Mércores. 11.09.2024
El tiempo

Unha cita para revisar as novas normas do xogo en Baio

Unha cita para revisar as novas normas do xogo en Baio
Charla sobre modificacions das reglas de xogo en Baio O luns 7 de novembro, ás 20.30 horas, no Auditorio do Pabellón Polideportivo de Baio (Zas), a Escola Galega de Adestradores, a través da súa Delegación na Costa, organiza para todos os clubs e adestradores titulados dos equipos da Costa (desde Autonómica Preferente a Terceira Autonómica e diferentes categorías de base dos Clubs da Costa), unha charla-coloquio co tema: “Modificacións nas Regras de Xogo”. A charla será impartida por Xabier Rodríguez Campos, árbitro de Terceira División e profesor da asignatura de Regras de Xogo na Escola Galega de Adestradores, na súa delegación da Costa, e Rubén Eiriz Mata, árbitro de Segunda División-Liga 1,2,3; e internacional de fútbol praia (arbitrou finais do Campionato do Mundo e Eurocopa). Con eles, estarán dous adestradores de equipos da Costa, Iván Cancela, técnico do Xallas CF, e Josito Fontes, adestrador do Sofán, ambos titulados Uefa-Prol – Nivel 3 Nacional. Así mesmo intervirán no acto o director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera Bastida, e será moderado polo delegado da Escola na Costa e adestrador UEFA Prol-Nivel 3 Nacional, Manuel Corredoira. Tamén asistirá á charla-coloquio, o vicepresidente do ente federativo, Juan Luís Villamisar, e, ademais de coñecer de primeira man as modificacións que se introduciron nas regras de xogo, pode ser un bo momento, no coloquio posterior, para que os asistentes expoña, de primeira man, as inquietudes do fútbol da Costa, polo que a Federación Galega de Fútbol, coa chegada de Rafael Louzán á presidencia, está apostando e apoiando, como o demostran os cursos de adestradores que se veñen desenvolvendo en diversas zonas costeras, como os de monitor que se desenvolveron en Dumbria, Santa Comba, Muxía, Fisterra e Muros, ademais dos de nivel UEFA A e UEFA B que se celebraron, e estanse celebrando, en Baio e Carballo, e con esta charla-coloquio con participación dos adestradores e clubs da zona. É de esperar que os clubs e adestradores asistan a esta convocatoria realizada a través da Escola Galega de Adestradores-Delegación da Costa.

Máis información

Fonte

Comentarios