Luns. 09.09.2024
El tiempo

Unha 3ª Autonómica de 9 equipos e 4 voltas

Unha 3ª Autonómica de 9 equipos e 4 voltas
Calendario-3-Auto-2014-2015-en-FutboldaCosta

Despois de analizar a campaña da Liga da Costa, baixamos ata á 3ª Autonómica para ver o seu calendario completo 2014-2015.

Un calendario con novidades i é que as baixas dos equipos provocan que este curso só haia 9 equipos. Iso si, a Federación decidíu que sexa unha liga de 4 voltas, polo que teremos 36 xornadas!

Analizando as Altas e Baixas pensamos que case que non hai favoritos. Todos terán opcións de estar arriba pero vai ser unha maratón. O Corcubión será o único descendido coa obriga de ascender, e será o propio Carlos Lema o que dirixa o cadro. O Coristanco de Da Silva, con poucas altas e baixas; o Lira de Pedrosa con nomes novos pero algunha baixa seria; e o moi renovado Ameixenda do gran Manolín serán outros dos que seguro estarán aí arriba.

O Muxía de Suso ten bos vimbios para este curso, así como o Cerqueda, eterno aspirante, que este ano aposta por Emilio Uzal. Chamy colle o mando do Laxe, e o Castrelo de Cardexo e Roland Caamaño, vendo as fichaxes, non será a cincenta da categoría como estes anos pasados.

Xa podedes ver o Calendario completo da 3ª Autonómica. Gr.4 2014-2015 en www.futboldacosta.com.

Máis información

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios