Unha de sorteos no #futboldacosta
Onte tiña lugar na Federación os sorteos das Fases de Ascenso. Uns sorteos que atinxían a moitos equipos da nosa bisbarra, dende os clasificados para as Fases de Ascenso ás Ligas Galegas xuvenil, cadete e infantil, ata os equipos de 2ª e 3ª Autonómica.
O máis esperado era a decisión sobre a Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, pois a incertidume do Corme provocaba que o Malpica puidese quedar fóra dunha praza de promoción que lle podería corresponder. Algo que se solucionaría enviando unha circular aos clubes orbigando a decidir sobre os seus ascensos antes do día do sorteo, pero que remata do seguinte xeito:
O Corme ten ata o venres para decidir se ascende ou non. Se renuncia o Corme subiría directo o Fisterra e o Malpica iría á promoción cos Brión e Lamela. O caso é aínda non se sabe se vai haber ou non praza de ascenso nesa promoción, polo que a Fase vai agardar a que remate a Preferente, cun ollo no Ourense na Fase de Ascenso á 2ªB e non comezará ata o 3 de xuño.
Igualmente, os da promoción da 3ª seguen pendentes pois pode que haia 1 praza ou 2, e mesmo 3. En todo caso, se o Corme renuncia antes do venres (que segundo falamos con Suso da Torriña é o máis probable) serán 2, como mínimo, as prazas de ascenso á Liga da Costa, polo que os vencedores das seminifinais ascenderían. Se ademais ascende o Malpica trala promoción, os perdedores terían que xogar outro partido para decidir.
Promoción de Ascenso á 2ª Autonómica
20-05 / 18:00 | Volantes - Cerqueda | -- |
20-05 / 18:00 | Montelouro - Cabana | -- |
Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil
Baio e Malpica terán que superar dúas eliminatorias para ascender. A segunda eliminatoria disputarase o 10 e 17 de xuño. Estes serán os rivais dos nosos:
27-05 | Baio - 4º de Santiago | 03-06 | 27-05 | Imperator - O Val | 03-06 |
27-05 | Malpica - 1º de Santiago | 03-06 |
27-05 | 3º de Santiago - Burela | 03-06 |
Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete
Santa Comba e Dumbría terán que superar dúas eliminatorias para ascender. A segunda eliminatoria disputarase o 10 e 17 de xuño. Estes serán os rivais dos nosos:
27-05 | Santa Comba - 1º de Santiago | 03-06 | 27-05 | Ordes - Galicia Caranza | 03-06 |
27-05 | 3º de Santiago - Dumbría | 03-06 |
27-05 | 5º de Santiago - Foz | 03-06 |
Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil
O Dumbría terá que superar dúas eliminatorias para ascender. A segunda eliminatoria disputarase o 9 e 16 de xuño. Estes serán os rivais do cadro dumbriés:
26-05 | Cerceda - 1º de Santiago | 02-06 |
26-05 | 5º de Santiago - Dumbría | 02-06 |
Máis información
Crónicas da semana
- Fases Xuvenís: Xornada final non apta para cardiacos.
- 3ª Autonómica: Preparados para a Fase de Ascenso que comeza xa.
- 2ª Autonómica: Remate con goleadas e ascensos pendentes.
- Preferente: Xallas e Soneira en vilo.
- 1ª Autonómica: Rematou a agonía e pensando na Copa.
- Copa da Costa: Só sentencia o Cee o pase a Cuartos.
- Resultados da última e intensa fin de semana completa de #futboldacosta.
- Resultados da xornada copeira e xuvenil.
Máis novas
- Vídeo entrevista de Angel Garrido co cormelán Alejo.
- Un Mar de Paixón: Un gol en Santa Comba.
- Manuel Varela: Xa somos profesionais no fútbol costeiro?.
- Alberto Pose: Alberto Pose: Dous ascensos decididos e moito por decidir e reflexionar.
- Esteiro prepárase para o Campionato de Barrios e a Costa mira ao Maratón de Tordoia.
- Xogando aos médicos co #fútboldacosta.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).