mércores. 30.04.2025
El tiempo

Santi Soneira, 5º mellor arqueiro desnudo de España

Santi Soneira, 5º mellor arqueiro desnudo de España
Santi Soneira no Campionato de Espana co equipo galego Despois de quedar campión galego, o arqueiro baiés Santi Soneira arrincou para Tudela, Navarra, a participar no VII Campionato de España Sala de Arco Tradicional y Arco Desnudo 2015. O membro do club Su a Agra compartía expedición con outros 11 arqueiros galegos, 7 de Meigarco Tiro Arco e 3 de Arco da Vella, e voltaba cun meritoio 5º posto na categoría Arco Desnudo Home.

Foi, de feito, o primeiro dos galegos en saír á pista. Foi na tarde do pasado sábado 24, nunhas rondas clasificatorias nas que Santi Soneira acabou as duas quendas ocupando a 7ª posición na Xeral cunha puntuación de 250 ptos. Xa o domingo polo mañá serían as eliminatorias enfrontouse en 1/16 de final contra Mariano Mur Palacin de Aragón na que gañou por 6-0.
Quedando emparexado en 1/4 de final co Balear César Vera Bringas que na clasificación do sábado acadou a 2ª posicion con 288 ptos.
Puxolle as cousas difíciles Santi Soneira a César, poñéndose 2-4 para Cesar. Na 4ª ronda da eliminatoria repartirianse un punto para cada un xa que empataron a 14ptos na suma das 3 flechas, rematando co marcador: Santi Soneira - Cesar Vera (3-5).

Na 5º ronda da eliminatoria a Santi Soneira só lle valía gañar para igualar a eliminatoria e de novo sumou 14 ptos, pero Cesar tamén faría 14ptos polo que o empate deixaba o marcador final a prol de Cesar cun 4-6. Cesar Vera que acabou finalmente 4º o perder na pelexa polo 3º posto con Sergi Cebrian Pujol.

A Clasificacón final do noso arqueiro foi 5º unha moi boa clasificación no seu 1º Campeonato de España de Sala.

Campionato de Espana de Arco

Novas relacionadas

Fonte

  • Club Su A Agra.

Comentarios