Trece clubes galegos participan no 1º trofeo de Patín de Malpica
08:03 30/09/16
Un total de 160 patinadoras e patinadores de 13 clubes galegos daranse cita en Malpica o domingo 9 de outubro para participar no 1º Trofeo de Patín organizado polo club Velúa, que conta coa colaboración da concellería de Deportes. Os clubes que teñen confirmada a súa presenza son Aura (Lugo), Galia (Ordes), Aura (Culleredo), Costa da Morte (Cee), Patiart (Coristanco), Fervello (Arteixo), Raiola (Ferrol), Dominicos (A Coruña), Brincadeira (A Coruña), Compañía de María (A Coruña), Buxaina (Ferrol), Alquimia (Cambre-Carral) e o malpicán Velúa. A xornada deportiva desenvolverase en horario de mañá e tarde no pavillón municipal.
Ademais dos clubes participantes, tamén ofrecerán exhibicións a campioa galega alevín, Judith Fernández, e a subcampioa galega infantil, Andrea Castañeda.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Malpica