Unha de vela dende o Carrumeiro ata Fisterra, Cee, Corcubión e Dumbría


Segue o Club Marítimo Carrumeiro espallando a vela polos concellos da redonda a través de distintas escolas deportivas. Pero tamén a competición é importante, e esta pasada fin de semana do 6 e 7 de outubro 2012 participaban na segunda regata Clasificatoria de optimist desta nova tempada 2012/2013, que se celebrou no Club Náutico de Portosin "X Trofeo Berberecho".
O equipo costeiro estaba formado por 4 regatistas: 3 nenas (Paula Trinidad Leo, Elena Coronilla Jiménez, Iosune Muíño Bermúdez de Castro) e 1 neno (Nicolás Toba Quintero). Os 4 continúan escalando postos no Ranking.
I é que o Clube corcubionés aposta por aumentar o número de regatistas promocionando o deporte da vela en colaboración cos Concellos de Cee, Corcubión, Fisterra e Dumbría. Para iso ten organizado Cursos de Vela a través dos Concellos para que todos os nenos/as poidan probar e gozar a navegación á vela e ata consideralo como o seu deporte favorito.
Nestes momentos están en marcha as escolas de Cee e Corcubión, mentres que as de Fisterra e Dumbría están a piques de facelo. Durante 6 meses, os mozos destes catro concellos compartiran a práctica e coñecemento da vela.
Novas relacionadas
- 4 regatistas do Carrumeiro participaron na proba clasificatoria de Foz.
- O Carrumeiro imponse en Corcubión.
- O Carrumeiro cómese o longueirón de Fisterra.
- A XXIX Regata Rías Altas vertebrou a Costa a vela.
- Laxe, Corcubión, Muxía e Malpica recibirán a XXXIX Regata Rías Altas.
- Os pequenos regatistas de Fisterra xa surcan a ría.
- Preto de 200 escolares xa son regatistas na Costa da Morte.
- Máis de 170 embarcacións tinguiron de branco a ría de Corcubión.
- O nordés dificultou a regata máis numerosa da ría de Corcubión.
- A Ría de Corcubión volverá ser o centro da vela de Galicia.
Fonte
- Nota de prensa do Carrumeiro.