Últimos días para inscribirse no Curso Intensivo de Monitor de Fútbol base de Baio
17:51 04/09/17
O título de Monitor de Fútbol Base será necesario a partir da vindeira campaña
Finalmente a Escola Galega de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol, decidiu ampliar ata este venres o prazo de inscrición para o Curso de Monitor de Fútbol Base intensivo que se vai a desenvolver en Baio. Un curso solicitado por varios equipos nas reunións de clubs celebradas na delegación, que corre perigo pois a día de hoxe (este luns remataba o prazo oficialmente antes de decidir amplialo) son só 5 os adestradores interesados en realizar este curso, a pesar que nesta tempada o requisito de contar con técnicos titulados é de obrigado cumprimento para poder adestrar en calquera das categorías da nosa bisbarra.
Dous cursos case en marcha
Os que si parece que poderán celebrarse con seguridade son o UEFA A e o UEFA B e os alumnos que se inscribiron no de monitor ten a posibilidade de realizar este curso ao levarse a cabo o inicialmente previsto. A falta de quince días para pecharse a inscripción oficial, 12 técnicos xa informaron ao delegado da Costa, Manuel Corredoira, o seu interese en realizar o UEFA A e dez o UEFA B, esperándose que se chegue aos 15 que esixe a Escola Nacional de Adestradores para o seu desenvolvemento. No curso pasado, todos os adestradores inscritos no curso de UEFA B na Costa alcanzaron o aprobado, polo que poderían realizar o UEFA A, conjuntamente cos alumnos que obtiveron o diploma fai dous anos e que a pasada tempada non puideron levar a cabo o mesmo por falta de inscripciones. Aínda que os dous están convocados para a aula principal da sé en Baio, tanto un como outro poderían variar o seu ubicación, dependendo do número de alumnos inscritos e a zona de onde haxa unha ampla maioría, pois para o curso o Fisterra SD, co seu presidente á fronte, está intentando levar o UEFA B á súa zona, podendo moi ben situarse en Dumbría, Cee ou, ata, en Fisterra si o número de inscritos da localidade así o requirise.Inscricións
As bases de inscrición para os mesmos están xa na web da Federación Galega de Fútbol (www.futgal.es), e as inscricións deben realizarse a través da mesma. A preinscripción para o UEFA A poden realizala chamando ao delegado da Costa, Manolo Corredoira (636.88.42.43).Esixencias
Cabo recordar unha vez máis que, tal e como se aprobou na última asemblea da RFGF, para poder obter licenza de adestrador, nesta tempada 2017-18, é necesario ter a titulación seguinte:- Preferente e 1ª autonómica: Adestrador Avanzado UEFA A (Nivel 2)
- 2ª Autonómica: Adestrador Básico de Fútbol UEFA A (Nivel 1)
- 3ª Autonómica: Monitor de Fútbol Base
- Xuvenil, cadete, infantil e fútbol 8: Monitor de Fútbol Base.
Novas relacionadas
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).