Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Xuvenil Norte: Agardando a gran final

Xuvenil Norte: Agardando a gran final
Segue sendo a Liga Xuvenil Norte cousa de dous. Dumbría B e Corme, Corme e Dumbría, seguen sen fallar, demostrando a súa superioridade sobre o resto de equipos. Esta semana endosaron sendas goleadas a Malpica e Muxía e manteñen os 5 puntos de diferencia, pero cun encontro menos para os cormeláns. O encontro do 22 de xaneiro prevese unha pequena final. Tampouco decae o Zas por detrás, e iso que moitos dos seus xogadores xa están xogando co primeiro equipo.

Corme - Muxía (8-0)

  • CORME: Javi, Mauro, Jesús, Pandi, Chino, Pejo, Martín (Antonio), Juanma (Jorge), Joshua (Dani Conejo), Darío (Eloy), Alejo.
  • MUXÍA: Cristian, Fabián, Antonio, Martín, Denís, Ruso, Javi (Felipe, min.46), Julián, Pereira (Fran Sambad, min.60), Carliños, Pesqui (Fran Bello, min.70).
  • Goles: Alejo (3), Darío (2) e Mauro, Pejo, e Jorge.
Aguantou o Muxía 20 minutos, ata tocando o balón. Pero pero en 10 minutos chegou a marexada cormelá, e chegaron 6 goles antes do descanso que xa sentenciaron o choque.

Malpica – Dumbría B (0-4)

  • MALPICA: Víctor; Eloy, Jorge, Pepis, Pablo, Luísma, Juny, Eme, Camilo, M. Uruguaio, M. Maradona.
  • DUMBRÍA “B”: David; Joaquín, Tono, (Jóse, m. 62), Andy, Rober, Cote, Josiño, Toja, Yeray, Mario, Jesús, (Roi, m. 46).
  • Goles: 0-1, min.16: Cote cun lanzamento dende 25 metros; 0-2, min.38: Toja ao renatar un centro de Mario; 0-3, min.47: Roi; 0-4, min.60: Roi, a porta valeira.
As festas patronais de San Xulián, de Seaia, deixáronse notar no equipo xuvenil malpicán, que só xuntou 11 xogadores. As condicións climatolóxicas eran tan adversas, que os malpicáns tiveron que loitar contra as dúas máis feas, o líder e a tormenta. Así e todo loitaron, pero os dumbrieses foron superiores en todas as facetas. Así e todo, ata o segundo gol de Toja ao fío do descanso o Malpica puido meterse no partido. Os malpicáns disfrutaron de novo da clase de Martín Uruguai, que volvía ao 11.

Cabana - Bergantiños B (2-3)

  • CABANA: Sergio, Oscar (Amable, min.72), Robson, Manuel, Alex, Miki (Carlos, min.55), Alex Mato, Diego Varela (Nacho, min.62), Paco (Chuki, min.60), José e Paxel (Rubén, min.70).
  • BERGANTIÑOS B: Bugy (Gabri, min.82), Estiven, David, Iván Calvo, Javi Varela (Martín, min.77), José Manuel, Pablo (Simón, min.79(, Cebey, Miguel Figueiras, Adrián, Cristian (Brais, min,43).
  • Goles: 0-1, min.15: Javi Varela; 1-1, min.17: Diego Varela, de penalti; 1-2, min.50: Miguel Figueiras; 1-3, min.60: Brais; 2-3, min.81: Nacho.
Partido disputado nun campo encharcado pola abundante choiva onde o Bergantiños se adaptou algo mellor. Adiantouse o Bergantiños por madio de Javi Varelanunha xogada de estratexia, aínda que pronto empatou o Cabana. Ca defensa adiantada dos locais o Bergantiños empezou a meter balóns largos á espalda da defensa co que dispuxo de varias ocasións pero os dianteiros non estiveron acertados no man a man con Sergio Fariña, quesi estivo fino. A entrada dos cadetes Brais e Simón na segunda parte no bando carballés deulles máis claridade no ataque dos visitantes e pronto chegaron os goles de Miguel e Brais. Co 1-3 no marcador, e nos últimos dez minutos, os locais apretaron e anotaron o segundo gol pero xa era demasiado tarde para reaccionar.

Coristanco - Baio (1-3)

  • CORISTANCO: Rubén, Juan, Martínez, Pichel, Rubén cadete, Dani, Sergio, Pazos, Alejandro, Pose, Gonzalo.
  • BAIO: Poyo, Edgar (Martín, min.70), Pablo, Pancho, Maikel, Iván, Eric (Manuel, min.46), José Manuel, Canario, Bieito (Marcos, min.84) e Fachal.
  • Goles: 0-1, min.20: Canario; 1-1, min.30: Pazos; 1-2, min.75: Iván, cun golazo dende fóra da área; 1-3, min.85: Martín.
Foi unha primeira parte igualada, que rematou empate a 1, e aínda puido ser máis positivo para os locais, que chegaban con moitas baixas, e ata con algún cadete e varios enfermos entre os 11 xustos. Pero na segunda, xa con moitas máis chuvia, subiron filas os de Nacho que asumiron o mando do partido. Non puido o 11 de Lorenzo, que baixou moito físicamente e viron como chegaron o golazo de Iván dende fóra e o a sentencia de Martín.

Camariñas - Zas (2-4)

  • CAMARIÑAS: Álvaro, Yon, David, Bieito, Cris, Diango, Ismael, Martín, Mariño, Tajes, Yuyo. Tamén xogaron Iago e Carlos.
  • ZAS:
  • Goles: 1-0: Martín; 1-1; 1-2; descanso; 1-3; 2-3: Diango; 2-4.
O encontro comezou con 15 minutos bos do Camariñas, que mesmo se adiantou aproveitando unha saída en falso do meta zaense. Pero de seguido chegou a debacle palilleira e os xogadores do Zas, xa moitos xogando co primeiro equipo, comezaron a carburar. 2 tantos na primeira parte e 2 na segunda para sentenciar o choque demostrando que son o terceiro equipo da categoría e que vai ser moi difícil quitarlle a medalla de bronce nesta liga.

Máis información

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios