Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Tres padexeiros dumbrieses ás portas da Selección Nacional

Tres padexeiros dumbrieses ás portas da Selección Nacional
Iago Canosa en Le Seu Iago Canosa quedou ás portas do combinado nacional

Tres deportistas do CDM Piragüismo Dumbría participaron nos selectivos do equipo nacional de Slalom. Foron 10 días de concentración en Le Seu e Pau, onde os mellores padeixeiros de Francia, España e Portugal participaron nas probas de selección para determinar que atletas representarían estes tres países no próximo Campionato Mundial e Europeo.

Alí estiveron Iago Canosa, Jorge Quintáns e Lorena Costa, facendo ademais de abridores algúns dos mellores piragüistas na escena mundial, con varios campións olímpicos e mundiais presentes.

Finalmente non tiveron sorte os costeiros e ningún dos tres pasou o corte para entrar no combinado nacional. Era Iago Canosa a principal baza do club costeiro, pero sabía que entrar no equipo nacional ía ser moi complicado. Iago competiu ben, con boas mangas, pero non lle deu para remontar postos polo que finalmente se quedou fóra, pero facendo unha boa valoración do seu papel.
Agora toca traballar duro para chegar os Campionatos de España na mellor forma posible para loitar de novo polas prazas que dan dereito a representar a España a nível internacional.

Pola súa parte, Lorena Costa chegaba como invitada pola federación na súa primeira cita coma membro do Equipo Nacional de Slalom, pero, como Jorge Quintáns, tiñan poucas posibilidades de entrar na selección nacional na modalidade Canoa. Pero a idea é ir acumulando experiencia para as vindeiras probas selectivas.

Novas da tempada

Novas da tempada pasada

Artigos relacionados

Fonte

  • Piragüismo Dumbría.

Comentarios