mércores. 30.04.2025
El tiempo

Unha marea de barcos de vela herculinos toman Malpica

Unha marea de barcos de vela herculinos toman Malpica
Regata Illa Sisargas Coruna-Malpica 2015

Esta fin de semana a vela invadirá Malpica. Ten lugar a XXVIII Regata Illas Sisargas Memorial Pucho Bermúdez de Castro, que serve tamén de IV Memorial José Luís Arcay. A regata pernoctará na vila malpicá pois os barcos participantes sairán da Coruña o sábado 4 de xullo ás 14:00h, atracarán en Malpica arredor das 18:00h, e pasarán a noite para volver á Coruña na mañá do domingo, arredor das 12:00h.

As chegadas e as saídas serán ben fermosas, bendo unha marea de barcos de vela pola costa malpicá, pero en terra tamén haberá cousas interesantes. Á súa chegada, na tarde do sábado, darase a benvida e unha entrega de trofeos, e ademais haberá unha sardiñada no peirao (fronte ás casetas novas).

Travesía nado

Mentres, seguimos esperando con ansia a VI Travesía a nado das Illas Sisargas. Xa co cupo de inscrición cheo dende a primeira semana, esperamos ao mes de agosto para ver esa marexada de nadadores partirán da Sisarga Grande para percorrer os 4,2km que a separan da praia de Malpica.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios