Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Unha festa polo 10º aniversario do Fisober

Unha festa polo 10º aniversario do Fisober
10 anos do Fisober

10 anos leva o Fisober entre nós. E que bonito sería xuntar a todas as xogadoras que vestiron a camisola negra durante este tempo. Para iso, a Peña Marea Nejra, a peña de seiareiros do Fisober, está armando unha Cea-Homenaxe polos 10 anos do clube, e a repercusión está sendo fantástica, pois xa van máis de 30 apuntados, e a lista non para de subir.

A cita será o sábado 4 de outubroa partir das 22:00h no Polideportivo de Vimianzo, onde as xogadoras e ex xogadoras zamparán de balde (o prezo será de tan só 5 euros para afeccionados) a incríble Paella feita por Suso Coscoñas, socio e gran admirador das xogadoras do Fisober. Un Suso que leva o deporte nas venas, e que nunca deixou de xogar, incluso estando en Suiza de emigrante xogou en varias ligas. De feito, xa leva 4 anos no Soneira de Veteranos onde xa deleitou ós seus compañeiros de equipo con varias destas deliciosas paellas.

Matizan en todo caso os membros da Marea. “Isto non é só unha festa polo décimo aniversario do clube, é un recoñecemento ó laborioso traballo que desempeñaron tanto xogadoras, como adestradores e directivos. Xa ía sendo hora de que alguén recoñecese a súa labor, ainda que sexa desta forma tan insignificante".

Tamén nos deixan claro que o Fisober non sería nada sen a súa afeccion: "Sabemos que o público que vai ver os partidos son unha das pezas fundamentais desta gran familia, polo que tamén queremos que eles disfruten desta festa. A parte de darlles a oportunidade de poder vir comer a paella, tamen queremos que teñan a posibilidade de que se vaian cun bo recordo, polo que esa mesma noite sortearemos merchandising do clube".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios