cabana, Dumbría, Santa Comba, Fisterra, Vimianzo e Zas acollen novos torneos de verán
Mentres esperamos pola Gala do Fútbol da Costa, temos que repasar os torneos que se nos presentan por diante. Cabana e Dumbría e Vimianzo cos peques, e Santa Comba, Fisterra e Zas cos maiores, serán os focos para as vindeiras datas.
Pero como non, toca repasar como vai o 38º Campionato de Barrios de Esteiro, que xa anda pola 7ª xornada, cos Ciclóns como líderes:
FS en Santa Comba
Por Santa Comba están armando un bo Maratón de Fútbol Sala, con máis de 3.000 € en premios. Os 27 e 28 de xuño, o pavillón de Fontenla acollerá este espectáculo. Podes inscribir ao teu equipo por 120€, na Taberna do Meu Compadre, antes do 25 de xuño ás 22:00h, ou nos teléfonos 617 641 873 ou 686 248 444.Torneo Base en Cabana
E como non, chega a cita Cabanesa co Fútbol Base. Este sábado 27 e domingo 28 de xuño os pequenos invadirán o campo das Redondas. 14 equipos en benxamíns e 16 en alevíns dan conta do traballo do club cabanés, un dos nominados como mellor equipo de fútbol base na Gala QPC.
Memorial Andújar
O vindeiro sábado 27, no 5º Memorial Manuel Andújar, Torneo de Fútbol 8 cos equipos Benxamin e Alevin do CF Dumbría, Galicia de Caranza, Olímpico de Rutis, SD Fisterra, Muxía CF, Outes CF, UC Cee e SD Negreira.
E despois partido decisivo polo ascenso dos xuvenís á Liga Galega Xuvenil entre Dumbría e Bertamiráns.
Campionato de F7 en Zas
Os 4 e 5 de xullo, o campo de San Andrés prepara o Campionato Sporting Zas de F7, con premios de 13.00 puntos para o 1º; 500 para o 2º, 200 para o 4º e a volta da inscrición para o 4º. Unha inscrición que é de 100 puntos e que se pode realizar ata o Xoves 2 de xullo ás 21:30h nos teléfonos 629 34 70 39 ou 659 74 14 18.
F7 en Santa Sabiña
Tamén en Santa Comba, desta volta en Santa Sabiña, terá lugar o XXII Torneo de Fútbol 7, os días 11 e 12 de xullo, con premios gordos: 1º posto: 2.000 ptos; 2º posto: 800 ptos; 3º posto: 300 ptos e 4º posto: 100 ptos. A cota é de 100 e xa a poden formalizar ata as 22:00 horas do 9 de xullo no Bar Rueiro (Santa Sabiña) ou no telefono 636 03 36 10.
Maratón de FS en Fisterra
Os días 11, 12 e 13 de xullo a parada será en Fisterra co Maratón de FS, con grandes premios.Torneo e Campus do Soneira
Xa pon en marcha ademais o Soneira o I Torneo de Fútbol7 Sub-16, no que poderán participar rapaces de entre 13 e 16 anos, e no que a inscripción é gratuita.
Ao mesmo tempo, tamén presentamos o I Campus de verán, que durará 3 días, para as idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos, e no que a inscripción custa 15€ e inclúe unha camiseta e unha bolsa de deporte de agasallo.
Novas relacionadas
- Os nominados aos Premios do Fútbol da Costa 2014-2015.
- Zas e Sofán foron as capitais do Fútbol Base costeiro.
- Arrinca o Campionato de Barrios de Esteiro, o mellor torneo do verán costeiro.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).