Sábado. 21.05.2022
El tiempo

Xuvenil Norte: Catro equipos á caza dos dous de arriba

Xuvenil Norte: Catro equipos á caza dos dous de arriba

Xornada 9 e as cousas seguen relativamente igual. O Malpica descansaba e o Dumbría B aproveitou para recurtar distancias endosando unha goleada de escándalo a este novo Muxía.
Por detrás, Baio, Zas, Ponteceso e Camariñas, que non deixan escapar de todo aos dous de arriba, malia que a diferencia entre os malpicáns e dumbrieses e o resto parece patente.

Corme - Zas (1-0)

  • CORME: Javi, Sergio, Koeman, Iván, Alejo, Lesi, Jorge, Dani, Brais, Eloy (Alberto, min.85) e Antonio (Cani Chans, min.75).
  • ZAS: Miki, Esteban, Josito, Pablo, Óliver, Quintáns, Rony, Ramón, Óscar, Adri, Víctor, Gonchi, Tomás.
  • Goles: 1-0, min.75: Eloy nunha internada polo banda esquera e tiro cruzado.

O cadro dirixido por Alejo dende a pasada semana, superou a un Zas que se prantaba como unha alternativa aos de arriba pero que non se empregou a fondo. I é que os zaenses sofren a falta de motivación por mor desta Liga, e xa case que miran xa á Copa, e buscan o 5º posto.

E iso que na primeira metade os de Severino mandaron 3 tiros ao longueiro do Zas, e mesmo un deses botou dentro pero non o viu o colexiado. Na segunda o cadro cormelán foise arriba e asinou un bo tanto por medio de Eloy para certificar a primeira vitoria da tempada.

Laxe - Baio (1-4)

  • LAXE: Anxo, Diego, Mosqueira, Roberto, Dani Pérez, Rellán, Adrián Serantes, Djamel, Adrián Lema (Adelantado, min.65), Manu, Charli (Carril, min.25).
  • BAIO: Guillermo (Sergio, min.65), Maikel (Marcos Penelo, min.50), Iago (Eloy, min.60), David (Pablo, min.55), Lucas, Fachal, Rafa, Bieito, Valentín, Iván (Pardo, min.65), Martín.
  • Goles: 0-1, min.15: Iván de falta; 0-2, min.30: Maikel tras un rexeite; 0-3, min.40: Iván; 0-4, min.55: Maikel; 1-4, min.80: Manu.
  • Lesión: o meta Anxo que estivo todo o partido cun nocello lastimado.

Ambientazo con máis de 100 persoas en Laxe para vivir este "derbi" con pique. I é que son varios os xogadores laxenses que xogan ou xogaron no Baio, o que fixo que as familias e amigos viviran o encontro dun xeito especial. Especial foi para 3 chavales de Laxe que seguen no Baio (Bieito, Martín e Rafa), e tamén para os que voltaron este ano coa creación do equipo xuvenil do Laxe, como son Manu e Adrián Lema.
Así e todo, a diferencia entre ambos clubes segue sendo unha realidade, e se o Baio chegaba con 20 xogadores a Laxe, os locais só podía contar con 13 homes, e o porteiro Anxo tico que xogar dende o minuto 5 cun nocello mancado.

No tocante ao partido, foi o Baio o que levou o peso do partido en todo momento. Varias achegas ameazaron a meta de Anxo, que non podía apenas saír da área pequena. O Laxe amosaba unha imaxe seria, segura atrás, e tamén tiveron algunha boa ocasión como unha de Adrián Serantes nunha contra que parou o meta baiés Guillermo cunha gran intervención.

O Baio facía moito dano polas bandas, chegando con profundidade por medio dos extremos, e así chegaban os tantos de Maikel, e de Iván.

