mércores. 30.04.2025
El tiempo

Só os pequenos do minibásket colleitan vitorias na familia ACB

Só os pequenos do minibásket colleitan vitorias na familia ACB
As infantís do ACB seguen mellorando-Foto- Rafael Quintáns

Mala fin de semana para a familia ACB Costa da Morte na que só os máis pequenos, os do minibásket, colleitaban triunfos. As maiores caían na Coruña ante o Santa María, mentres as cadetes caían en Arteixo e as cadetes non podían co Calasancias. Ademais, as infantís, que vemos na imaxe, perdían en casa ante as Mercedarias.

Segue mellorando a familia ACB.

2ª División Sénior Feminina, 12ª Xornada

  • Resultado: A.A. SANTA MARIA MAR - E.S. BAZARRA COSTA DA MORTE (46-32)
  • Parciais: 18-6; 10-4; 10-6; 8-16 (Acumulado: 18-6; 28-10; 38-16; 46-32)
  • E.S. BAZARRA ACB COSTA DA MORTE: Goretti; Sandra, 10 ptos; Fani, 8 ptos; Esther, 6 ptos; Yaiza, 4 ptos – quinteto inicial –; Iria, 2 ptos; Melissa, 2 ptos; Andrea; Lidia.

Partido no que pasou factura a falta de acerto no tiro na primeira parte e a falta de intensidade na defensa, con despistes que teñen que correxirse. Despois do descanso a actitude na defensa mellorou, facendo dous cuartos moi bos en defensa, que fixo que o equipo de Coruña sufrira para gañar o parcial do 3º cuarto, e conseguindo no último cuarto gañar o parcial as rapazas de Cee.

2ª División Cadete Feminino, 11ª Xornada

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - CALASANCIAS (31-60).
  • Parciais: 3-21; 9-15; 10-14; 9-10 (Acumulado: 3-21; 12-36; 22-50; 31-60).

Un mal primeiro cuarto das rapazas de Cee fixo que o partido non tivera historia. Na segunda parte sí plantaron cara o equipo de Coruña, pero o parcial do 1º cuarto foi demasiada vantaxe para poder remontar e ter opción no partido.

2ª División Cadete Masculino, 11ª Xornada

  • Resultado: C.B. ARTEIXO - ACB COSTA DA MORTE (71-36).
  • Parciais: 16-16; 19-8; 18-6; 18-6 (Acumulado: 16-16; 35-24; 53-30; 71-36)
  • ACB COSTA DA MORTE: Adrián, 2 ptos; Cristian Marcote, 15 ptos; Pedro, 6 ptos; Nando, 7 ptos; Santi, 4 ptos – quinteto inicial - Luciano; Dani, 2 ptos; Cristian Vázquez.

Despois dun primeiro cuarto igualado, no 2º cuarto o equipo do ACB Costa da Morte empezou a baixar no acerto a canastra dándolle unha vantaxa a o equipo local que non desaproveitou para irse no marcador. Na 2ª parte máis do mesmo, cuns parciais claros para os de Arteixo.

2º División Infantil Feminino, 9ª Xornada

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - MERCEDARIAS CORUÑA (23-67).
  • Parciais: 6-19; 2-15; 6-27; 9-6 (Acumulado: 6-19; 8-34; 14-61; 23-67).

Partido dominado de principio a fin polo equipo de Ferrol.

Outros resultados

  • Minibasket Alevín Feminino: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE - VALES VILLAMARÍN (78-62).
  • Minibasket Alevín Masculino: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE - HIJAS DE JESUS (57-18).

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do ACB Costa da Morte.

Comentarios