Un Torneo colchonero e solidario por Nadal no Conco


Dende QPC estamos armando unha iniciativa semellante que daremos conta estes días. Pero mentres imos ata O Conco, onde o vindeiro luns 22 de decembro, a Fundación do Atlético de Madrid en Dumbría artella un Torneo Solidario de Fútbol Base en categorías Alevín e Infantil, no que se realizará recollida de alimentos non perecederos e juguetes en bo estado para colaborar coas Asociacións de Cáritas e Aspadex.
O evento dará comezo coa fase de grupos ás 11 da mañá e contará coa asistencia do Xallas de Santa Comba, a SD Sofán, o Outes FC, a Escola Vos Miudos, o Dumbría FC e a Escola da Fundación Atlético de Madrid.
Ao mediodía está preparada unha gran comida convivencia para todos os participantes e xa pola tarde, a partir das 16:00 comezará a fase final do torneo que finalizará cunha pequena entrega de trofeos.
A organización pretende converter a cita nun día de solidariedade, convivencia, deporte e diversión, polo que tras finalizar a competición, ao redor das 19:00 terá lugar un espectáculo sorpresa para todos os nenos/as e familiares que participen no torneo, ou acudan como afeccionados a formar parte do mesmo.
Para finalizar, cómpre recordar que todo o que acuda ao torneo deberá aportar a súa entrada de xeito simbólico con algún alimento ou xoguete en bo estado, que recollerán in situ ás asociacións Cáritas e Aspadex para destinar a familias en situación desfavorecida.
Novas relacionadas
- A Escola de Tecnificación do At. Madrid volve abrir as súas portas.
- Cerca de 40 rapaces participan no Campus do Atlético de Madrid.
- Os pequenos colchoneros de Dumbría cumpliron o soño de xogar no Calderón.
- Nace a peña do Atlético de Madrid “Costa da Morte”.
- A maquinaria colchonera en Dumbría conta cos grandes formadores da zona.
- Máis de 30 rapaces arrincaron con gañas e ilusión a Escola do Atlético de Madrid en Dumbría.
- A Escola de Tecnificación do Atlético en Dumbría xa está lista para rodar.
- En marcha a escola do Atlético de Madrid en Dumbría.
- O Atlélico de Madrid aterra en Dumbría.
- #DumbríaéDeporte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).