Un repaso á Marea de torneos
Aínda quedan algunhas competicións oficiais, pero xa estamos en plena temporada de torneos estivais. Por Zas e Sofán os peques foron os protagonistas a pasada fin de semana, mentres por Esteiro continúan co seu fantástico Campionato de Barrios, o torneo máis esperado do verán. Un campionato que xa pola 2ª xornada, con 4 equipos empatados con 3 puntos e uns Ciclóns que veñén con forza.
Pero aproveitamos e facemos colleita de todos torneos que hai en marcha nestes vindeiros meses:
Doble sesión de Fútbol Base en Santa Comba
Santa Comba é unha das capitais do fútbol base costeiro, e precisamente este sábado 6 de xuño 8 equipos estarán presentes no Municipal de Fontenla para o II Torneo XSC prebenxamín, benxamín e Alevín. Os Luís Calvo, Sofán, Outes, A Baña (substituíndo ao Fisterra(, Esteirana, Lira, Zas e o propio cadro local estarán sobre o céspede.
Ademais, para o domingo toca un Triangular de cadetes, entre Dumbría, XSC e Corme, os 3 mellores equipos da categoría.
F7 en Louro
Esta fin de semana de 6 e 7 de xuño teremos o I Torneo de F7 que organiza a Asociación Cultural e Deportiva Madanela de Louro no renovado campo de Agra da Filgueira. Unha cita con premio de 400 puntos para os gañadores, e unha cota de inscrición de 50€ por equipo.
Homenaxe en Zas
O sábado 13 de xuño, o campo de San Andrés de Zas acollerá a partir das 18:00h a homenaxe a Emilio Espasandín, cun partido entre o Deportivo da Coruña de Veteranos e un combinado de xogadores da zona, do Baio e do Zas.
FS en Muxía
Os días 13 e 14 de xuño toca Maratón de Fútbol Sala en Muxía. Con máis de 1000 puntos en premios, podes inscribirte ata o venres 12:00 ás 21:00h no polideportivo muxián ou nos números 606 816 086 ou 617454 956, asi como a través do Facebook da Asociación Comarea.
FS en Vimianzo
Os días 19, 20 e 21 de xuño polo que parece forte, haberá maratón de FS en VImianzo, organizado polo Anorthosis. Ollo que hai 2000€ en premios.
F8 en Lira
O sábado 20 de xuño 6 equipos alevíns e benxamíns estarán en Lombáns para disputar o II Torneo Fútbol 8 Concello de Carnota organizado polo LIra.
FS en Santa Comba
Por Santa Comba están armando un bo Maratón de Fútbol Sala, con máis de 3.000 € en premios. Os 27 e 28 de xuño, o pavillón de Fontenla acollerá este espectáculo.
Podes inscribir ao teu equipo por 120€, na Taberna do Meu Compadre, antes do 25 de xuño ás 22:00h, ou nos teléfonos 617 641 873 ou 686 248 444.
Maratón de FS en Fisterra
Os días 11, 12 e 13 de xullo a parada será en Fisterra co Maratón de FS, con grandes premios.
Novas relacionadas
- Zas e Sofán foron as capitais do Fútbol Base costeiro.
- Arrinca o Campionato de Barrios de Esteiro, o mellor torneo do verán costeiro.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).