luns. 11.11.2024
El tiempo

Tamén gañan os xuvenís do Volei Dumbría

Tamén gañan os xuvenís do Volei Dumbría
Equipo Xuvenil do Volei Dumbria

Boa fin de semana para os rapaces do voleibol costeiro.

O equipo xuvenil do Voleibol Dumbría conseguiu unha importante vitoria ante o Intasa San Sadurniño por 1-3 con parciais de 26-24, 22-25, 22-25 e 20-25. O equipo dumbriés formado por tan só 3 xuvenís, logrou unha traballada vitoria que lles servirá subir a moral do novo equipo formado na súa maioría por xogadores de categoría cadete.
O equipo local só facía dano desde os 9 metros cun potente saque que dificultaba a recepción dos dumbrieses, que unha vez que conseguían dar un bo primeiro toque combinaban con certa facilidade para conseguir os puntos en ataque. Os locais non foron capaces de frear os ataques por zona 3 dos nosos centrais, en especial de Javier Domínguez. Tamén destacou en ataque por zona 4 David Redonda logrando unhas grandes estadisticas tanto en ataque como en recepción.

O equipo cadete masculino do Voleibol Dumbría conseguiu unha cómoda vitoria no seu desprazamento a San Sadurniño, o que lles permite seguir liderando a competición, aínda que cun partido máis que o segundo clasificado, o V. Burgas de Orense. Os dumbrieses impuxéronse ao equipo local por un contundente 0-3 con parciais de 9-25, 13-25 e 22-25.
Partido sen moita historia dada a gran superioridade do equipo dumbriés ante un equipo en formación. O adestrador aproveitou para dar minutos aos menos habituais e a varios infantís, xa que esta xornada descansaban.
Ademais serviu para probar novas combinacións en ataque e descargar o xogo polas ás. Agora tócalles descansar durante dúas xornadas seguidas antes de renovar a competición ante Santa María do Mar.
Este sábado os cadetes enfróntanse a partir das 12:00 ao V. Borio en Dumbría, coa esperanza de conseguir un resultado positivo ou polo menos de realizar un gran partido.

Ademais, derrota axustada das infantís do Manuela Rial ante Cambados 3-2 (21-25 / 25-23 / 18-25 / 25-16 / 17-15) nun partido plagado de erros sobre todo no saque polos dous equipos que se decanto a favor das pontevedresas no tie-break.

E derrota, tamén, e clara, das cadetes ante Cambados por 3-0 (25-14 / 25-17 / 25-22).

Vindeira xornada

Este sabado 5 partidos en Dumbria:
- 10:30 Infantil masculino: Manuela Rial - Boiro;
-10:30 Cadete feminino Voleibol Dumbria-Boiro;
- 12:00 Xuvenil masculino: Voleibol Dumbria - Boiro;
- 12:00 Infantil feminino: Manuela Rial - Boiro;
- 13:30 Infantil feminino: Manuela Rial - CV Pontevedra.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios