Un día a dúas rodas pola Costa da Morte
Esta pasada foi a fin de semana da Bicicleta na Costa da Morte. I é que as dúas rodas tomaron os asfalto, por un día, coa Volta Ciclista a Galicia e a Festa da Bicicleta de Camariñas.
Volta a Galicia
A segunda etapa da X Volta Ciclista a Galicia deste ano trascorría entre Camariñas e atravesou a bisbarra pasando pola Ponte do Porto, Vimianzo, Laxe, Cabana, Ponteceso e Malpica, ata chegar a Carballo. Ducias de veciños e afeccionados acompañaron a saídan no porto camariñán, antes de partir na súa carreira particular, e as estradas da Costa viviron un ambiente que parecía o das grandes subidas do Tour de Francia.
Aló estaba Estevo Lema, gran afeccionado ao ciclismo, que subiu ao porto de montaña de 3ª categoría en Boaño, e mais ao de Coéns, máis duro pero non catalogado.
Foi o arxentino Mauricio Muller quen venceu no sprint carballés, a pesar de que o equipo SuperFroiz atacou durante toda a etapa tentando poñer en apuros ao equipo do líder. Finalmente un día despois, o propio Belda e o seu equipo facían unha auténtica exhibición e se facían co triunfo da X Volta a Galicia.
I Festa da Bicicleta en Camariñas
Nada menos que 117 personas, dende 3 a 65 anos, participaron na I Festa da Bicicleta de Camariñas. Aproveitando o tirón da Volta a Galicia, o Concello, por medio do concelleiro de Deportes Juan Cabrejo. A enorme participación obrigará ao Concello a repetir para o vindeiro curso.
Vindeira cita co Ciclismo
En marcha está a I Volta MTB "Ruta Neria". Precisamente hoxe martes día 20 remata o prazo de inscripción. Polo de agora xa van 150 inscritos dun total de 180, asi que as prazas escasean.
Pódese formalizar a inscrición na Delegación de Deportes do Concello de Cee, chamando ao teléfono 981 74 51 00 ou no mail [email protected] ou [email protected]. A cota de inscrición é de 5 euros, que se ingresará nunha conta de Novacaixagalicia (2091‐0022‐73‐3000154494).
Novas relacionadas
- As bicicletas tamén toman Cee na I Volta MTB Terra Neria.
- O PonteAventura Raid colocou a Ponteceso no centro do deporte de aventura do país.
- Sentindo o Camiño.
- Presentada de forma oficial a nova sección de Ciclismo do C.F. Dumbría.
- O ciclismo, unha afección en auxe na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Federación Galega de Ciclismo.
- Máis Camariñas.