Unha mirada con condón e condicións
10:03 15/04/16
A multirrealidade de ópticas na loita polo título fai difícil analizar a xornada e non provocar susceptibilidades nun e outro bando; así que, botemos unha ollada baixo o síndrome da personalidade múltiple
O Soneira vai polo ascenso
O halago na vitoria soe ofender indirectamente, e sen intención algunha, á vítima ou derrotado. A exaltación dos sentementos de alegría, ou a narración ou relato dos feitos de igual xeito acostuma acoitar aos causantes dos mesmos nunha loita deportiva (extrapolable tamén a case calquera ámbito vital). Con menos dun mes de competición, e cunha marxe de maniobra mínima, será mellor poñerse no papel e tentar meterse na cabeza dun seareiro de cada un dos tres candidatos para, como diría un mestre de escola, "no se me ofendan las masas".
A xornada lida por un seguidor, xogador ou simpatizante da SD Fisterra: faltan catro C's (e non a laranxa mecánica de Rivera) para que o pobo salga ás rúas a celebrar un título. Por diante están Carnota, Camariñas, Cee e Cabana, Os Rapacollóns e compañía teñen que seguir montando unha festa no sambódromo de Lombáns, contra un Carnota que non se xoga nada e ten problemas de efectivos. Volve Rodri Lobelos á súa última casa. Logo, e se non cae a SD na confianza e cumple o pronóstico, debería custarlle ao Zas contra o Baíñas, que volve estar en forma. Hai moitos amigos nun e outro lado, e iso sempre é un arma de dobre fío. O Esteirana-San Lorenzo é imprevisible pola xuventude dos muradáns e polas dúbidas que poden ter os carballeses. Debería ser unha xornada para, como mínimo, manter as distancias
A xornada lida por un seguidor, xogador ou simpatizante do Sporting Zas: o Baíñas en San Andrés. Na primeira volta xa foi un oso duro, e chega nun bo momento. Braulio terá defendido as dúas camisetas na mesma tempada e Corredoira volve a casa, pero os vimianceses case deberían pensar máis na Copa, que na liga non teñen nada en xogo. O Fisterra non debería ter problemas en Carnota, aínda que pode pagar levar dúas semanas de festa. O San Lorenzo en Esteiro vai ter que correr, iso seguro, pero a Esteirana é un equipo que encaixa moito.
A xornada lida por un seguidor, xogador ou simpatizante do San Lorenzo: o principal problema do San Lorenzo agora mesmo é o propio San Lorenzo. A premisa é clara e debe ser unha mensaxe á entrada do vestiario: un pleno de vitorias asegura, polo menos, o playoff de ascenso. En Esteiro vai ter que correr, pero coa seguridade defensiva habitual e a eficiencia a balón parado debería chegarlle. Logo, o que chegue de Zas e Fisterra é a maiores, sempre co horizonte do enfrontamento contra o Sporting.
Parece que en certa forma desaparecen as susceptibilidades varias unha vez se muda o tempo da conversa, e botándolle unha ollada á loita pola permanencia é na imprevisible Rocheira de Coristanco onde bergantiñáns e Porteño xogan unha final que cheira a moitos goles.
/nbsp;
 :

Mirando polo ascenso
Mirando hacia arriba, o Municipal de Vimianzo tínguese de historia. Toda a semana o clube irmandiño leva construindo vídeos motivacionais e facendo unha chamada social propia da revolta do medievo. Un triunfo ante o Unión de Asados, segundo clasificado, unido a un pinchazo múltiple por detrás, ata lle podería dar o ascenso. Os barbanzáns, ademais, corren o perigo de ceder a segunda praza a mans do Cordeiro. Estará moi pendente un Sofán que recibe ao Baio nun derbi do 'case'. Os carballeses están case en postos de ascenso e os branquiazuis case fóra de perigo. Os derbis están a ser un bo punto para os dous este curso, e de seguro o partido se moverá en distancias curtas. Máis deslucido queda o derbi da Preferente, entre un Xallas no mellor momento do curso e un Dumbría sen nada polo que loitar. E na Terceira Autonómica o Camelle recibe no inicio da promoción a un Corcubión con certas dúbidas. Parece que o equipo que mellor chega é o Muxía, que de ter durado máis a liga todo parece indicar que ata tería loitado o título. Despois dun síndrome agudo de personalidade múltiple, con risco de trastorno bipolar, a mellor nova sería que ninguén petase da cabeza lendo unha opinión tan modesta como sincera.Preferente Norte, xornada 33
Primeira Autonómica, xornada 31
Segunda Autonómica, xornada 31
Fase de Ascenso á 2ª Autonómica
| 16/04 - 17:00 | Camelle - Corcubión | -- |
| 17/04 - 17:00 | Corcubión - Muxía | -- |
Xuvenil - Liga Galega, xornada 30
| Vilalbés | 16/04 - 17:00 | Dumbría |
Cadete - División de Honra, xornada 30
| Coruxo | 17/04 - 11:30 | Dumbría |
Copa da Costa Xuvenil, volta dos Cuartos
 :
Primeira Cadete, xornada 29
Primeira Infantil, xornada 29
AlevínCosta Sur F8, xornada 27
AlevínCosta Norte F8, xornada 7
BenxamínCosta Sur F8, xornada 27
BenxamínCosta Norte F8, xornada 7
Prebenxamín Costa F8, xornada 8
Veteranos, 1ª División, xornada 28
Veteranos, 2ª División, xornada 28
Novasrelacionadas
- Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa.
- Os cadros da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).