Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xallas e Sofán, vidas paralelas na Preferente Norte

Xallas e Sofán, vidas paralelas na Preferente Norte
Con motivo da festividade do 1 de novembro, a Preferente Norte non para, e os nosos representantes xogan a domicilio. O Xallas viaxa a Viveiro buscando igualar na clasificación ó potente conxunto da mariña lucense, e o Sofán vai ó inexpugnable campo do Poboado a enfrontar ó indiscutible líder As Pontes, que conta os seus 10 partidos por vitorias. Difíciles compromisos sen dúbida, pero os nosos representantes están preparados para dar a sorpresa en calquera campo. Van 10 xornadas na Preferente e queremos botar a vista atrás e facer un pequeno resumo do que lle está a pasar ós nosos equipos. Ambos teñen os mesmos puntos, 14, e están situados no 8º e 9º posto da clasificación. Ambos teñen 4 vitorias, 4 derrotas e 2 empates, e no enfrontamento que na primeira xornada se viron as caras o resultado foi de empate a 0. Os finalistas da última copa da costa, na que tamén empataron, viven vidas paralelas cheas de igualdades e simetrías. En canto ós goles, o Sofán leva 19 a favor por 18 do Xallas, e en contra o Sofán só encaixou 13 e o Xallas 18. Lixeira vantaxe neste senso para os sofanistas. Xallas 18-19-Foto-Luis Gonzalez Primeiro onxe do Xallas 18-19-Foto-Luis Gonzalez O Xallas tivo un inicio de tempada algo convulso, que levou á destitución do adestrador Néstor. O tándem Doro - Iyán fíxose cargo do equipo e os resultados melloraron ostensiblemente. Dende o cambio de adestrador o Xallas leva 3 vitorias e 1 derrota, no campo da Sarriana. Iván González é o máximo goleador do equipo con 8 dianas, seguido de Julián López con 2, unha delas de penalti. A presencia de homes clave do ano pasado como Julián Couto, Dani Becerra, Julián López ou Marcos úneselle este ano a do goleador Iván González, Baba, Iago Garrido ou o senior de primeiro ano Jacobo Lois, que están a dar un bo nivel. Ten un gran equipo o Xallas e esperamos que aínda vaia máis para arriba na clasificación. O Sofán é un conxunto moi regular que non está a ter os resultados que merece o seu bo fútbol. No Carral son moi fortes, obtendo vitorias co Castro, Estudantil e Arzúa, un empate co Dubra e só unha derrota co potente Noia. Fora da casa venceu na Pobra e empatou en Xallas, perdendo pola mínima en Ribadeo, Viveiro e Sarria. O equipo aséntase con Rumbo na porta, Sera, Antonio, Félix e Pablo habitualmente na liña defensiva, o potente Canedo e o sutil Eibe no medio, con Fabián de enganche, que está a realizar un gran inicio de tempada. Nas bandas alternan Alexandre, Camilo, Iván Rey e Matías e na punta o clásico Raúl ou Quintela. O equipo está a acusar as prolongadas baixas de Luis e Parafita, dous homes importantísimos, que apenas poideron aportar nada. Sorte a ambos, que queda case que o 75 por cento da liga por xogar, pero hai que ir facendo os puntiños para lograr canto antes o obxectivo.

Comentarios