Camariñas - Cabana (5-2)

  • CAMARIÑAS: Álvaro, Juan Carlos, Diango, Bieito Villar, Mariño (Martín, min.65), Javi, Gatusso, Ismael, José Carlos, Nené (Savi, min.60) e Yuyo.
  • CABANA: Sergio, Dani, Manuel, Ismael, Duda, Miki, Alex Mato, Pablo, Iván, Stefan e Rubén.
  • Goles: 1-0, min.20: Ismael, tras unha boa xogada de Nené por banda; 1-1, min.30: Miki nun un contra un; 2-1, min.35: Nené, de xogada individual; 3-1, min.65: Javi, de falta; 4-1, min.80: Ismael; 5-1, min.85: Yuyo; 5-2, min.90: Moreno de falta.
  • Expulsións: o camariñán José Carlos e ao xogador do Cabana Duda tras un rifirafe (min.60)

A primeira parte foi bastante igualada, onde se viu a un bo e novo Cabana que en todo momento tentaba abrir o campo e xogar o balón. Pero era o equipo local o que contaba coas mellores ocasións, sobre todo nas botas dun Yuyo que non tivo o seu día de cara a porta.

A segunda metade tamén comezou de poder a poder, ata que mediada esta un espectacular gol de falta do cadete de primeiro ano Javi dáballe unha vantaxe que sería importantísima para o devir do partido, xa que a partires de entón os camariñáns puideron golear. Aumentarían a conta Ismael, a porta baleira, e Yuyo, que conseguía así o seu ansiado gol. Cando xa quedaba nada para o remate do encontro recortaría distancias o Cabana tras un libre indirecto.

Dumbría B - Muxía (18-0)

  • DUMBRÍA B: Brais, Yeray (Patera, min.46), Isma (Iago, min.75), Roberto (Cristian, min.75), Adrián, Toja, Josiño, Pereira, Rodri, Picallo, Jesús.
  • MUXÍA: Cristian, Brais, Antonio, Kiko, Fran, Cristian, Fabián, Gerardo, Felipe, Ismael, David. Tamén xogaron: Andrés e mais Juanjo.
  • Goles: Picallo (4), Rodrigo (3), Josiño (2), Jesús (2), Roberto (2), Patera (2), Toja, Isma, Pereira.

Hai días nos que sae todo, e o do sábado no cadro dumbriés foi deses que non se repite habitualmente. Foi así un partido sen historia onde os dumbrieses non tiveron piedade deste deslabazado Muxía, que contaba con 6 cadetes entre os convocados. Non levantaron o pistón nin un segundo os de Ángel López Canosa e iso que ao descanso xa ían 10 goles.

Coristanco - Ponteceso (2-5)

  • CORISTANCO: Nacho, Varela, Gonzalo, Corral, Martínez, Naya, Manuel, Federico (Toño, min.35), Dani, Rubén, Magovi. Tamén xogaron: Cristian, Adrián, Brais, Martín.
  • PONTECESO: Xurxo, Dani Valle, Fabián (Jonathan, min.55), Guille, Diego Collazo (Mendieta, min.60), Dani Cotelo, Alberto Recarey, Jorge, Puente (Iago, min.70), Cris (Joseph, min.60) (Diego Tallo, min.65), Borja.
  • Goles: 1-0, min.20: Dani; 1-1, min.25: Cris; 2-1, min.30: Puente; 2-2, min.43: Magovi; 2-3. min.55: Jorge; 2-4, min.65: Jorge; 2-5, min.75: Joseph.

Tras unha primeira igualada de ti a ti, a calidade dos xogadores do Ponteceso foi clave para o desenlace do encontro. Adiantouse o cadro local ante un Ponteceso irregular. Pero a partir da media hora os pontecesáns comezaron a tocar e mover o balón con calidade, pero sen demasiada profundidade. Así e todo o Coristanco, que acusaba a baixa por sanción de Pichel na defensa, respondía e conseguía empatar o partido ao borde do descanso.

Pero 20 minutos fantásticos dos pontecesáns acabaron coas espectativas do Coristanco, que viu como a calidade dos Jorge e a nova fichaxe Joseph, acaban co partido. Así e todo Gonzalo, Brais e Magovi se atoparon con tres paradóns de Xurxo. Salientable o debut do rapaz marroquí Joseph, que xa leva un par de anos na vila de Pondal e a pesar dos problemas co idioma vaise amoldando ás necesidades tácticas do fútbol afeccionado. Pero segundo apuntan ten moita proxección cun desborde fantástico sendo ademais xuvenil de primeiro ano como é.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

comentarios