Un esperado subcampionato para os bailaríns Diego e Ariadna
Este pasado domingo 16 de marzo, o clube baile deportivo Arte e Movemento, acudiu a Marín, para participar no Campionato Galego de Bailes Standard, nos que presentaban a Diego Rivadulla e Ariadna Leis (de Cee e Carnota). E volveron co subcampionato, que era xusto o posto que esperaban acadar, tal como estaba saindo a temporada.
Diego e Ariadna, levan 10 anos como parella de baile, e levan (Ariadna 13 anos) e (Diego 11 anos) como alumnos de Juan Carlos e Graciela. Non é de extrañar entón que o posto fose celebrado e emocionante para toda a familia de Arte e Movemento.
Para Diego e Ariadna agora a próxima cita será o 6 de abril en Sant Cugat no Campionato de España.
Outras competicións
Na competición de Marin celebrouse tamen paralelamente unha proba puntuable para o ranking da federación española, onde o clube acadou dous podios e 4 finalistas. Así Iván Antelo e Aida Carril acadaron on 2º posto na categoría youth territorial, e Juan Luis Lista e Noelia Regueira o 2º posto na categoría adulto territorial.
Momento clave
Está o clube no seu momento máis importante da temporada xa que esta remata en xuño. Despois de ter participado en todas probas do ranking: Porriño en outubro, Mos en novembro, Pontevedra e Lugo en Decembro, Fene en xaneiro, Ribadumia e Málaga en Febreiro, Tui e Marín agora en marzo.
E onte federación española modificaba que tódalas parellas do clube en activo, excepto 3 que acaban de cambiar de categoría lograron clasificarse para a Copa promoción que se celebrara en Sant cugat en abril, o mesmo dia que o campeonato de España.
Clasificáronse así 8 parellas, que viaxarán acompañados do seu entrenador Juan Carlos e algún pai. Serán 26 os deportistas e acompañantes que faran temblar o pavillon de Sant Cugat.
Ademais este próximo domingo o clube participara no trofeo do Morrazo que se celebrara en Bueu, e tamen e puntuable, pero esta será puntuable para a copa promoción de final de temporada en xuño.
Novas relacionadas
- Arte e movemento acaba a tempada copando poidos.
- 2013: Cheo a rebentar para a exhibición de baile e taekwondo de Arte e Movemento.
- 2012: 4 horas de baile e deporte na Exhibición de Arte e Movemento de Cee.
Fonte
- Nota de prensa do Clube Arte e Movemento.