Unha Semana Santa de Torneos
Ademais dos partidos do fútbol federado, esta semana santa trouxo varias citas cos torneos, destacando os celebrados en Vimianzo e Cee.
II Trofeo Fisober
Ambiente de festa no Municipal de Vimianzo para presenciar o II Torneo Fisober C. Vimianzo de fútbol femenino. Un triangular entre Dubra SD, Orzan SD e a Selección da Costa que se saldou con vitoria final do conxunto herculino do Orzán que derrotou por 2-0 o Dubra e por 3-1 á Selección da Costa.
O equipo coruñes desplazouse a Vimianzo con gran parte do seu 1º equipo apoiado con xogadoras dos seus filiales, polo que o público presente pudo disfrutar de xogadoras referencia a nivel nacional como de futuras promesas do fútbol galego.
Gran papel tamén do Dubra SD que levava máis de un mes sin competir despois de haber acadado o campeonato de 2º Autonómica e que logrou un meritorio 2º posto tras derrotar a Selección da Costa por 1-0.
A 3ª plaza acadouna o combinado costeiro, que desplegou un gran fútbol ainda que a maioria das suas xogadoras non están acostumadas a práctica do fútbol xa que proceden do fútbol sala.
O remate dos partidos realizouse a entrega de Trofeos da man do Alcalde de Vimianzo D. Manuel Antelo.
O evento tamén serviu para conseguir alimentos que foron entregados a Caritas Vimianzo. E a Organización quere agradecer a todos os colaboradores que fixeron posible este evento: Orzan SD, Dubra SD, Concello de Vimianzo, Representaciones Juan, Autos Costa, Supermercado Dia, Electricidad Manolo, Hamburgueseria London e Via Rápida, asi como a colaboración desinteresada de Leiva, Dani e Miguel.
3x3 en Cee
Ademais, o Torneo de 3x3 tamén foi un completo éxito de participación. O Polideportivo de Cee botou fume pois máis de 30 equipos participaron nas dúas categorías.
O campión da categoría junior (menor de 15 anos) foi "Decoraciones Andrés", de Cee, que venceu nunha disputada final aos vimianceses "Todos de 15". Os primeiros tiveron que acodir á prórroga para acabar cun apretado 10-9. Terceiros quedaron os Isótopos ceenses tras vencer a Vimianzo.
A final de maiores disputárona os do Bar Lennon contra Pechacancelas, de Ameixenda, quedando os primeiros campións por 6-5 nunha igualídisma final de moita calidade. I é que había xogadores do Pindo, do Cee, do Muros, do Dumbría B...
Ademais houbo diferentes trofeos, como que levou Nano, de "Todos 15 anos", ao xogador máis valioso. Os Cee Juniors e o Dream Team levaron 2 trofeos á deportivadade, mentres que Rafa de Cee levou o premio ao mellor adestrador junior.
Máis información
Novas relacionadas
- Unha por toda a familia futboleira da Serra de Outes.
- O Fisober fai historia.
- O Distribuciones Barral sentencia unha nova Liga de Fútbol Sala de Cee.
- Repaso da Semana Santa futboleira.
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón.
- QPC MOTOR: Entrevista de David Castro con Dani Carracedo.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido coa vimiancesa Ana Mouzo.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).